A Canicouva, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 15: Liña 15:


== Xeografía e comunicacións ==
== Xeografía e comunicacións ==
A parroquia sitúase na zona sur do concello de [[Pontevedra]], limitando ao norte con [[Tomeza, Pontevedra|Tomeza]] e [[Marcón, Pontevedra|Marcón]], ao sur e ao leste con [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]], ao leste con [[Xustáns, Ponte Caldelas|Xustáns]] ([[Ponte Caldelas]]) e ao oeste con [[Santa Comba de Bértola, Vilaboa|Bértola]], [[Figueirido, Vilaboa|Figueirido]] e [[Vilaboa, Vilaboa|Vilaboa]] ([[Vilaboa]]). Pertence ao concello de Pontevedra desde [[1960]], pois antes formaba parte do entón anexionado concello de [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]] xunto con esta parroquia, e que fora creado en [[1833]].
A parroquia sitúase na zona sur do concello de [[Pontevedra]], limitando ao norte con [[Tomeza, Pontevedra|Tomeza]] e [[Marcón, Pontevedra|Marcón]], ao sur e ao leste con [[Ponte Sampaio, Pontevedra|Ponte Sampaio]], ao leste con [[Xustáns, Ponte Caldelas|Xustáns]] ([[Ponte Caldelas]]) e ao oeste con [[Santa Comba de Bértola, Vilaboa|Bértola]], [[Figueirido, Vilaboa|Figueirido]] e [[Vilaboa, Vilaboa|Vilaboa]] ([[Vilaboa]]). Pertence ao concello de Pontevedra desde [[1960]], pois antes formaba parte do entón anexionado [[concello de Ponte Sampaio]] xunto con [[Ponte Sampaio, Pontevedra|esta parroquia]], e que fora creado en [[1833]].


Dista 10 km da capital municipal, mentres que resulta máis próximo a núcleos como [[O Toural, Vilaboa, Vilaboa|O Toural]] ([[Vilaboa]]) ou [[Arcade, Soutomaior|Arcade]] ([[Soutomaior]]), situados a 6 e 4 quilómetros, respectivamente. A principal vía de comunicación é a estrada provincial EP-0001. Por esta parroquia discorre o [[Camiño Portugués]].
Dista 10 km da capital municipal, mentres que resulta máis próximo a núcleos como [[O Toural, Vilaboa, Vilaboa|O Toural]] ([[Vilaboa]]) ou [[Arcade, Soutomaior|Arcade]] ([[Soutomaior]]), situados a 6 e 4 quilómetros, respectivamente. A principal vía de comunicación é a estrada provincial EP-0001. Por esta parroquia discorre o [[Camiño Portugués]].

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2020 ás 13:18

Coordenadas: 42°22′18″N 08°36′51″O / 42.37167, -8.61417

Santo Estevo da Canicouva
ConcelloPontevedra[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°22′18″N 8°36′50″O / 42.371666666667, -8.6138888888889Coordenadas: 42°22′18″N 8°36′50″O / 42.371666666667, -8.6138888888889{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área4,38 km²
Poboación242 hab. (2019)
Densidade55,25 hab./km²
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo Estevo da Canicouva é unha parroquia situada no sueste do concello de Pontevedra. Segundo o IGE no 2019 tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación,[2] o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.

Xeografía e comunicacións

A parroquia sitúase na zona sur do concello de Pontevedra, limitando ao norte con Tomeza e Marcón, ao sur e ao leste con Ponte Sampaio, ao leste con Xustáns (Ponte Caldelas) e ao oeste con Bértola, Figueirido e Vilaboa (Vilaboa). Pertence ao concello de Pontevedra desde 1960, pois antes formaba parte do entón anexionado concello de Ponte Sampaio xunto con esta parroquia, e que fora creado en 1833.

Dista 10 km da capital municipal, mentres que resulta máis próximo a núcleos como O Toural (Vilaboa) ou Arcade (Soutomaior), situados a 6 e 4 quilómetros, respectivamente. A principal vía de comunicación é a estrada provincial EP-0001. Por esta parroquia discorre o Camiño Portugués.

Demografía

Segundo o nomenclátor do Instituto Galego de Estatística para o ano 2019, a parroquia tiña 242 habitantes (129 mulleres e 113 homes), distribuídos en 3 núcleos de poboación. Isto supón unha diminución dun 12,9% respecto a 2009, e dun 20,9% respecto ao ano 1999.

Patrimonio

No outeiro das Forcadas hai un miradoiro desde o que se aprecia a ría de Vigo e o val de Soutomaior, formado polo río Verdugo.

No lugar do Coto das Saleiras está a Rocha dos Franceses. Segundo a lenda, debaixo dela xacen os soldados mortos na Batalla de Ponte Sampaio durante a Guerra da Independencia Española.

As festas patronais celébrase o día 26 de decembro (santo Estevo).

Lugares e parroquias

Lugares da Canicouva

Lugares da parroquia da Canicouva no concello de Pontevedra

Cacheiro | A Canicouva

Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

Outros artigos

Notas