Diferenzas entre revisións de «Arca de san Domingos»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
 
 
== Historia ==
Despois da morte de [[Domingos de Guzmán]] en [[1221]], os seus restos foron postos o ano [[1233]], nun simple [[Sarcófago|sartego]] de [[mármore]] dentro do altar dunha capela lateral da basílica de san Domingos. Co obxecto de ser visíbel para os fieis, en [[1267]] os restos do santo foron trasladados a un monumento maior decorado con episodios da vida do santo, obra de [[Nicola Pisano]] e os seus discípulos Fra [[Gugliemo Agnelli]] e [[Arnolfo di Cambio]]. Máis adiante foi modificada a súa decoración por Niccolo da Bari (que a partir desta obra sería máis coñecido como [[Niccolo dell'Arca]]),el o cal realizou as estatuas dos catro evanxelistas, de San Francisco de Asís, san Domingos de Guzmán, san Floriano, san Vitale e un Cristo morto adorado por anxos, todo coroado pola imaxe de Deus Pai. Pola morte en 1494 deste artista, recorreuse a [[Michelangelo]] para a terminación das imaxes de ''[[San Petronio (Michelangelo)|san Petronio]]'', ''[[san Procolo (Michelangelo)|san Procolo]]'' e un ''[[Anxo (Michelangelo)|Anxo]]'' porta candelabro facendo parella co de Niccolo dell'Arca. O ano [[1531]] fixo o escultor Alfonso Lombardi, os baixo reieves para a [[predela]] de mármore da Arca con ''Escenas da vida de san Domingos de Guzmán e a Adoración dos Reis Magos''.
 
<center><gallery>

Menú de navegación