Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 13: Liña 13:
Ao redor da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.
Ao redor da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.

== Historia ==
==Historia==
O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da [[lingua galega]], dunha banda o conselleiro da Presidencia, [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente [[José Manuel Romay Beccaría]] era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG ainda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concurriran polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigüa, tan só os nacionalistas do [[BNPG]]-[[PSG]] e [[EG]] estaban totalmente a favor da súa creación.

Revisión como estaba o 17 de novembro de 2007 ás 16:05

A CRTVG é un ente público con titularidade xurídica propia creada polo Parlamento de Galicia en 1984 co obxectivo de pór en funcionamiento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos de Galicia. Para tal fin e para contribuír na normalización lingüística e a cohesión social de Galicia, creáronse as sociedades anónimas Televisión de Galicia S.A. e Radio-televisión de Galicia S.A. que co seu sinal chegan a todo o territorio galego.

A TVG e a Radio Galega iniciaron as súas emisións en xullo de 1985 e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.

Na actualidade a CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio (DAB e TDT) e as canles de televisón TVG, TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por TDT (neste último caso misturada con emisións deportivas na fin de semana e moi ocasionalmente entre semana) á espera do nacemento da segunda canle "pura".

O seu Consello de Administración está composto por doce membros elixidos para cada lexislatura polo Parlamento de Galicia entre persoas de acreditado prestixio profesional. A súa misión céntrase en velar polo cumprimento do disposto na Lei de Creación da Compañía e, especialmente, en aprobar aquelas materias que asentan as directrices do funcionamento da entidade pública, como son a programación, a memoria anual, o cadro de persoal e as normas reguladoras da emisión de publicidade.

A TVG e a Radio Galega contan cun consello asesor, que non ten competencias decisorias, senón só asesoras. Está compostos por vogais elixidos entre os traballadores, xestores dos servizos públicos, representantes da Administración Autónoma, Consello da Cultura Galega, universidades, Parlamento e deputacións provinciais.

A Dirección Xeral é un órgano universoal que ten a responsabilidade executiva e é nomeado polo Goberno de Galicia para cada lexislatura. As súas funcións son as de xestionar o ente público e as súas sociedades. Para iso conta cun equipo técnico, administrativo e xurídico enmarcado na estrutura da Compañía. Da Dirección Xeral depende tamén a Dirección de Comunicación e Relacións Externas.

Ao redor da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.

Historia

O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da lingua galega, dunha banda o conselleiro da Presidencia, Xosé Luís Barreiro Rivas, era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente José Manuel Romay Beccaría era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG ainda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concurriran polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigüa, tan só os nacionalistas do BNPG-PSG e EG estaban totalmente a favor da súa creación.

Ligazóns externas

Sitio web da CRTVG