Cursive: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 12: Liña 12:
| membros = Tim Kasher
Matt Maginn
Ted Stevens
Cully Symington
| membros = Tim Kasher
Matt Maginn
Ted Stevens
Cully Symington
| antigos_membros = Clint Schnase
Gretta Cohn
Steve Pedersen
Cornbread Compton
| antigos_membros = Clint Schnase
Gretta Cohn
Steve Pedersen
Cornbread Compton
| relacionados = [[Bright Eyes]], [[Commander Venus]], [[Lullaby for the Working Class]], [[Mayday (banda)|Mayday]], [[Okkervil River]], [[Slowdown Virginia]], [[The Good Life]], [[Tim Kasher]]
| relacionados = [[Bright Eyes]], [[Commander Venus]], [[Lullaby for the Working Class]], [[Mayday (banda)|Mayday]], [[Okkervil River]], [[Slowdown Virginia]], [[The Good Life (banda)|The Good Life]], [[Tim Kasher]]
| web = http://www.cursivearmy.com/
| web = http://www.cursivearmy.com/

Revisión como estaba o 3 de agosto de 2020 ás 09:34

Cursive
OrixeOmaha, Nebrasca,
Período1995 - 1998
1999 - presente
Xénero(s)post-hardcore, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Saddle Creek
MembrosTim Kasher
Matt Maginn
Ted Stevens
Cully Symington
Antigos membrosClint Schnase
Gretta Cohn
Steve Pedersen
Cornbread Compton
Artistas relacionadosBright Eyes, Commander Venus, Lullaby for the Working Class, Mayday, Okkervil River, Slowdown Virginia, The Good Life, Tim Kasher
Na rede
http://www.cursivearmy.com/
Facebook: cursive Twitter: cursivetheband Instagram: cursivetheband MySpace: cursive Youtube: UCcaBexDTDfj9i6vSVabLZHQ Bandcamp: cursiveSouncloud: cursive Spotify: 1sylmUjlKYsLA49YtkNHW3 iTunes: 150633966 Last fm: Cursive Musicbrainz: c4153c51-b4ac-4183-beb3-c5dbfce39176 Songkick: 251391 Discogs: 254433 Allmusic: mn0000138271 Deezer: 3913 Genius: Cursive Editar o valor em Wikidata

Cursive é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Omaha, Nebrasca e formada no ano 1995 a partir das cinzas do grupo Slowdown Virginia. O grupo acadou a fama co seu álbum do ano 2000 Domestica e conseguiu éxito comercial e da crítica co de 2003 The Ugly Organ.[1] Cursive leva publicados sete álbums de estudio, un recompilatorio e varios sinxelos e EPs dende o sno 1997.

Historia

A banda formárona na primavera de 1995 Tim Kasher, Matt Maginn, Steve Pedersen e Clint Schnase pouco despois de que Slowdown Virginia se separase. En 1997 editaron Such Blinding Stars for Starving Eyes. Despois dun par de anos de xira, separouse en 1998. Despois da separación editaron The Storms of Early Summer: Semantics no outono dese ano, e un ano despois, no verán de 1999 volveuse a reunir. Pedersen comezara a estudar na escola de dereito e posteriormente formou The White Octave, entón Ted Stevens uníuse á banda. No ano 2000 o seu álbum conceptual Domestica, que gañou a atención dos seareiros e a crítica.

Cursive engadíua á chelista Gretta Cohn no ano 2001; as cordas engadíronlle á banda sons complementarios ao seu EP Burst and Bloom, editado ese mesmo ano. No ano 2002 realizou unha xira chamada Take Action! Tour.

Saddle Creek Records editou The Ugly Organ no 2003. Rolling Stone deulle unha puntuación de 4 estrelas, mentres que a revista de música alternativa Alternative Press dñeulle unha puntuación de 5 sobre 5. No ano 2004 The Cure elixiu a Cursive para xirar con eles na súa xira Curiosa, xunto con Interpol, The Rapture, Mogwai, Scarling. e The Cooper Temple Clause. Despois diso a banda entrou en hiato sen especificar unha data de regreso.

O selo sacou un recompilatorio de cancións non editadas e caras-b, The Difference Between Houses and Homes, o 9 de agosto do 2005. Gretta deixou a banda a mediados dese ano para adicarse a outros proxectos musicais e formou a banda Twin Thousands, con base en Brooklyn. O grupo non lle buscou substituto e converteuse nun cuarteto.

Despois do hiato, Saddle Creek anunciou que Kasher deixara temporalmente de traballar no seu proxecto paralelo, The Good Life, para comezar a gravar un disco con Cursive. O álbum, Happy Hollow, foi editado o 22 de agosto do 2006, e o seu primeiro sinxelo foi "Dorothy at Forty", aparecido o 11 de xullo. Con este álbum, Kasher deixou atrás as súas letras auto-reflexivas para concentrarse na política, as vidas baleiras e a hipocrisía relixiosa.[2] As revistas musicais Spin, URB, Time Out New York e Blender déronlle ao disco catro estrelas, e a Rolling Stone otorgoulle un 3,5,[3] mentres que a revista alternativa Alternative Press deulle un 5 sobre 5.

En outubro, despois da edición, a banda revelou plans de ofrecer ao seu público a posibilidade de que remesturase o tema "Bad Sects" nun concurso a través da súa páxina. O tema do gañador aparecería como cara-b nun novo sinxelo de Cursive.

O sexto álbum de Cursive Mama, I'm Swollen, editouse o 10 de marzo do 2009 a través do selo Saddle Creek Records. Tres días despois Cursive realizou a súa rimeira actuacición en televisión, tocando "From The Hips" no programa Late Show with David Letterman.[4] O álbum foi o primeiro gravado sen o batería Clint Schnase, que deixou a banda en outubro de 2007. Schnase foi substituído por Matt "Cornbread" Compton, que xa xirara anteriormente co grupo.[5]

O seu sétimo e derradeiro traballo ata a data, I Am Gemini, foi publicado o 21 de febreiro de 2012 a través de Saddle Creek Records.

Discografía

Álbum Ano Selo
Such Blinding Stars for Starving Eyes 1997 Crank!
The Storms of Early Summer: Semantics of Song 1998 Saddle Creek
Domestica 2000 Saddle Creek
The Ugly Organ 2003 Saddle Creek
Happy Hollow 2006 Saddle Creek
Mama, I'm Swollen 2009 Saddle Creek
I Am Gemini 2012 Saddle Creek, Big Scary Monsters

Notas

1. PopMatters (ed.). "Cursive - The Ugly Organ (Reissue)". Consultado o 16 de febreiro de 2017.
2. Punknews (ed.). "Cursive - Happy Hollow". Consultado o 29 de decembro de 2017.
3. Metacritic (ed.). "Happy Hollow by Cursive". Consultado o 29 de decembro de 2017.
4. Punknews (ed.). "Cursive: “From The Hips” live on Letterman". Consultado o 29 de decembro de 2017.
5. Altpress (ed.). "Clint Schnase leaves Cursive". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas