Diferenzas entre revisións de «Comités Abertos de Faculdade»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (→‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB)
{{Sen referencias|data=agosto de 2020}}
Os '''Comités Abertos de Escola e Faculdade''' ('''CAF-CAEF''') foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O [[10 de maio]] de 2008 disolveuse para formar cos [[CAE]] unha nova organización, [[Comités]]. No ano [[2011]] constituise a [[Liga Estudantil Galega]] que tamén recolle o legado dos CAF e CAE. A organización que cumpría o papel dos CAF no ensino medio eran os [[Comités Abertos de Estudantes]] (CAE).
 
== Historia ==
Durante a efervescencia das loitas na [[Universidade de Santiago de Compostela]], nos primeiros anos oitenta do [[século XX]], foron xurdindo unha serie de Asembleas de Centro que confluirían arredor do ano [[1986|86]] nos Comités Abertos (a pesar que algunha, como [[CAMAE]], seguira a ser semi-autónoma). Aínda que teoricamente abranguía toda a universidade, na práctica era unha organización compostelá con algún comité nos outros [[campus universitario|campus]], e só foi a partir da segregación das universidades de [[Universidade da Coruña|A Coruña]] e [[Universidade de Vigo|Vigo]] que comezou a ser unha organización de carácter galego e ter presenza nos sete campus.{{cómpre referencia}} Nas orixes funcionaba a nivel de [[Asemblea de Faculdade]] e cun órgano de coordinación (Consello de Campus) formado por dúas persoas de cada centro.
 
Dende a súa creación, coa disolución de [[ERGA]], no [[1988]], os CAF foron medrando até converterse na organización maioritaria do estudantado galego,{{cómpre referencia}} presentes na meirande parte das institucións universitarias con representación estudantil.{{cómpre referencia}}
 
Aínda que nos anos 90 apareceu o [[Movemento Estudantil Universitario]] como reacción ao que estes denunciaron como ''seguidismo da UPG'' por parte dos CAF, os Comités Abertos conseguiron recuperar a súa presenza lixeiramente.{{cómpre referencia}}
 
No ano [[2008]] as repetidas crises internas dos CAF e CAE levan á súa unificación nun novo proxecto, os [[Comités]], porén non se deu solución aos problemas que se viñan dado nas organizacións anteriores.{{que}}
 
== Estrutura ==
 
== Composición ==
Na súa composición, tradicionalmente os CAF incorporaban á práctica totalidade das organizacións da esquerda nacionalista que operaban na universidade ([[BNG]], [[PSG-EG]], [[MCG]], [[PCPG]]...), aínda que coa integración da maioría destes grupos no BNG pasou a estar formada maioritariamente por militantes de [[Galiza Nova]] e persoas sen afiliación política.{{cómpre referencia}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.comitesabertos.org Páxina web oficial dos Comités]{{ligazón morta}}
* [http://ligaestudantilgalega.info/ Páxina web oficial da Liga Estudantil Galega]{{ligazón morta}}
 
{{Nacionalismo galego}}
194.709

edicións

Menú de navegación