Anne Frank: Diferenzas entre revisións
Liña 19: | Liña 19: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Cando era pequena tivo que abandonar [[Alemaña]] xunto coa súa familia fuxindo dos [[nazi]]s. Mudáronse a [[Ámsterdan]], pero cando en [[1940]] os [[Países Baixos]] |
Cando era pequena tivo que abandonar [[Alemaña]] xunto coa súa familia fuxindo dos [[nazi]]s. Mudáronse a [[Ámsterdan]], pero cando en [[1940]] os [[Países Baixos]] foron invadidos polos alemáns as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes nos [[Países Baixos]]. En [[1942]], Ana e a súa familia por mor da persecución dos nazis tiveron que agocharse no que na construción tradicional de Ámsterdam se denomina ''Achterhuis'' (traseira da casa) no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis, en total eran oito os ocupantes da “[[Casa de Anne Frank|Casa de Atrás]]”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de [[agosto]] de [[1944]], data en que foron descubertos e detidos por axentes das [[SS]]. |
||
[[Ficheiro:AnneFrank dHont.jpg|miniatura|Estatua de Ana Frank en [[Utrecht]].]] |
[[Ficheiro:AnneFrank dHont.jpg|miniatura|Estatua de Ana Frank en [[Utrecht]].]] |
||
Revisión como estaba o 24 de agosto de 2020 ás 03:19
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Frank en 1940. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Annelies Marie Frank 12 de xuño de 1929 Frankfurt, Alemaña |
Morte | febreiro ou marzo de 1945 Campo de concentración de Bergen-Belsen, Baixa Saxonia, Alemaña |
Causa da morte | Morte non natural (Tifo ) |
Lugar de sepultura | Bergen-Belsen |
Datos persoais | |
Residencia | Bergen-Belsen (1944–1945) annex Prinsengracht 263 (en) (1942–1944) Merwedeplein 37-II (en) (1934–1942) Frankfurt (1931–1933) Frankfurt (1929–1931) |
País de nacionalidade | Alemá até 1941 Sen estado dende 1941 |
Relixión | Xudaísmo reformista |
Educación | 6th Montessori School Anne Frank (en) |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | diarista |
Período de actividade | 1942 - 1944 |
Lingua | Lingua neerlandesa e lingua alemá |
Representante | Anne Frank Fund (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pais | Otto Frank (pt) e Edith Frank (pt) |
Irmáns | Margot Frank e Eva Schloss (pt) |
Parentes | Eva Schloss (pt) (stepsister (en) ) |
Cronoloxía | |
3 de setembro de 1944-5 de setembro de 1944 | Transport from Westerbork to Auschwitz Birkenau on 03/09/1944 (en) |
1941-1945 | Holocausto |
1941-1945 | apátrida |
1933-1945 | perished in the Holocaust (en) |
campo de concentración | |
Alemaña nazi | |
Páxina web | annefrank.org |
|
Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, nada en Frankfurt o 12 de xullo de 1929 e finada en marzo de 1945, foi unha xudía vítima do nazismo.
Traxectoria
Cando era pequena tivo que abandonar Alemaña xunto coa súa familia fuxindo dos nazis. Mudáronse a Ámsterdan, pero cando en 1940 os Países Baixos foron invadidos polos alemáns as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes nos Países Baixos. En 1942, Ana e a súa familia por mor da persecución dos nazis tiveron que agocharse no que na construción tradicional de Ámsterdam se denomina Achterhuis (traseira da casa) no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis, en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de agosto de 1944, data en que foron descubertos e detidos por axentes das SS.
Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de Westerbork e logo ao campo de concentración de Auschwitz. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de Bergen-Belsen no norte de Alemaña.
Alí morreu Margot a causa dunha epidemia de tifo, e uns días despois tamén morreu Anne. As datas das súas mortes deben situarse en marzo de 1945, os seus corpos descansan posiblemente nunha das fosas comúns do campo. Margot tiña dezanove anos e Anne estaba a piques de facer dezaseis anos.
Dos oito ocupantes da “Casa de Atrás” só Otto Heinrich Frank, o pai de Anne conseguiu sobrevivir, el ocupouse de dar a coñecer a obra da súa filla. O Diario de Ana Frank considérase o testemuño escrito máis importante do Holocausto, todo un best-séller traducido a 55 idiomas. Tivo tamén unha adaptación teatral en 1955 e unha cinematográfica en 1959, as dúas estreadas con grande éxito. Tamén se publicaron algúns dos contos que Ana escribiu durante o seu encerro que demostran a grande escritora que puido chegar a ser. Ana escribiu: “A pesar de todo sigo pensando que a xente é boa”.
A Achterhuis , a “Casa de Atrás” é unha das principias atraccións turísticas de Ámsterdan. A Fundación Anne Frank e a Anne Frank Fonds, institucións fundadas por Otto Frank, seguen a funcionar hoxe en día e dirixen as súas accións contra a intolerancia e a discriminación racial.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anne Frank |
Bibliografía
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |