Glenn Branca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 28: Liña 28:
En [[1976]] mudouse a [[Nova York]]. O seu primeiro encontro coa escena musical da cidade foi con N. Dodo Band, xa que estivo moitas veces no seu lugar de ensaio. Así coñeceu a Jeffrey Lohn, que tocaba o violín eléctrico no grupo. Glenn entón formou dúas bandas a finais dos 70: Theoretical Girls en [[1977]] co compositor e guitarrista Jeffrey Lohn, e The Static. Tamén actuou no ''Guitar Trio'' de Rhys Chatham en [[1977]], unha experiencia de [[música noise]] moi importante no desenvolvemento da súa faceta de compositor.
En [[1976]] mudouse a [[Nova York]]. O seu primeiro encontro coa escena musical da cidade foi con N. Dodo Band, xa que estivo moitas veces no seu lugar de ensaio. Así coñeceu a Jeffrey Lohn, que tocaba o violín eléctrico no grupo. Glenn entón formou dúas bandas a finais dos 70: Theoretical Girls en [[1977]] co compositor e guitarrista Jeffrey Lohn, e The Static. Tamén actuou no ''Guitar Trio'' de Rhys Chatham en [[1977]], unha experiencia de [[música noise]] moi importante no desenvolvemento da súa faceta de compositor.


A principios dos 80 realizou varias composicións para conxuntos de guitarras eléctricas, como ''The Ascension'' ([[1981]]) e ''Indeterminate Activity of Resultant Masses'' ([[1981]]). Pouco despois comezou a compoñer sinfonías para orquestras de guitarras eléctricas e percusión, que mesturaban cacofonía ''droning'' industrial e microtonalidade cunhas case místicas e avanzadas matemáticas. Comezando coa Sinfonía No. 3 ("Gloria") (1983), empezou a compoñer sistematicamente para as series harmónicas. Neste proxecto, Branca esto inicialmente influenciado polos escritos de [[Dane Rudhyar]], [[Hermann von Helmholtz]], e [[Harry Partch]]. Tamén construíu varios instrumentos amplificados electricamente da súa propia invención, expandindo o seu conxunto máis aló da guitarra. Un feixe deses instrumentos eran [[cítara]]s de tres pontes que bautizou como "mallet guitars" (guitarras de mazo), porque eran instrumentos de percusión tocados con baquetas, e cimbalóns eléctricos monotón cunha terceira ponte adicional en posicións resoantes. Entre os primeiros membros do seu grupo estaban [[Thurston Moore]] e [[Lee Ranaldo]] de [[Sonic Youth]], Page Hamilton de [[Helmet]] e varios membros de [[Swans]] como Michael Gira e Dan Braun.
A principios dos 80 realizou varias composicións para conxuntos de guitarras eléctricas, como ''The Ascension'' ([[1981]]) e ''Indeterminate Activity of Resultant Masses'' ([[1981]]). Pouco despois comezou a compoñer sinfonías para orquestras de guitarras eléctricas e percusión, que mesturaban cacofonía ''droning'' industrial e microtonalidade cunhas case místicas e avanzadas matemáticas. Comezando coa Sinfonía No. 3 ("Gloria") (1983), empezou a compoñer sistematicamente para as series harmónicas. Neste proxecto, Branca isto inicialmente influenciado polos escritos de [[Dane Rudhyar]], [[Hermann von Helmholtz]], e [[Harry Partch]]. Tamén construíu varios instrumentos amplificados electricamente da súa propia invención, expandindo o seu conxunto máis aló da guitarra. Un feixe deses instrumentos eran [[cítara]]s de tres pontes que bautizou como "mallet guitars" (guitarras de mazo), porque eran instrumentos de percusión tocados con baquetas, e cimbalóns eléctricos monotón cunha terceira ponte adicional en posicións resoantes. Entre os primeiros membros do seu grupo estaban [[Thurston Moore]] e [[Lee Ranaldo]] de [[Sonic Youth]], Page Hamilton de [[Helmet]] e varios membros de [[Swans]] como Michael Gira e Dan Braun.


=== Dos 90 ata 2018 ===
=== Dos 90 ata 2018 ===

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2020 ás 20:47

Glenn Branca
Data nacemento6 de outubro de 1948
Nado enHarrisburg, Pensilvania
Falecemento13 de maio de 2018 (69 anos)
 Nova York
Causacancro de larinxe
CónxuxeReg Bloor
Ocupaciónmúsico, compositor
Instrumento(s)guitarra
Tempo en activo1967 - presente
Na rede
http://www.glennbranca.com/
IMDB: nm0104317 Allmovie: p82785
Facebook: GlennBranca MySpace: brancaunofficial Spotify: 0eiyrB0ET8AbrR5s6rrLJr Last fm: Glenn_Branca Musicbrainz: 7c0735b8-6444-47a3-a244-522fa7925834 Songkick: 5421 Discogs: 55972 Deezer: 102465 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Glenn Branca, nado o 6 de outubro de 1948 en Harrisburg, Pensilvania e finado o 13 de maio de 2018, foi un influente compositor e guitarrista de vangarda. Branca utilizaba habitualmente guitarras preparadas e é coñecido polo seu uso de fortes volumes, repeticións, droning e series harmónicas. No ano 2008 concedéuselle unha subvención sen restricións da Foundation for Contemporary Arts.

Traxectoria

Comezos

Branca comezou a tocar a guitarra aos 15 anos. Despois de ir ao York College entre os anos 1966 e 1967, creou a banda de versións The Crystal Ship con Al Whiteside e Dave Speece no verán de 1967. Branca estudou teatro no Emerson College en Boston a principios dos anos 70. En 1973 trasladouse de Boston a Londres coa súa entón moza Meg English. Cando regresou novamente a Boston en 1974 coñeceu a John Rehberger. Comezou a experimentar co son como fundador dun grupo de teatro experimental chamado Bastard Theater en 1975.

Glenn escribiu e produciu a peza teatral/musical "Anthropophagoi", a primeira obra da compañía. En 1976 apareceu a segunda produción de The Bastard Theater, "What Actually Happened". A pesar da natureza pouco convencional, os espectáculos recibiron interesantes críticas por parte dos xornais The Phoenix e The Boston Globe. Toda a música para as produción de The Bastard Theater eran composicións orixinais de Branca ou de Rehberger e foron interpretadas ao vivo polos actores/músicos.

Finais dos 70 e anos 80

En 1976 mudouse a Nova York. O seu primeiro encontro coa escena musical da cidade foi con N. Dodo Band, xa que estivo moitas veces no seu lugar de ensaio. Así coñeceu a Jeffrey Lohn, que tocaba o violín eléctrico no grupo. Glenn entón formou dúas bandas a finais dos 70: Theoretical Girls en 1977 co compositor e guitarrista Jeffrey Lohn, e The Static. Tamén actuou no Guitar Trio de Rhys Chatham en 1977, unha experiencia de música noise moi importante no desenvolvemento da súa faceta de compositor.

A principios dos 80 realizou varias composicións para conxuntos de guitarras eléctricas, como The Ascension (1981) e Indeterminate Activity of Resultant Masses (1981). Pouco despois comezou a compoñer sinfonías para orquestras de guitarras eléctricas e percusión, que mesturaban cacofonía droning industrial e microtonalidade cunhas case místicas e avanzadas matemáticas. Comezando coa Sinfonía No. 3 ("Gloria") (1983), empezou a compoñer sistematicamente para as series harmónicas. Neste proxecto, Branca isto inicialmente influenciado polos escritos de Dane Rudhyar, Hermann von Helmholtz, e Harry Partch. Tamén construíu varios instrumentos amplificados electricamente da súa propia invención, expandindo o seu conxunto máis aló da guitarra. Un feixe deses instrumentos eran cítaras de tres pontes que bautizou como "mallet guitars" (guitarras de mazo), porque eran instrumentos de percusión tocados con baquetas, e cimbalóns eléctricos monotón cunha terceira ponte adicional en posicións resoantes. Entre os primeiros membros do seu grupo estaban Thurston Moore e Lee Ranaldo de Sonic Youth, Page Hamilton de Helmet e varios membros de Swans como Michael Gira e Dan Braun.

Dos 90 ata 2018

A principios dos 90, David Baratier intentou documentar o estilo de ensinanza de Branca en They Walked in Line. En setembro de 1996, The Glenn Branca Ensemble tocou na cerimonia de apertura do Aarhus Festival en Dinamarca. A cerimonia tivo lugar na ópera Musikhuset, e entre a audiencia estaba a raíña de Dinamarca e o alcalde de Aarhus entre outras personalidades. Despois de recibir máis de 25 grandes encargos dende 1981 a música de Branca comezou finalmente a ser recoñecida entre os académicos. Algúns estudosos, entre os que destaca Kyle Gann, considérano (xunto con Rhys Chatham) como membro da nova corrente do post-minimalismo, a escola totalista.

A partir da "Symphony No. 7", Branca comezou a compoñer para orquestra tradicional, a pesar de que nunca abandonou a guitarra eléctrica. Branca tamén fai duetos con guitarras excesivamente amplificadas coa súa muller, e dirixiu a súa 13th symphony para 100 guitarras eléctricas na base do World Trade Center en xuño do ano 2001. Dende entón, o seu conxunto de 100 guitarras actuou en 10 cidades dos Estados Unidos e Europa. En 2008 compuxo a súa 14ª sinfonía, titulada "The Harmonic Series", que é interpretada por unha orquestra tradicional. O primeiro movemento desta sinfonía, chamado "2,000,000,000 Light Years From Home", estreouse en St. Louis interpretada pola the St. Louis Symphony Orchestra dirixida por David Robertson o 13 de novembro do ano 2008. Foi a décimo segunda gran orquestra en interpretar un traballo de Branca dende 1986.

En 2008 tamén foi premiado cunha bolsa da Foundation for Contemporary Arts Grants to Artists Award. En 2010 Fortissimo Records relanzou o seu álbum de 1981 The Ascension como unha edición especial en vinilo de 180 gramos e Branca compuxo a peza "The Ascension: The Sequel", publicada o mesmo ano a través do selo Systems Neutralizers. Esta peza de continuación xerou un renovado interese polo seu traballo e tivo destacadas actuacións nos festivais Primavera Sound e Villette Sonique en 2011.

En outubro de 2014 Branca estreou Ascension Three, e xirou co Glenn Branca Ensemble por Europa. En febreiro de 2015 a súa segunda peza para 10 guitarras eléctricas, "Symphony No. 16 (Orgasm)", foi estreada na Cité de la Musique de París. The Light (for David) para catro guitarras, baixo e batería, estreouse en outubro de 2016 na Roulette de Brooklyn.[1]

O 14 de maio de 2018 a páxina oficial de Facebook de Reg Bloor, a súa muller, revelou nunha mensaxe que Branca morrera de cancro de gorxa a noite anterior aos 69 anos de idade.[2]

Notas

  1. The New York Times (ed.). "David Bowie as Muse? Why One Composer Says So". Consultado o 15 de maio de 2018. 
  2. Facebook de Reg Bloor (ed.). "Anuncio da morte de Branca". Consultado o 15 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas