Espiña (botánica): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
zonas húmidas
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 11: Liña 11:
== Aguillón ==
== Aguillón ==
[[Ficheiro:Rose_prickle.jpg|thumbnail|Aguillóns nunha [[roseira]].]]
[[Ficheiro:Rose_prickle.jpg|thumbnail|Aguillóns nunha [[roseira]].]]
En botánica denomínase '''aguillón''' ou '''acúleo''' á excrecencia ríxida e aguzada que nace do [[tecido epidérmico]] dalgunhas plantas e pode ser desprendida facilmente. A diferenza das espiñas, os acúleos carecen de tecido vascular, por iso son fáciles de arrincar. O exemplo típico de aguillón é o da [[roseira]]; así mesmo, os acúleos de ''[[Ceiba speciosa]]'', as paineiras (xéneros ''[[Chorisia]]'' e ''[[Ceiba]]''), e de ''[[Fagara rhoifolia]]'' son emerxencias formadas por tecidos corticais do talo.<ref>{{cita libro|apelidos=Van Wyk|nome=Braam|título=How to Identify Trees in Southern Africa|editorial=Struik|ano=2007|edición=illustrated|páxina=184|isbn=9781770072404}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.pswdistrict.org/text/articles/thornsprickles.html|título=Thorns & Prickles & Spines, Oh My!|apelido=Jones|nome=Steve|data=13/01/2009|editorial=Pacific Southwest District of the American Rose Society|dataacceso=27-04-2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090214120238/http://www.pswdistrict.org/text/articles/thornsprickles.html|dataarquivo=14-02-2009|urlmorta=si}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e05/stachel.htm|título=Cross-Section Through the Prickle of a Rose|apelido=Sengbusch|nome=Peter|data=31-07-2003|dataacceso=27-04-2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080430190522/http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e05/stachel.htm|dataarquivo=30-04-2008|urlmorta=si}}</ref>
En botánica denomínase '''aguillón''' ou '''acúleo''' á excrecencia ríxida e aguzada que nace do [[tecido epidérmico]] dalgunhas plantas e pode ser desprendida facilmente. A diferenza das espiñas, os acúleos carecen de tecido vascular, por iso son fáciles de arrincar. O exemplo típico de aguillón é o da [[roseira]]; así mesmo, os acúleos de ''[[Ceiba speciosa]]'', as paineiras (xéneros ''[[Chorisia]]'' e ''[[Ceiba]]''), e de ''[[Fagara rhoifolia]]'' son emerxencias formadas por tecidos corticais do talo.<ref>{{cita libro|apelidos=Van Wyk|nome=Braam|título=How to Identify Trees in Southern Africa|editorial=Struik|ano=2007|edición=illustrated|páxina=184|isbn=9781770072404}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.pswdistrict.org/text/articles/thornsprickles.html|título=Thorns & Prickles & Spines, Oh My!|apelido=Jones|nome=Steve|data=13/01/2009|editorial=Pacific Southwest District of the American Rose Society|dataacceso=27-04-2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090214120238/http://www.pswdistrict.org/text/articles/thornsprickles.html|dataarquivo=14-02-2009|urlmorta=yes}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e05/stachel.htm|título=Cross-Section Through the Prickle of a Rose|apelido=Sengbusch|nome=Peter|data=31-07-2003|dataacceso=27-04-2009|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080430190522/http://www.biologie.uni-hamburg.de/b-online/e05/stachel.htm|dataarquivo=30-04-2008|urlmorta=yes}}</ref>


== Galicia ==
== Galicia ==

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2020 ás 19:11

Esquema da sección lonxitudinal dun talo que amosa a diferenza anatómica entre unha espiña (A) e un aguillón (B). Na espiña, os tecidos vasculares, esquematizados en vermello, continúan aos do talo. O aguillón, en troques, está formado só por tecidos corticais, sen participación dos tecidos vasculares, por iso pode arrincarse de xeito doado.[1]
Espiñas do cacto (Trichocereus spachianus.

As espiñas son en botánica pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do talo, é dicir, que son pólas reducidas, coma ocorre no abruñeiro (Prunus spinosa) ou na acacia americana (Gleditsia triacanthos), e se denominan espiñas caulinares. Neste caso, o tecido vascular da espiña é unha continuación do leño do talo. Hydrolea spinosa, planta palustre típica de brañas e zonas húmidas, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha folla, como é o caso das cactáceas e das especies do xénero Berberis, e se denominan espiñas foliares. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da raíz a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan espiñas radicais. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.[2]

A presenza de espiñas é un carácter que se acha espallado especialmente en plantas típicas das rexións áridas, coma desertos, estepas, bosques secos e espiñeirais. Nestes casos as espiñas son polo xeral o resultado da transformación da follas e permiten reducir a transpiración da planta e auxiliar a economía de auga por mor a que non presentan estomas; é o caso dos toxos. Noutras rexións climáticas e en plantas non xerófitas tamén aparecen espiñas xa que estas estruturas duras e afiadas con ápices agudos, algunhas con puntas a xeito de lanza, anzol ou gancho, son unha excelente defensa contra os animais herbívoros.[1]

Aguillón

Aguillóns nunha roseira.

En botánica denomínase aguillón ou acúleo á excrecencia ríxida e aguzada que nace do tecido epidérmico dalgunhas plantas e pode ser desprendida facilmente. A diferenza das espiñas, os acúleos carecen de tecido vascular, por iso son fáciles de arrincar. O exemplo típico de aguillón é o da roseira; así mesmo, os acúleos de Ceiba speciosa, as paineiras (xéneros Chorisia e Ceiba), e de Fagara rhoifolia son emerxencias formadas por tecidos corticais do talo.[3][4][5]

Galicia

Algunhas especies espiñentas que atopamos en Galicia son:

Espiñas na cultura

Sábese que os homes primitivos utilizaban espiñas coma ferramentas. A historia humana rexistra gran variedade de referencias culturais a eses agudos mecanismos de defensa vexetais. O Libro do Xénese conta a creación das espiñas como un dos castigos impostos a Adán e Eva polo seu pecado. Unha das imaxes culturais máis perdurábeis é a coroa de espiñas que, segundo a Biblia, foi colocada sobre a cabeza de Xesús antes da súa crucifixión.

Un mito popular no que está tamén implicada unha espiña é o de Androcles, un escravo fuxitivo da antiga Grecia de quen se conta que amigou cun león ao lle tirar unha espiña do pezuño.

Notas

  1. 1,0 1,1 Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. ISBN 84-7102-990-1
  2. Font Quer, Pío (1982). Diccionario de Botánica. Barcelona: Labor. pp. XXXII + 1244. ISBN 84-335-5804-8. 
  3. Van Wyk, Braam (2007). How to Identify Trees in Southern Africa (illustrated ed.). Struik. p. 184. ISBN 9781770072404. 
  4. Jones, Steve (13/01/2009). "Thorns & Prickles & Spines, Oh My!". Pacific Southwest District of the American Rose Society. Arquivado dende o orixinal o 14-02-2009. Consultado o 27-04-2009. 
  5. Sengbusch, Peter (31-07-2003). "Cross-Section Through the Prickle of a Rose". Arquivado dende o orixinal o 30-04-2008. Consultado o 27-04-2009. 

Véxase tamén

Outros artigos