Equipo de protección individual: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 31: Liña 31:
Ficheiro:ProtectionObligatoirePieds.jpg|Uso obrigatorio de calzado de seguridade
Ficheiro:ProtectionObligatoirePieds.jpg|Uso obrigatorio de calzado de seguridade
Ficheiro:ProtectionObligatoireTete.jpg|Uso obrigatorio de casco
Ficheiro:ProtectionObligatoireTete.jpg|Uso obrigatorio de casco
Ficheiro:ProtectionObligatoireVoiesRespiratoires.jpg|Uso obrigatorio de protección respiratoria
Ficheiro:ProtectionObligatoireVoiesRespiratoires.jpg|Uso obrigatorio de [[Máscara|protección respiratoria]]
Ficheiro:ProtectionObligatoireVue.jpg|Uso obrigatorio de protección ocular
Ficheiro:ProtectionObligatoireVue.jpg|Uso obrigatorio de protección ocular
File:Señales de seguridad.jpg|Cartel de obra.
File:Señales de seguridad.jpg|Cartel de obra.

Revisión como estaba o 28 de agosto de 2020 ás 06:24

Equipo de protección individual (EPI) é segundo a directiva 89/686/CEE da Comunidade Europea e o Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, calquera equipo individual destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador para que o protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar ou poñer en perigo a súa seguridade ou saúde, así como calquera complemento ou accesorio para esas funcións.

Arnés para traballos en altura.

Tipos de EPI

Os EPI empregados en seguridade laboral están descritos nas normas europeas. As normas non diferencian os EPI segundo sexan para uso por particulares ou traballadores. Aínda así as marcas comerciais teñen liñas de produtos diferenciadas para o uso por particulares e por traballadores, sendo os deseños para o sector industrial máis centrados na seguridade e as normas que no deseño e a estética. Estas normas de seguridade son obrigatorias estando prohibido o uso de EPI non homologados, todos deben levar marcado CE.

  • Protección da cabeza: casco (EN 397)
  • Protección auditiva (EN 352)
  • Protección ocular e facial (EN 166)
  • Protección respiratoria (EN 137)
  • Protección de mans e brazos (EN 388)
  • Protección de pés e pernas (EN 20345)
  • Protección traballo en altura (EN 361, EN 358)
  • Roupa de alta visibilidade (EN 471)

Normativa en Europa

Directiva 89/686/CEE[1], de 21 de decembro (en España Real Decreto 1407/1992), modificada polas directivas:

  • 93/68/CEE
  • 93/95/CEE
  • 96/58/CE

Avisos

En tódalas obras e lugares de traballo existen avisos en forma de carteis indicando a obrigatoriedade de usar EPI e prohibindo o acceso a persoas alleas. Estes avisos están regulados segundo R.D. 485/1997, ISO 7010 e DIN 4844-2.

Véxase Tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Notas