Branquiúros: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
 
Liña 26: Liña 26:


== Clasificación ==
== Clasificación ==
Segundo Martin & Davis (2001),<ref name="M&D">{{cita libro |url=http://web.vims.edu/tcs/LACM-39-01-final.pdf |título=An Updated Classification of the Recent Crustacea |autor=Martin, J. W. & Davis, G. E. |ano=2001 |páxinas=132 pp |editorial=Natural History Museum of Los Angeles County |dataacceso=19 de novembro de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20091229075346/http://web.vims.edu/tcs/LACM-39-01-final.pdf |dataarquivo=29 de decembro de 2009 |urlmorta=si }}</ref> os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:
Segundo Martin & Davis (2001),<ref name="M&D">{{cita libro |url=http://web.vims.edu/tcs/LACM-39-01-final.pdf |título=An Updated Classification of the Recent Crustacea |autor=Martin, J. W. & Davis, G. E. |ano=2001 |páxinas=132 pp |editorial=Natural History Museum of Los Angeles County |dataacceso=19 de novembro de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20091229075346/http://web.vims.edu/tcs/LACM-39-01-final.pdf |dataarquivo=29 de decembro de 2009 |urlmorta=yes }}</ref> os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:


[[Subclase]] Branchiura <small>Thorell, 1864</small>
[[Subclase]] Branchiura <small>Thorell, 1864</small>

Revisión actual feita o 7 de agosto de 2020 ás 12:18

Branchiura

Argulus sobre as branquias dun peixe
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Maxillopoda
Subclase: Branchiura
Orde: Arguloida
Familia: Argulidae
Xéneros

Os branquiúros (Branchiura) son unha subclase de crustáceos maxilópodos que comprende unhas 130 especies[1] clasificadas todas nunha soa orde, os arguloides (Arguloida), e unha soa familia, os argúlidos (Argulidae), composta polos xéneros Argulus, Dolops e Chonopeltis.

Os branquiúros son fundamentalmente ectoparasitos de peixes mariños e de auga doce, aínda que tamén hai algunhas especies de vida libre. A diferenza dos copépodos, ademais do único ollo fusionado, posúen dous ollos simples a cada lado da cabeza.

O corpo dos branquiúros é traslúcido, ata o punto de que o que mellor se aprecia é a zona abdominal, onde se encontra o aparato dixestivo. Estes parasitos adoitan fixarse ás branquias dun peixe, ás veces en cantidades tan grandes que poden causar a morte do animal hóspede. As súas mandíbulas están reducidas, presentan beiras cortantes e están aloxadas dentro dun aparato en forma de estilete chamado probóscide, mentres que os apéndices se reducen, sen chegaren a desaparecer de todo. A diferenza dos copépodos parasitos, os branquiúros non recuperan a súa forma libre unha vez que iniciaron a súa etapa parasitaria ata o final da súa vida na época de apareamento.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo Martin & Davis (2001),[2] os branquiúros clasifícanse da seguinte maneira:

Subclase Branchiura Thorell, 1864

Orde Arguloida Yamaguti, 1963
Familia Argulidae Leach, 1819

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001). An Updated Classification of the Recent Crustacea (PDF). Natural History Museum of Los Angeles County. pp. 132 pp. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]