Río Songhua: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Río Songhua"
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{en uso}}
'''Songhua''' ({{Chinés|p=sōng hūa jīang|c=松花江}} chinés, ; , ) ou '''Sunggari''' é un río asiático que discorre polo nordés da China, e é o maior dos afluentes do [[río Amur]]. Ten unha lonxitude de 1927 km e drena unha gran conca de 549 090 km².
'''Songhua''' ({{Chinés|p=sōng hūa jīang|c=松花江}} chinés, ; , ) ou '''Sunggari''' é un río asiático que discorre polo nordés da China, e é o maior dos afluentes do [[río Amur]]. Ten unha lonxitude de 1927 km e drena unha gran conca de 549 090 km².


Liña 16: Liña 17:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==


{{Control de autoridades}}

{{ORDENAR:Songhua, río}}
[[Categoría:Ríos da China]]
[[Categoría:Ríos da China]]

Revisión como estaba o 10 de agosto de 2020 ás 10:37

Songhua ( Erro: Sen información para amosar. chinés, ; , ) ou Sunggari é un río asiático que discorre polo nordés da China, e é o maior dos afluentes do río Amur. Ten unha lonxitude de 1927 km e drena unha gran conca de 549 090 km².

Administrativamente, discorre polas provincias chinesas de Heilongjiang e Jilin.

Xeografía

O río Songhua nun mapa do Amur
O río ao seu paso por Jilin

O río Songhua nace na vertente occidental das montañas Changbai, non lonxe da fronteira con Corea do Norte, na provincia de Jilin. Encamíñase en dirección norte-noroeste e chega a un tramo en que está represado, preto de Fengman, unha importante central hidroeléctrica que forma un lago que se estende uns 62 km augas arriba. Ao pasar a presa, o río chega á capital Jilin e despois á cidade de Fuyu. Continúa augas abaixo na mesma dirección ata recibir, preto de Daan, ao seu principal afluente, o río Nen (1370 km), que chega do norte.

Na confluencia o río Songhua cambia abruptamente de dirección e diríxese cara ao leste. Nese mesmo punto o río comeza un longo tramo no que forma a fronteira natural entre as provincias de Jilin (sur) e Heilongjiang (norte). O río segue cara ao leste, recibindo preto de Harbin o río Hulan. Despois, cruza entre a parte norte e leste do sistema de montañas de Manchuria e a cordilleira de Khingan, para despois penetrar no val do río Amur e desembocar nel preto da cidade de Dongjiang.

O río Songhua adoita conxelarse dende finais de novembro ata marzo. O seu período de maior caudal ocorre cando a neve das montañas se derrite ao comezo da primavera. O río é navegábel ata Harbin mediante embarcacións de tamaño mediano. Se estas son pequenas, poden navegar ata Jilin e polo río Nen, terminando en Qiqihar. En novembro de 2005, as augas dese río contamináronse con benceno como consecuencia dunhas explosións na fábrica petroquímica de Jilin, o que causou que se cortase o abastecemento de auga de Harbin, e que Rusia ameazase cun litixio contra a China.

Imaxe de satélite do río Songhua ao leste de Harbin

O río foi chamado Sunggari Ula ("río branco") en lingua manchú, e coñécese como Sungari (Сунгари) en ruso.

Véxase tamén