Diferenzas entre revisións de «Tesouro de Lima»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Durante as guerras da descolonización suramericana, o exército [[España|español]] foi perdendo terreo en diversas frontes. Unha delas era a de [[Perú]], se ben aínda conservaban o poder na capital [[Lima]], naquela altura unha das cidades máis ricas do planeta. Dende alí centralizábase o envío de ouro dende Suramérica ata a [[metrópole]].
 
En agosto de 1821, o cerco da cidade parece inminente. Polo norte avanza o xeneral [[Simón Bolívar]], polo sur o xera [[José de San Martín]], que atravesara os [[Andes]] e polo mar, ao leste da cidade, situábase a armada [[chile]]na comandada polo británico [[Thomas Cochrane|lord Cochrane]]. Ante a inmediatez da perda da cidade o [[vicerrei]] dedo Perú, así coma o gobernador e mailo [[bispo]] de Lima, decidiron evacuar o tesouro da [[catedral de Lima|catedral]]. Os contidos de semellante tesouro non son comprobábeis facilmente e están suxeitos a unha doada esaxeración. Porén, parece que entre eles se atopaban algúns fragmentos da Cruz de [[Xesucristo]], así como unha estatua, de [[ouro]] macizo e a tamaño natural, dunha [[Virxe María]] co fillo en brazos.
 
Estas riquezas leváronse en burro ata o porto do [[O Callao|Callao]], a oito quilómetros de Lima, e alí encomendáronllos ao comerciante británico [[William Thompson (pirata)|William Thompson]], que lles merecía toda confianza. As ordes eran que se fixera co seu barco, o ''Mary Dear'' ao mar levando o tesouro de Lima, e que agardase a ver o que acontecía na cidade. Se Lima caía, debía poñer proa a [[Panamá]], daquela [[porto franco]]. Se resistía e vencía, debía volver á cidade.
 
O que sucedeu a partir de agora é unha incógnita: os soldados que custodiaban o tesouro e mais uns frades que os acompañaban resultaron asasinados por toda ou parte da tripulación. Presumibelmente o capitán poría proa cara a [[Coco, Costa Rica|Illa do Coco]], onde soterraría o tesouro, volvería cara a Lima, e queimaría a nave a unhas millas da costa. O dato certo é que regresou sen nave e asegurando que unha treboada fixera naufragar o ''Mary Dear''. O vicerrei dedo Perú, [[José de la Serna e Hinojosa]] mandou axustizar a tripulación, e deixou unicamente vivos o capitán e o segundo, para que o conducisen ata onde estaba soterrado o tesouro. Foron á Illa do Coco, pero logo de desembarcaren o capitán e o segundo fuxiron á [[selva]] e deixaron perdidas as tropas españolas. As tropas españolas marcharon e aínda volveron dúas veces á procura dos británicos, sen éxito. Uns meses despois, os dous fuxidos fanse pasar por náufragos e conseguen que un barco, que se detivera alí para repostar auga, os levase cara a terra firme.
 
Máis de vinte anos despois, en [[1845]] un mozo [[Canadá|canadense]] chamado [[John Keating]], recibe dun home apelidado Thompson as indicacións para atopar o Tesouro de Lima. Keating debuxa as notas dun esmorrente Thompson e crea o primeiro orixinal do mapa do tesouro. Meses despois, consegue fretar un iate co seu socio, chamado Bogue, e logo de dobrar o [[Cabo Horn]] chega á Illa do Coco. Nunca se saberá qué pasou despois: de Bogue, certamente, non houbo máis noticia, e de Keating descoñécese se atopou ou non o Tesouro de Lima, pero si que lle confiou o mapa, ou algunha versión do mapa, a distintos parentes. A partir de aí comezan a aparecer distintas variacións do mapa do tesouro. As distintas expedicións posteriores á illa, incluída a de [[August Gissler]], quen chegou a vivir nela practicamente só durante 17 anos, non atoparon nada.
7.541

edicións

Menú de navegación