Karl von Frisch: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Científico |
{{Científico |
||
|nome = Karl Ritter von Frisch {{Icona nobel medicina}} |
|nome = Karl Ritter von Frisch {{Icona nobel medicina}} |
||
⚫ | |||
|imaxe = |
|||
|ancho_imaxe = |
|||
|texto_imaxe = |
|||
|nacemento = [[20 de novembro]] de [[1886]] |
|||
|lugar_nacemento = [[Viena]], [[Austria-Hungría]] |
|||
|morte = [[12 de xuño]] de [[1982]] |
|||
|lugar_morte =[[Múnic]], [[Alemaña do Oeste]] |
|||
⚫ | |||
|alma_máter = |
|||
|director_tese = |
|||
|alumnos_tese = |
|||
|coñecido = |
|||
|influíu = |
|||
|influído = |
|||
|premios = [[Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina]] en [[1973]] |
|premios = [[Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina]] en [[1973]] |
||
|relixión = |
|||
|notas = |
|||
}} |
}} |
||
'''Karl Ritter von Frisch''', nado en [[Viena]] o [[20 de novembro]] de [[1886]] e finado o [[12 de xuño]] de [[1982]] |
'''Karl Ritter von Frisch''', nado en [[Viena]] o [[20 de novembro]] de [[1886]] e finado en [[Múnic]] o [[12 de xuño]] de [[1982]], foi un científico alemán, considerado un dos pais da [[Etoloxía]]. Estudou [[zooloxía]] na [[Universidade de Múnic]], e desenvolveu o seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da [[Universidade de Rostock]] e no de [[Breslau]]. |
||
O seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da [[Universidade de Rostock]] |
|||
e no de [[Breslau]]. É considerado un dos pais da [[Etoloxía]]. |
|||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Karl Ritter, fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da [[Universidade de Múnic]] e a súa esposa Marie, naceu en [[Viena]] o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de [[zooloxía]] e [[anatomía comparada]]. |
Karl Ritter, fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da [[Universidade de Múnic]] e a súa esposa Marie, naceu en [[Viena]] o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de [[zooloxía]] e [[anatomía comparada]]. |
||
Revisión como estaba o 19 de agosto de 2020 ás 17:29
Karl Ritter von Frisch, nado en Viena o 20 de novembro de 1886 e finado en Múnic o 12 de xuño de 1982, foi un científico alemán, considerado un dos pais da Etoloxía. Estudou zooloxía na Universidade de Múnic, e desenvolveu o seu labor investigador desenvolveuse no Instituto de Zooloxía da Universidade de Rostock e no de Breslau.
Traxectoria
Karl Ritter, fillo do profesor Anton Ritter von Frisch da Universidade de Múnic e a súa esposa Marie, naceu en Viena o 20 de novembro de 1886 e morreu o 12 de xuño de 1982 en Múnic. Estudou nunha escola de gramática e posteriormente na Universidade de Viena na facultade de medicina. Logo dos primeiros exames, cambiou á facultade de filosofía e estudou zooloxía en Múnic e Viena. Recibiu o Doutoramento na Universidade de Viena en 1910. No mesmo ano foi auxiliar de Richard Hertwig no Instituto Zoolóxico na Universidade de Múnic. Alí obtivo o certificado para o ensino de zooloxía e anatomía comparada.
En 1921 foi á Universidade de Rostock como profesor e director na facultade de zooloxía; en 1923 trasladouse a Breslau e en 1925 regresou co seu antigo profesor Richard Hertwig a Múnic. Coa axuda da Fundación de Rockefeller supervisou o novo edificio do instituto zoolóxico que se construía. Logo da destrución do Instituto durante a Segunda Guerra Mundial, foi á Universidade de Graz (Austria) en 1946, pero regresou a Múnic 1950 despois de que abrisen de novo o instituto. Foi Profesor Emérito dende 1958 e continuou cos seus estudos científicos.
Investigacións
En 1910 comezou con estudos sobre peixes probando que podían distinguir cores e brillo. Tamén traballou sobre a capacidade auditiva e a capacidade de distinguir sons demostrando que é superior nesta clase a dos seres humanos. En 1919 comezou a estudar os insectos, especificamente as abellas, demostrando que sendo adestradas, poden diferenciar varios gustos e cheiros e que o sentido do olfacto é similar ao dos seres humanos, pero o sentido do gusto é diferente. Puido demostrar que mediante determinados movementos que chamamos danza da abella e mediante o movemento vibratorio do seu abdome (meneo) as abellas exploradoras informan ao resto da colmea onde se atopa a fonte de alimento, informando da dirección e da distancia. En 1949 puido demostrar, utilizando luz polarizada, que as abellas utilizan o Sol como compás para orientarse, recordando os patróns da polarización presentados polo ceo en diversas horas do día e da localización de sinais previamente atopados.
Sen dúbida as súas achegas á apicultura foron enormes, dado que delas desprendéronse coñecementos como o rango de acción da especie Apis mellifera . Outorgóuselle o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Konrad Lorenz e Nikolaas Tinbergen
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Autobiografía (en inglés)