Ledesma, Boqueixón: Diferenzas entre revisións
m engadir provincia da Coruña (via JWB) |
|||
Liña 22: | Liña 22: | ||
== Galería de Imaxes == |
== Galería de Imaxes == |
||
{{Artigo principal|Galería de imaxes de Ledesma, Boqueixón}} |
|||
<gallery> |
<gallery> |
||
Ficheiro:Ponteledesma -Coruña.JPG|Ponte de Ledesma sobre o [[río Ulla]] |
Ficheiro:Ponteledesma -Coruña.JPG|Ponte de Ledesma sobre o [[río Ulla]] |
||
Ficheiro:Ponteledesma_2eue.jpg| |
Ficheiro:Ponteledesma_2eue.jpg|Ponte de Ledesma |
||
Ficheiro:Ponteledesma_4eue.jpg|[[Río Ulla]] |
Ficheiro:Ponteledesma_4eue.jpg|[[Río Ulla]] |
||
Ficheiro:Ponteledesma GDFL6.JPG |
Ficheiro:Ponteledesma GDFL6.JPG|Ponte de Ledesma |
||
Ficheiro:Campanario Ledesma.JPG |
Ficheiro:Campanario Ledesma.JPG|Campanario |
||
Ficheiro:Igrexa de Ledesma.jpg|Igrexa de Ledesma |
Ficheiro:Igrexa de Ledesma, Boqueixón.jpg|Igrexa de Ledesma |
||
</gallery> |
</gallery> |
||
Revisión como estaba o 15 de agosto de 2020 ás 17:08
Ledesma | |
---|---|
Capela de San Ramón de Ledesma. | |
Concello | Boqueixón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°47′49″N 8°20′23″O / 42.797, -8.3397Coordenadas: 42°47′49″N 8°20′23″O / 42.797, -8.3397 |
Poboación | 282 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.
É un lugar de especial encanto pola presenza dun río Ulla que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).
A ponte medieval (máis que romana) que lle dá nome ó lugar de Ponteledesma (ou A Ponte) está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.
Illas de Gres
No río hai catro insuas. Ademais das pontes (unha moderna e outra medieval) que cruzan o río, tamén se pode cambiar de banda do río a través das propias insuas. Dende a banda sur, onde está un dos bares máis frecuentados pola mocidade local, pódese chegar á insua máis grande, onde ademais está o campo da festa. A superficie desta insua está limpa de mato, agás nas beiras do río, onde se permitiron medrar as árbores e herba grosa. Ademais das instalacións montadas para as festas locais, esta insua conta cun palco permanente de cemento e tamén dunha escultura en honor do escritor Xosé Neira Vilas, natural de Gres, Vila de Cruces. Río arriba están as outras insuíñas, ás que se pode acceder dende esta primeira, sendo a última a chamada "Insua dos namorados" (por estaren máis recollidas), así coma tamén á outra banda do río grazas a uns pasais no medio da auga. Estas insuelas forman parte da cultura recreativa da poboación de Ponteledesma e de Gres, pois aí xúntanse os mozos e mozas para se bañaren en verán.
Existe unha discusión permanente sobre a propiedade administrativa das insuas: uns veciños din que son de Gres, na provincia de Pontevedra, mentres que outros reclámana para Ponteledesma, da Coruña. O único claro é que as dúas vilas forman unha continuidade habitada onde o único criterio para distinguir partes nela é o da división do río, tan artificiosa coma relativa, pois os veciños das dúas bandas do río se relacionan sen máis problemas.
Galería de Imaxes
-
Ponte de Ledesma sobre o río Ulla
-
Ponte de Ledesma
-
Ponte de Ledesma
-
Campanario
-
Igrexa de Ledesma
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Ledesma
Lugares da parroquia de Ledesma no concello de Boqueixón (A Coruña) | |
---|---|
A Baiuca | O Castro | Ledesma | O Monte | Noente | A Ponte | Vila | Vilar |
Parroquias de Boqueixón
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ledesma, Boqueixón |