Basílica de San Marcos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{cómpren coordenadas}} {{sen referencias}}; mudo imaxe por outra de maior calidade
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
{{sen referencias}}
{{sen referencias}}


[[Venice - St. Marc's Basilica 01.jpg|miniatura|250px|Basílica de San Marcos]]
[[Ficheiro:Venice - St. Marc's Basilica 01.jpg|miniatura|250px|Basílica de San Marcos]]


A '''basílica de San Marcos''' é a máis famosa das igrexas de [[Venecia]] e un dos exemplos máis coñecidos de [[arquitectura bizantina]]. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.
A '''basílica de San Marcos''' é a máis famosa das igrexas de [[Venecia]] e un dos exemplos máis coñecidos de [[arquitectura bizantina]]. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2020 ás 13:14

Basílica de San Marcos

A basílica de San Marcos é a máis famosa das igrexas de Venecia e un dos exemplos máis coñecidos de arquitectura bizantina. Situada na praza de San Marcos e conectada co palacio do Dogo, é a sé do patriarcado de Venecia, nome do arcebispado de Venecia desde 1807.

Historia

A súa construción iniciouse en 828 para gardar o corpo de San Marcos, traído desde Alexandría. Destruída polo lume nun motín no 975, reconstruíuse no século XI por arquitectos e obreiros de Constantinopla. As obras iniciáronse probablemente en 1063, e o novo templo foi consagrado dez anos despois. Foi modificada nos séculos XIII, XV e XVII.

Arquitectura

A igrexa presenta unha planta de cruz grega, baseada nos exemplos de basílica de Santa Sofía e da basílica dos Apóstolos, ambas en Constantinopla. Posúe un coro elevado por riba da cripta. A planta do interior consiste en tres naves lonxitudinais e tres transversais. Un baldaquino cobre o altar principal, con columnas decoradas con relevos do século XI. O retablo é a famosa Pala d'Oro - un traballo feito en metal bizantino de 1105. Por tras do altar principal hai un segundo altar con columnas de alabastro. Os cercados do coro, enriba dos que hai tres relevos de Sansovino, mostran unha obra de marquetería de Fra Sebastiano Schiavone. Os dous púlpitos de mármore da nave están decorados con estatuíñas dos irmáns Massegne (1394).