Estación de Vilar de Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños
+ imaxes
Liña 4: Liña 4:


| nome = Vilar de Barrio
| nome = Vilar de Barrio
| imaxe =
| imaxe = [[Ficheiro:Estación de Vilar de Barrio exterior.jpg|300px]]
| lenda =
| lenda = Vista da estación
| concello = [[Vilar de Barrio]]
| concello = [[Vilar de Barrio]]
| servizos =
| servizos =
Liña 17: Liña 17:
| outrostransportes =
| outrostransportes =
}}
}}
[[Ficheiro:Estación de Vilar de Barrio interior.jpg|dereita|miniatura|Vista da estación.]]
'''Vilar de Barrio''' é unha estación de tren de [[Administrador de Infraestruturas Ferroviarias|Adif]] situada na vila de [[Vilar de Barrio]], na [[provincia de Ourense]]. Dende o peche da liña [[Ourense]]-[[Pobra de Seabra]] nos recortes do sector ferroviario producidos polo [[Goberno de España|Goberno]] en xuño de [[2013]], esta estación non ten servizos ferroviarios.
'''Vilar de Barrio''' é unha estación de tren de [[Administrador de Infraestruturas Ferroviarias|Adif]] situada na vila de [[Vilar de Barrio]], na [[provincia de Ourense]]. Dende o peche da liña [[Ourense]]-[[Pobra de Seabra]] nos recortes do sector ferroviario producidos polo [[Goberno de España|Goberno]] en xuño de [[2013]], esta estación non ten servizos ferroviarios.



Revisión como estaba o 21 de agosto de 2020 ás 02:48

Coordenadas: 42°09′48″N 07°35′55″O / 42.16333, -7.59861

Vilar de Barrio
Vista da estación
SituaciónVilar de Barrio
Vista da estación.

Vilar de Barrio é unha estación de tren de Adif situada na vila de Vilar de Barrio, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 203,3 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 705 metros de altitude,[1] entre as estacións da Alberguería-Prado e Baños de Molgas. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura realizada en pedra. Posúe dous pisos e unha galería na planta baixa formada por cinco arcos. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas

Véxase tamén