Acción Republicana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engado referencias
Liña 20: Liña 20:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Partidos políticos de España]]
[[Categoría:Partidos políticos desaparecidos de España]]

Revisión como estaba o 1 de setembro de 2020 ás 16:26

Manuel Azaña en 1933.

Acción Republicana foi unha agrupación política progresista e republicana fundada por Manuel Azaña en 1925, durante a Ditadura de Primo de Rivera, que constituíu o seu primiero Comité Nacional en 1930, presidido por Azaña,[1] para converterse en partido político tras unha asemblea xeral celebrada en Madrid, en maio de 1931.[2] Entre os acenos de identidade do partido, destacaban o autonomismo, o compromiso coa reforma agraria e a reforma do Exército.

Como grupo integrado na Alianza Republicana, participou no Pacto de San Sebastián para derrocar a Monarquía de Afonso XIII, e implicouse na construción e consolidación da II República. Formou parte do Goberno Provisional que se fixo cargo do país tras a saída de España do Rei.

Obtivo 30 deputados nas eleccións xerais de 1931, e enseguida converteuse, a pesar da súa relativamente escasa forza parlamentaria, nunha formación central dos Gobernos da República ata 1933, liderados polo seu presidente, Manuel Azaña.

Tras a derrota dos republicanos de esquerda nas eleccións dese ano, nas que Acción Republicana só obtivo 10 escanos, o partido fusionouse con outros grupos republicanos (como a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e o Partido Republicano Radical Socialista en 1934) para formar Izquierda Republicana, baixo o liderado de Azaña.

Notas

  1. González Calleja (2005), p. 324
  2. Avilés Farré (2006), pp. 94-96

Véxase tamén

Bibliografía