Francisco Xosé Fernández Naval: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ referencia para a data de nacemento
Liña 22: Liña 22:
== Obra en galego ==
== Obra en galego ==
=== Narrativa ===
=== Narrativa ===
* ''O bosque das antas'', [[1988]], [[Xerais]] (novela).
* ''O bosque das antas'', [[1988]], [[Xerais]] (novela). Traducida ao portugués co mesmo título por José Braga-Amaral, e ao castelán co título ''El bosque de las antas'', publicadas por Bubok Editorial.
* ''Tempo de crepúsculo'', [[1993]], Xerais (novela).
* ''Tempo de crepúsculo'', [[1993]], Xerais (novela).
* ''Sombras no labirinto'', [[1997]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]] (novela). Traducida ao castelán como ''Sombras en el laberinto'' no [[2012]], publicado en Trifolium.<ref>{{Cita web|título=Sombras en el laberinto|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=5106|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-11-03}}</ref>
* ''Sombras no labirinto'', [[1997]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]] (novela). Traducida ao castelán como ''Sombras en el laberinto'' no [[2012]], publicado en Trifolium.<ref>{{Cita web|título=Sombras en el laberinto|url=http://bibliotraducion.uvigo.es/traduccions_ver.php?id=5106|páxina-web=bibliotraducion.uvigo.es|data-acceso=2019-11-03}}</ref>

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2020 ás 22:06

Infotaula de personaFrancisco Xosé Fernández Naval

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalFilosofía e Ciencias da Educación
Actividade
Ocupaciónescritor , funcionario Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaribel Longueira
FillosDaniel
Premios

Bitraga: 2163 AELG: 179 Dialnet: 1808166

Francisco Xosé Fernández Naval, "Chisco", nado en Ourense o 26 de abril de 1956[1], é un narrador e poeta galego.

Traxectoria

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Funcionario da administración da Xunta de Galicia, reside desde 1982 na Coruña. Comparte a vida coa fotógrafa Maribel Longueira, e teñen un fillo nado en 1986, chamado Daniel.

Desde 1980, coa publicación do seu primeiro poemario, A fonte abagañada, desenvolveu unha carreira literaria onde cultiva tanto a ficción (poesía, novela, relato e narrativa infanto-xuvenil) como outras modalidades (ensaio, guías de viaxe e artigos en revistas galegas, españolas e americanas).

Na súa produción narrativa destacan, entre outros temas, o seu achegamento á guerra civil española, o despoboamento do mundo rural e, en xeral, o tratamento da memoria como elemento esencial de identidade individual e colectiva. Na súa obra poética ten como temas recorrentes o compromiso social, o paso do tempo, a memoria e o tratamento da paisaxe, mentres que na súa obra ensaística, destaca a súa análise sobre a figura de Julio Cortázar e a súa relación con Galicia, xunto a un interese especial pola cultura marítima.

Tamén escribiu guións para series da Televisión de Galicia, produtoras do sector audiovisual e institucións culturais. Colaborou en diversos medios de comunicación, así como ten participado en numerosos recitais e conferencias.

Participou na creación das compañías teatrais Rúa Viva e Caritel, e o seu monólogo Non se che faga tarde foi representado pola actriz María Inés Cuadrado en salas de España e América. Implicado desde novo nos movementos asociativos culturais, asiste regularmente a encontros, congresos e a festivais poéticos en Europa e América.

Obra en galego

Narrativa

  • O bosque das antas, 1988, Xerais (novela). Traducida ao portugués co mesmo título por José Braga-Amaral, e ao castelán co título El bosque de las antas, publicadas por Bubok Editorial.
  • Tempo de crepúsculo, 1993, Xerais (novela).
  • Sombras no labirinto, 1997, Sotelo Blanco (novela). Traducida ao castelán como Sombras en el laberinto no 2012, publicado en Trifolium.[2]
  • Sete noites e un amancer, 2003, Biblos Clube de Lectores (relatos).
  • Unha cita co aire, 2005, Galaxia (novela).
  • Para seguir bailando, 2009, Xerais (relatos).
  • A noite branca, 2012, Xerais (novela). Traducida ao ruso en 2014, publicada por Nestor Book.[3]
  • Alma e o mar, 2017, Galaxia (novela).

Literatura xuvenil

  • Historias roubadas, 1998, Everest Galicia.
  • Lendas de onte, soños de mañá, 2001, Everest Galicia.
  • No corazón da fraga, 2001, Everest Galicia. Traducido ao castelán: El espíritu del bosque, 2003, Everest.[4]
  • Suso Espada. O misterio do Grial, 2003, Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada. El misterio del Grial, 2009, Everest.[5]
  • Suso Espada. Istambul e o cabaliño de ouro, 2008, Everest Galicia. Traducido ao castelán: Suso Espada: Estambul y el caballito de oro, 2008, Everest;[6] ao éuscaro: Suso Espada: Istambul eta urrezko zalditxoa, 2009, Aizkorri;[7] e catalán: Suso Espada: Istanbul y el cavallet d'or, 2009, Cadí.[8]
  • Suso Espada. "Nota Roja", 2010, Everest Galicia.
  • Do A ao Z con Uxío Novoneyra, 2010, Everest Galicia.
  • Os contos da avoa Pepa, 2018, Kalandraka, con ilustracións de Manolo Figueiras.

Poesía

  • A fonte abagañada, 1980. Limbo.
  • Pabellón habitado, 1987, Sociedad de Cultura Valle-Inclán.
  • Ara Solis, 1996, Raíña Lupa. Edición bilingüe galego-francés.
  • Días de cera, 1999, Espiral Maior.
  • Mar de Lira, 2005, A Nosa Terra. En 2015 editouse o disco Música de Mar de Lira, patrocinado polo Concello de Ourense, con temas compostos por José Luis Fernández Carnicero a partir de poemas deste libro, interpretados por Victoria Álvarez Acón (soprano) e Xosé Manuel Yáñez (piano).
  • Miño, 2008, Espiral Maior.
  • Bater de sombras, 2010, Espiral Maior. Publicado en castelán: Golpear de sombras, 2011, Huerga y Fierro.[9] Traducido por Teresa Seara, e como plaquette pola editorial Homo Scriptum, de Nova York, en 2012.
  • Suite Dublín, 2011, Micielo ediciones. Cidade de México (edición bilingüe galego-castelán), publicado en galego en 2012 en Follas Novas Edicións como Suite Dublín e outros poemas.
  • Memoria de abril, 2014, Artepoética (antoloxía poética en edición bilingüe galego-castelán). Texto introdutorio, selección e tradución de Teresa Seara.
  • Nova York: ceo e mazá. Nueva York: cielo y manzana. New York: Sky and apple, 2017, Artepoética Press. Edición trilingüe en galego, castelán e inglés (esta última feita por Craig Patterson).

Ensaio

Ensaio literario
  • O mundo da pesca na literatura galega, 1999, Concello de Oleiros.
  • Respirar polo idioma: (os galegos e Julio Cortázar), 2006, Linteo. Publicado en castelán: Respirar por el idioma: (los gallegos y Julio Cortázar), 2007, Corregidor, Buenos Aires.
  • O soño galego de Julio Cortázar, 2014, Linteo.
Guías e literatura de viaxes
  • A Coruña monumental e turística, 2002, Everest. Edición en castelán, galego e inglés.
  • Guía do Pereiro de Aguiar e a Ribeira Sacra de Ourense, 2008, Everest.
  • Guía da cidade de Ourense, 2010, Everest. Edicións en galego e castelán.
  • Carnota: Mar, Territorio e Memoria, 2018, ACEP de Carnota.
Ensaio sobre natureza
  • As crebas. Outro xeito de andar ao mar, 2014, Baía. Con Maribel Longueira.

Guións

Traducións

  • O diaño tamén sorri, de José Braga Amaral, 2009, Toxosoutos.
  • A ruptura, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.
  • Infinito presente, de Ludwig Zeller, 2010, Espiral Maior.
  • A autoestrada do Sur, de Julio Cortázar, 2014, Trifolium.
  • Buen camino, Bom Caminho, Bo Camiño, de Astrid Lander, 2014, Editorial Areté.

Obras colectivas

  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Caderno de viaxe, 1989, Xerais.
  • Polos camiños da literatura. Escritores galegos do PEN, 1993.
  • Berra liberdade, 1996, Galaxia.
  • Guía patrimonial da provincia da Coruña, 1996, Caixanova.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Narradores de cine, 1996, Xerais.
  • Guía patrimonial da provincia de Ourense, 1997, Caixanova.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • Intervención poética, 1999, Galería Sargadelos.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Rutas con sabor: Galicia, 2002, El País-Aguilar.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • A gamela de Cabo de Cruz, 2003.
  • Homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, 2003, La Voz de Galicia.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. II, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Un libro a maior aventura. Campaña de fomento de lectura entre os maiores, 2003, Xunta de Galicia.
  • As pegadas do Camiño, 2004, Cultura Solidaria Galega.
  • As aforas do soño, 2005, Casa da Gramática, Porta Azul, Noia.
  • Escrita contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • Bonifacio Borreiros na memoria de Galicia, 2007.
  • Tropel de marmolubios, 2007, Galix, Xunta de Galicia.
  • A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
  • O petroglifo do Filladuiro, 2008, Toxosoutos.
  • Poetas con Rosalía, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • O 'Volter', fragmentos para a memoria, 2009, Xunta de Galicia. Recompilación documental e gráfica de J. Alberto Almeida Rebollo.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Níxer, 2010, Xerais.
  • Dezaoito, 2011, Círculo Poético Aberto.
  • Homenaxe a Fernando Pérez-Barreiro Nolla, 2011, Cadernos Ramón Piñeiro.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • Multilingual Anthology. The Americas Poetry Festival of New York, 2014, Artepoética press, Nova York.
  • Nimbos: cáliz fervendo!, 2014, Cadernos Ramón Piñeiro (XXIX).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
  • Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais. Aforismos.

Obras con Maribel Longueira

  • Guía Patrimonial da Provincia da Coruña, 1996, Caixanova.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998, Editorial Venus.
  • Unha viaxe á procura do solpor. Do Tambre á fin da terra, 2000, A Nosa Terra.
  • Muros ronsel de pedra, espiral de mar, 2003, Deputación da Coruña.
  • Entremiradas I. Galicia - Bos Aires, 2009.
  • Entremiradas II. Galicia - Cuba, 2009.

Obra en castelán

Literatura infanto-xuvenil

  • Suleimán y Salúa, 2013, Trifolium. Con Ali Ali. Edición en castelán e en árabe.

Obras colectivas

  • Los gallegos y Julio Cortázar, un juego de miradas, 2008, Revista Casa de las Américas, 250.
  • XIII Encuentro Internacional de Poetas, 2008, Editorial Cat. Zamora, Michoacán, México.
  • XIV Encuentro Internacional de Poetas, 2010, Editorial Cat. Zamora.
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega. Apuntes para no disolverse en la común semilla del tiempo, 2012, Endymion.
  • Los mejores poemas de amor, 2013, Pigmalión.

Premios

  • Premio Cidade de Ourense no 1980, por A fonte abagañada.
  • Premio Xerais de 1988, por O bosque das antas.
  • Premio de poesía Cidade de Ourense no 2007, por Miño.
  • Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2010, por Bater de sombras.
  • Premio Irmandade do Libro ao mellor libro do 2012, por A noite branca.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción de 2014, por O soño galego de Julio Cortázar.
  • Premio á mellor obra infantil de 2018 na IV Gala do Libro Galego, por Os contos da avoa Pepa.

Obras de teatro representadas

  • Non se che faga tarde. Monólogo representado pola actriz María Inés Cuadrado e dirixido pola directora de cine uruguaia Manane Rodríguez.

Notas

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Fernández Naval, Francisco". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 208. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Sombras en el laberinto". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  3. "A noite branca (ru)". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  4. "El espíritu del bosque". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  5. "Suso Espada. El misterio del Grial". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  6. "Suso Espada, Estambul y el caballito de oro". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  7. "Suso Espada, Istanbul eta urrezko zalditxoa". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  8. "Suso Espada, Istanbul i el cavallet d'or". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 
  9. "Golpear de sombras". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-03. 

Véxase tamén

Ligazóns externas