Clan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 1: Liña 1:
:''Para a canle de televisión véxase: [[Clan TVE]]''.
:''Para a canle de televisión véxase: [[Clan TVE]]''.
Un '''clan''' é un grupo de persoas que teñen ligazóns de parentesco e ascendencia, vinculado pola percepción de ser descendentes dun devanceiro común. A denominación provén do [[Lingua escocesa|gaélico escocés]] ''clann'', que significa "''fillo''" ou "descendente".<ref>{{Cita web |url=http://www.elcastellano.org/palabra.php?q=clan |título=Etimología: el origen de las palabras |data-acceso=23 de febreiro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131003125200/http://www.elcastellano.org/palabra.php?q=clan |dataarquivo=03 de outubro de 2013 |urlmorta=si }}</ref> Nalgúns lugares, como a [[Escocia]] antiga, designaba ó conxunto de membros dos distintos grupos familiares.<ref>[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?LEMA=clan Segunda acepción del DRAE]</ref> O termo pasou ó inglés cara a 1425, para denominar as organizacións [[Tribo|tribais]] de [[Irlanda]] e Escocia.<ref>[http://dictionary.reference.com/search?q=clan "Clan"], ''Online Etymology Dictionary''</ref>
Un '''clan''' é un grupo de persoas que teñen ligazóns de parentesco e ascendencia, vinculado pola percepción de ser descendentes dun devanceiro común. A denominación provén do [[Lingua escocesa|gaélico escocés]] ''clann'', que significa "''fillo''" ou "descendente".<ref>{{Cita web |url=http://www.elcastellano.org/palabra.php?q=clan |título=Etimología: el origen de las palabras |data-acceso=23 de febreiro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131003125200/http://www.elcastellano.org/palabra.php?q=clan |dataarquivo=03 de outubro de 2013 |urlmorta=yes }}</ref> Nalgúns lugares, como a [[Escocia]] antiga, designaba ó conxunto de membros dos distintos grupos familiares.<ref>[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?LEMA=clan Segunda acepción del DRAE]</ref> O termo pasou ó inglés cara a 1425, para denominar as organizacións [[Tribo|tribais]] de [[Irlanda]] e Escocia.<ref>[http://dictionary.reference.com/search?q=clan "Clan"], ''Online Etymology Dictionary''</ref>


== Relacións de parentesco ==
== Relacións de parentesco ==

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2020 ás 15:00

Para a canle de televisión véxase: Clan TVE.

Un clan é un grupo de persoas que teñen ligazóns de parentesco e ascendencia, vinculado pola percepción de ser descendentes dun devanceiro común. A denominación provén do gaélico escocés clann, que significa "fillo" ou "descendente".[1] Nalgúns lugares, como a Escocia antiga, designaba ó conxunto de membros dos distintos grupos familiares.[2] O termo pasou ó inglés cara a 1425, para denominar as organizacións tribais de Irlanda e Escocia.[3]

Relacións de parentesco

O devanceiro común do clan podía ser real ou mitolóxico, humano ou non, e nese caso fálase dun tótem animal ou dunha planta. Aínda se as verdadeiras liñaxes non se coñecen realmente, os membros do clan recoñecen a un pai fundador, símbolo da unidade do clan. En xeral, o parentesco difire das relacións biolóxicas, xa que tamén envolve a adopción, o matrimonio e lazos xenealóxicos convencionais e, mesmo, ficticios. En palabras de Marshall Sahlins, o clan é unha unidade de descendencia común máis "putativa" que "demostrable". Os clans poden ser matrilineais, patrilineais ou cognáticos.

Aínda que se trata dun concepto relacionado coas categorías de parentesco tribal, non é totalmente equivalente a tribo, estando máis vinculado ó concepto de liñaxe, tutelado por un espírito ancestral.[4] O vínculo do clan pode estar tan amplamente arraigado, que determina relacións especiais con todas as persoas do mesmo, aínda que estean fóra do eido territorial propio, mesmo aínda que habiten arredadas e nunca tiveran tido contacto entre si.[5]

Notas

  1. "Etimología: el origen de las palabras". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  2. Segunda acepción del DRAE
  3. "Clan", Online Etymology Dictionary
  4. Shalins: op.cit., p.35
  5. Sahlins: op.cit., p.36

Véxase tamén

Bibliografía