Philadelphia Eagles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fma12 (conversa | contribucións)
updated uniforms
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 76: Liña 76:
[[Ficheiro:Philly (45).JPG|thumb|Interior do [[Lincoln Financial Field]].]]
[[Ficheiro:Philly (45).JPG|thumb|Interior do [[Lincoln Financial Field]].]]
[[Ficheiro:Le Lincoln Financial Field (cropped).jpg|thumb|Vista aérea de "The Linc".]]
[[Ficheiro:Le Lincoln Financial Field (cropped).jpg|thumb|Vista aérea de "The Linc".]]
Desde o ano 2003 os Philadelphia Eagles xogan os seus partidos como local no [[Lincoln Financial Field]], un estadio de situado ao sur de [[Filadelfia]]. Aberto ao público desde o [[3 de agosto]] desde ano, conta con capacidade para 69.176 espectadores. Antes de mudarse a "The Linc", alcume co que é coñecido o estadio, os Eagles xogaron no Baker Bowl (1933–1935), no Philadelphia Municipal Stadium (1936–1939, 1941), no Connie Mack Stadium (1940, 1942–1957), no Franklin Field (1958–1970) e no Veterans Stadium (1971–2002). Alén dos Eagles o estadio é utilizado polo equipo da Universidade de Temple, cuxo equipo, os Owls, compite na American Athletic Conference da [[National Collegiate Athletic Association]] (NCAA). Fóra do fútbol americano, o estadio ten acollido encontros de [[fútbol]], como as [[Copa Ouro da CONCACAF]] de 2009 e 2015, cando albergou a final, a [[Copa América Centenario]], partidos de equipos como os [[Philadelphia Union]] da [[Major League Soccer]] e o [[Manchester United]] da [[Premier League]] ou concertos de artistas como [[Bruce Springsteen]], [[U2]], [[Coldplay]], [[Taylor Swift]] ou [[Metallica]].<ref name="LFF">{{cita web|url=http://media.philadelphiaeagles.com/media/156791/lincoln-financial-field.pdf|título=Lincoln Financial Field|obra=Philadelphia Eagles|dataacceso=22-01-2018|lingua=inglés|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180123072408/http://media.philadelphiaeagles.com/media/156791/lincoln-financial-field.pdf|dataarquivo=23-01-2018|urlmorta=si}}</ref> No ano [[2013]] fíxose unha reforma no estadio para ampliar o recinto, engadir dúas novas pantallas de vídeo HD, conexión Wi-Fi e dúas novas pontes de conexión para os niveis superiores. En canto aos recintos de adestramento, actualmente os Eagles utilizan o NovaCare Complex de Filadelfia. Anteriormente, e desde finais de xullo até mediados de agosto, o equipo concentrábase na Universidade de Lehigh en Bethlehem.
Desde o ano 2003 os Philadelphia Eagles xogan os seus partidos como local no [[Lincoln Financial Field]], un estadio de situado ao sur de [[Filadelfia]]. Aberto ao público desde o [[3 de agosto]] desde ano, conta con capacidade para 69.176 espectadores. Antes de mudarse a "The Linc", alcume co que é coñecido o estadio, os Eagles xogaron no Baker Bowl (1933–1935), no Philadelphia Municipal Stadium (1936–1939, 1941), no Connie Mack Stadium (1940, 1942–1957), no Franklin Field (1958–1970) e no Veterans Stadium (1971–2002). Alén dos Eagles o estadio é utilizado polo equipo da Universidade de Temple, cuxo equipo, os Owls, compite na American Athletic Conference da [[National Collegiate Athletic Association]] (NCAA). Fóra do fútbol americano, o estadio ten acollido encontros de [[fútbol]], como as [[Copa Ouro da CONCACAF]] de 2009 e 2015, cando albergou a final, a [[Copa América Centenario]], partidos de equipos como os [[Philadelphia Union]] da [[Major League Soccer]] e o [[Manchester United]] da [[Premier League]] ou concertos de artistas como [[Bruce Springsteen]], [[U2]], [[Coldplay]], [[Taylor Swift]] ou [[Metallica]].<ref name="LFF">{{cita web|url=http://media.philadelphiaeagles.com/media/156791/lincoln-financial-field.pdf|título=Lincoln Financial Field|obra=Philadelphia Eagles|dataacceso=22-01-2018|lingua=inglés|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180123072408/http://media.philadelphiaeagles.com/media/156791/lincoln-financial-field.pdf|dataarquivo=23-01-2018|urlmorta=yes}}</ref> No ano [[2013]] fíxose unha reforma no estadio para ampliar o recinto, engadir dúas novas pantallas de vídeo HD, conexión Wi-Fi e dúas novas pontes de conexión para os niveis superiores. En canto aos recintos de adestramento, actualmente os Eagles utilizan o NovaCare Complex de Filadelfia. Anteriormente, e desde finais de xullo até mediados de agosto, o equipo concentrábase na Universidade de Lehigh en Bethlehem.


{| class="wikitable" style="text-align:center"
{| class="wikitable" style="text-align:center"
Liña 139: Liña 139:
'''Notes:'''
'''Notes:'''
* <sup>(*)</sup> Homenaxe póstuma.
* <sup>(*)</sup> Homenaxe póstuma.
* A pesar de non ser retirado oficialmente, ningún xogador volveu levar o dorsal 12 de [[Randall Cunningham]] desde que deixou os Eagles.<ref>{{Cita novas |author=Didinger, Ray |title=Ray's QB Notes 4: Randall's No. 12 retired? |url=http://www.csnphilly.com/football-philadelphia-eagles/eagles-talk/Rays-QB-Notes-4-Randalls-No-12-retired?blockID=743807 |work=CSN Philly |date=21 de xullo de 2012 |dataacceso=20 de novembro de 2016 |urlarquivo=https://archive.is/20130120030648/http://www.csnphilly.com/football-philadelphia-eagles/eagles-talk/Rays-QB-Notes-4-Randalls-No-12-retired?blockID=743807 |dataarquivo=20 de xaneiro de 2013 |urlmorta=si }}</ref>
* A pesar de non ser retirado oficialmente, ningún xogador volveu levar o dorsal 12 de [[Randall Cunningham]] desde que deixou os Eagles.<ref>{{Cita novas |author=Didinger, Ray |title=Ray's QB Notes 4: Randall's No. 12 retired? |url=http://www.csnphilly.com/football-philadelphia-eagles/eagles-talk/Rays-QB-Notes-4-Randalls-No-12-retired?blockID=743807 |work=CSN Philly |date=21 de xullo de 2012 |dataacceso=20 de novembro de 2016 |urlarquivo=https://archive.is/20130120030648/http://www.csnphilly.com/football-philadelphia-eagles/eagles-talk/Rays-QB-Notes-4-Randalls-No-12-retired?blockID=743807 |dataarquivo=20 de xaneiro de 2013 |urlmorta=yes }}</ref>


=== Membros do Pro Football Hall of Fame ===
=== Membros do Pro Football Hall of Fame ===

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2020 ás 13:51

Philadelphia Eagles
Fundado en 1933
Sede en Filadelfia, PA
Wordmark dos Philadelphia Eagles
Wordmark dos Philadelphia Eagles
Wordmark
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (1933–presente)

  • Eastern Division (1933-1949)
  • American Conference (1950-1952)
  • Eastern Conference (1953-1969)
    • Capitol Division (1967-1969)
  • NFC (1970-presente)
Uniforme actual
CoresVerde, prata, negro, branco                    
CanciónFly, Eagles Fly
MascotaSwoop
Cadro de persoal
Propietario(s)Jeffrey Lurie
PresidenteDon Smolenski
Director xeralHowie Roseman
AdestradorDoug Pederson
Historia
  • Philadelphia Eagles (1933-1942)
  • Phil-Pitt "Steagles" (1943)
  • Philadelphia Eagles (1944–presente)
Alcume(s)
  • The Birds
  • Gang Green
Campionatos
Títulos de Liga (4)
  • National Football League (3)
    1948, 1949, 1960
  • Super Bowl (1)
    2017 (LII)
Conferencia (4)
  • NFL Eastern: 1960
  • NFC: 1980, 2004, 2017
División (13)
  • NFL East: 1947, 1948, 1949
  • NFC East: 1980, 1988, 2001, 2002, 2003, 2004, 2006, 2010, 2013, 2017
Estadios
  • Baker Bowl (1933–1935)
  • Philadelphia Municipal (1936–1939; 1941)
  • Connie Mack Stadium (1940; 1942–1957)
  • Franklin Field (1958–1970)
  • Veterans Stadium (1971–2002)
  • Lincoln Financial Field (2003–Presente)

Os Philadelphia Eagles son unha equipo profesional de fútbol americano con sede na cidade de Filadelfia, Pensilvania. Os Eagles participan na National Football League (NFL) como membro da División Leste da National Football Conference (NFC). A franquía posúe nas súas vitrinas tres títulos da NFL, tendo participado en dúas Super Bowls. A primeira delas foi en 1980, onde perderon 27–10 contra os Oakland Raiders, e a segunda en 2004, onde saíron derrotados ante os New England Patriots por 24–21. O 4 de febreiro de 2018 xogaron a súa terceira final, de novo ante os Patriots, conseguindo esta vez alzarse co título, sendo o último equipo da NFC Leste en gañar unha Super Bowl. A franquía foi fundada en 1933 por un grupo liderado por Bert Bell tras a declaración de bancarrota dos Frankford Yellow Jackets.

Os seareiros dos Eagles están considerados como uns dos máis leais da NFL. Son permanentemente unha das tres franquías con maior media de asistencia ao estadio, tendo colgado o cartel de "non hai máis billetes" de forma continua desde 1999.[1][2] Nunha enquisa para Sports Illustrated entre 321 xogadores da NFL, os fans do Eagles foron escollidos como os máis intimidantes da competición.[3] O equipo garda unha gran rivalidade cos New York Giants, sendo considerada a máis antiga da NFC Esat e unha das máis antigas da NFL. De feito, está considerada pola NFL Network como maior rivalidade da historia da competición e, segundo ESPN, unha das rivalidades máis feroces e coñecidas do fútbol americano.[4] O equipo tamén garda unha rivalidade histórica cos Washington Redskins e os Dallas Cowboys.

Historia

Primeiros anos (1931-1960)

A metade da tempada de 1931 os Frankford Yellow Jackets, equipo do barrio de Frankford en Filadelfia que competía na National Football League, declarou a bancarrota e cesou o funcionamento. Despois de máis dun ano de procura, a NFL concede unha franquía de expansión a un consorcio encabezado por Bert Bell e Lud Wray. A asociación Bell-Wray tivo que pagar unha cota de inscrición de 3.500 dólares (uns 38.966 dólares actuais) e asumiu unha débeda total de 11.000 dólares que se lle debían a outras tres franquías da NFL. Inspirados no escudo da Aguia Azul (en inglés: Blue Eagle) da National Recovery Administration, a peza central do New Deal do presidente Franklin D. Roosevelt, Bell e Wray decidiron chamar ao seu novo equipo Philadelphia Eagles. Nin a NFL nin os propios Eagles consideran os Blue Jackets como antecesor da franquía, citando como motivo o período de latencia antes mencionado. Alén diso, case ningún xogador dos Yellow Jackets formou parte do primeiro cadro de xogadores dos Eagles.

En 1937 os Eagles mudáronse ao Shibe Park, xogando os seus partidos como local nese estadio até 1957. Como excepción, na temporada 1941 xogaron no Municipal Stadium, onde xa xogaran anteriormente. En 1954 o Shibe Park mudou o seu nome a Connie Mack Stadium.

Para adaptar Shibe Park ao fútbol durante o inverno, a xerencia colocou bancadas nas parte dereita do campo, paralelalmente á 20th Street. Con 20 pés (6 metros) de altura, estas "bancadas orientais" tiñan 22 filas de asientos. Estas bancadas descubertas aumentaron a capacidade de Shibe Park por riba dos 39.000 espectadores, aínda que rara vez atraeron máis de 25-30.000.[5]

Durante a súa primeira década de historia, os Eagles tiveron que soportar varias malas tempadas. En decembro de 1940, o dono dos Pittsburgh Steelers, Art Rooney, vendeu a súa franquía a Alexis Thompson por 160.000 dólares, para despois utilizar a metade das ganancias para adquirir a metade dos dereitos dos Eagles ao seu amigo Bert Bell. Pouco despois, Bell e Rooney traspasaron a franquía a Thompson, o cal a traslada a Pittsburgh (co nome de "Steelers"), mentres que Thompson traslada aos Steelers a Filadelfia (co nome de "Eagles").

En 1943, coa a escaseza de man de obra derivada da Segunda Guerra Mundial, fíxose imposíbel completar o equipo. Para solucionar o problema, o equipo fusiónase cos Pittsburgh Steelersformando os "Phil-Pitt Eagles", populamente coñecidos como "Steagles". A finais da década de 1940, o adestrador en xefe Earle "Greasy" Neale e o corredor Steve Van Buren conseguiron levar ao equipo a tres finais da National Football League (NFL) consecutivas, gañando dúas delas en 1948 e 1949. Na primeira derrotaron aos Chicago Cardinals por 7-0 baixo unha tormenta de neve e na segunda a Los Angeles Rams por 14-0. Eses dous campionatos colocan aos Eagles como o único equipo da NFL en gañar dous campionatos consecutivos logrando manter o marcador a 0.

Despois da temporada 1947, os Eagles mudáronse dende o Connie Mack Stadium ao Franklin Field da Universidade de Pensilvania. Este estadio permitía acoller até 60.000 espectadores, aumentando os anteriores 30.000 do Connie Mack.[6] En 1969 o estadio mudou o céspede por AstroTurf, sendo a primeira franquía da NFL en utilizar céspede artificial. En 1960, os Eagles gañaron o seu terceiro campionato da NFL, baixo o liderado dos futuros membros do Pro Football Hall of Fame Norm van Brocklin e Chuck Bednarik; o adestrador en xefe era Buck Shaw. Os Eagles de 1960, cun marcador de 17-13, convertéronse no único equipo en derrotar a Vince Lombardi e os seus Green Bay Packers nos playoffs.[7]

Caída e rexurdimento (1961-1984)

Tras unha moi boa temporada 1961, ao ano seguinte chegaron malos tempos. Jerry Wolman, previa consulta co seu vello amigo Brandon Sturrock, comprou a franquía en 1963 aos "Happy Hundred", un grupo de investidores que foran donos do equipo desde 1949 até 1963, por 5.505.000 dólares (cantidade actualmente equivalente a 42.621.864 dólares). Anos despois, en 1969, hai unha nova mudanza de propietario coa chegada de Leonard Tose, quen compra a franquía por 16.155.000 dólares (104.421.112 dólares actualmente), por entón récord para unha franquía deportiva profesional. O primeiro acto de Tose á fronte do equipo foi o de despedir ao adestrador Joe Kuharich, que levaba un decepcionante rexistro de 24 vitorial por 41 derrotas e 1 empate en cinco anos. En substitución de Kuharich, asinou ao ex-xogador do club Pete Retzlaff como director xeral e a Jerry Williams como adestrador. Coa fusión da NFL e a AFL en 1970, os Eagles foron colocados na NFC Leste cos seus arquirrivais New York Giants, os Washington Redskins e os Dallas Cowboys. A súa rivalidade cos de Nova York é a máis antiga da NFC Leste, xa que se remonta até 1993, sendo aínda hoxe considerada como unha das rivalidades máis grandes da NFL.[8][9]

En 1976, Dick Vermeil foi contratado como adestrador dos Eagles procedente da UCLA (Universidade de California Os Ánxeles). O equipo de Filadelfia tan só conseguira entre 1962 e 1975 unha temporada con máis vitorias que derrotas. Con todo, da man de Vermeil e do quarterback Ron Jaworski o equipo se clasifica aos playoffs durante catro temporadas consecutivas a partir de 1978. O equipo de 1980 conseguiría gañar por primeira vez o título da NFC Leste. Na final polo título de conferencia tocaríalles xogar contra outro dos seus grandes rivais, os Dallas Cowboys. Finalmente, gañarían o partido por 20-7 e clasificaríanse para xogar a Super Bowl XV, onde se terían que enfrontar aos Oakland Raiders no Louisiana Superdome de Nova Orleáns. Sería en última instancia o equipo californiano quen se levaría o título tras vencer aos Eagles por 27-10. Ao ano seguinte, os Eagles foron eliminados na rolda wildcard dos playoffs polos Giants. Despois da decepcionante campaña de 1982, o adestrador Vermeil dimite do cargo alegando que estaba "queimado", sendo substituído polo seu coordinador defensivo Marion Campbell. En xaneiro de 1983, Tose anuncia que será a súa filla, Susan Fletcher, nese momento vicepresidenta do club, quen o sucedería no cargo chegado o día. Tan só un ano despois, comezaron a circular rumores de que Tose estaba a pensar en mover o equipo a Phoenix (Arizona), por motivos económicos.

Estadio

Artigo principal: Lincoln Financial Field.
Interior do Lincoln Financial Field.
Ficheiro:Le Lincoln Financial Field (cropped).jpg
Vista aérea de "The Linc".

Desde o ano 2003 os Philadelphia Eagles xogan os seus partidos como local no Lincoln Financial Field, un estadio de situado ao sur de Filadelfia. Aberto ao público desde o 3 de agosto desde ano, conta con capacidade para 69.176 espectadores. Antes de mudarse a "The Linc", alcume co que é coñecido o estadio, os Eagles xogaron no Baker Bowl (1933–1935), no Philadelphia Municipal Stadium (1936–1939, 1941), no Connie Mack Stadium (1940, 1942–1957), no Franklin Field (1958–1970) e no Veterans Stadium (1971–2002). Alén dos Eagles o estadio é utilizado polo equipo da Universidade de Temple, cuxo equipo, os Owls, compite na American Athletic Conference da National Collegiate Athletic Association (NCAA). Fóra do fútbol americano, o estadio ten acollido encontros de fútbol, como as Copa Ouro da CONCACAF de 2009 e 2015, cando albergou a final, a Copa América Centenario, partidos de equipos como os Philadelphia Union da Major League Soccer e o Manchester United da Premier League ou concertos de artistas como Bruce Springsteen, U2, Coldplay, Taylor Swift ou Metallica.[10] No ano 2013 fíxose unha reforma no estadio para ampliar o recinto, engadir dúas novas pantallas de vídeo HD, conexión Wi-Fi e dúas novas pontes de conexión para os niveis superiores. En canto aos recintos de adestramento, actualmente os Eagles utilizan o NovaCare Complex de Filadelfia. Anteriormente, e desde finais de xullo até mediados de agosto, o equipo concentrábase na Universidade de Lehigh en Bethlehem.

Estadios utilizados polos Philadelphia Eagles
Período Estadio Localización Capacidade
1933–1935 Baker Bowl Pensilvania Filadelfia, PA 18.800
1936–1939 Philadelphia Municipal Stadium Pensilvania Filadelfia, PA 102.000
1940 Shibe Park Pensilvania Filadelfia, PA 33.000
1941 Philadelphia Municipal Stadium Pensilvania Filadelfia, PA 102.000
1942–1957 Shibe Park / Connie Mack Stadium Pensilvania Filadelfia, PA 33.359
1958–1970 Franklin Field Pensilvania Filadelfia, PA 60.658
1971–2002 Veterans Stadium Pensilvania Filadelfia, PA 65.352
Desde 2003 Lincoln Financial Field Pensilvania Filadelfia, PA 69.176

Xogadores

Cadro actual

Quarterbacks

Running backs

Wide receivers

Tight ends

Liña ofensiva

Liña defensiva

Linebackers

Defensive backs

Equipos especiais

Reservas

Equipo de adestramento

Rookies en cursiva
Roster actualizado a 25 de xaneiro de 2018
Depth ChartTraspasos
53 activos, 17 inactivos, 10 de adestramento

Dorsais retirados

Dorasis retirados polos Philadelphia Eagles
No. Xogador Posición Período
5 Donovan McNabb QB 1999–2009
15 Steve Van Buren HB 1944–1951
20 Brian Dawkins S 1996–2008
40 Tom Brookshier CB 1953–1961
44 Pete Retzlaff RB, WR, TE 1956–1966
60 Chuck Bednarik LB, C 1949–1962
70 Al Wistert OT 1943–1951
92 Reggie White(*) DE 1985–1992
99 Jerome Brown(*) DT 1987–1991

Notes:

  • (*) Homenaxe póstuma.
  • A pesar de non ser retirado oficialmente, ningún xogador volveu levar o dorsal 12 de Randall Cunningham desde que deixou os Eagles.[11]

Membros do Pro Football Hall of Fame

Membros do Hall of Fame dos Philadelphia Eagles
Xogadores
No. Nome Posicións Período Ingreso No. Nome Posicións Período Ingreso
60 Chuck Bednarik CLB 1949–1962 1967 33 Ollie Matson RB 1964–1966 1972
76 Bob Brown OT 1964–1968 2004 25 Tommy McDonald WR 1957–1963 1998
80 Cris Carter WR 1987–1989 2013 85 James Arthur "Art" Monk WR 1995 2008
95 Richard Dent DE 1997 2011 35 Pete Pihos TEDE 1947–1955 1970
89 Mike Ditka TE 1967–1968 1988 54 Jim Ringo C 1964–1967 1981
86 Bud Grant WRDE 1951–1952 1994 11 Norm Van Brocklin QB 1958–1960 1971
56 Bill Hewitt End-FB 1937–1939, 1943 1971 15 Steve Van Buren HB 1944–1951 1965
87 Claude Humphrey DE 1979–1981 2014 92 Reggie White DE 1985–1992 2006
9 Sonny Jurgensen QB 1957–1963 1983 53 Alex Wojciechowicz CDT 1946–1950 1968
80 James Lofton WR 1993 2003
Adestradores e executivos
Nome Posicións Período Ingreso
Bert Bell Propietario/Fundador 1933–1940 1963
Wayne Millner Adestrador asistente 1951 1968
Earle "Greasy" Neale Adestrador 1941–1950 1969
Mike McCormack Adestrador 1973–1975 1984

Notas

  1. Fox, Ashley (January 4, 2014). "Fans always have Eagles' back". ESPN. Consultado o September 14, 2015. 
  2. Clark, Kevin (July 2, 2012). "Game Changer: NFL Scrambles to Fill Seats". The Wall Street Journal. Consultado o September 14, 2015. 
  3. Smith, Howard (December 7, 2011). "NFL Players Poll: Most Intimidating Fans". Sports Illustrated. Consultado o September 14, 2015. 
  4. Chadiha, Jeffri (October 31, 2007). "Ranking the NFL's best rivalries: Where does Colts-Pats fit?". ESPN.com. Consultado o April 12, 2008. 
  5. Kuklick, Bruce (1993). To Every Thing a Season: Shibe Park and Urban Philadelphia, 1909–1976. Princeton University Press. p. 86. ISBN 0-691-02104-X. Consultado o May 27, 2009. 
  6. Didinger, Ray; Robert S. Lyons (2005). The Eagles Encyclopedia. Temple University Press. ISBN 1-59213-449-1. 
  7. Klinkner, Chris (26 de xuño de 2008). "Philadelphia Eagles: The 1960 NFL Champions" (en inglés). 
  8. Brookover, Bob (17 de setembro de 2006). "The Birds' Biggest Rival—In a division of fierce foes, the Giants have battled the Eagles as tough as anyone". Philadelphia Inquirer. p. D1. 
  9. Brookover, Bob (6 de novembro de 2008). "Eagles—Giants among top rivalries". Philadelphia Inquirer. p. D6. 
  10. "Lincoln Financial Field" (PDF). Philadelphia Eagles (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23-01-2018. Consultado o 22-01-2018. 
  11. Didinger, Ray (21 de xullo de 2012). "Ray's QB Notes 4: Randall's No. 12 retired?". CSN Philly. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 20 de novembro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas