Alfa Romeo F1: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9: Liña 9:
|Director = Axel Kruse
(Director de operacións)
|Director = Axel Kruse
(Director de operacións)
|Pilotos = 7. {{FINb}} [[Kimi Räikkönen]]
{{nowrap|99. {{ITAb}} [[Antonio Giovinazzi]]}}
|Pilotos = 7. {{FINb}} [[Kimi Räikkönen]]
{{nowrap|99. {{ITAb}} [[Antonio Giovinazzi]]}}
|PilotosProbas = 88. {{POLb}} [[Robert Kubica]]<ref name="KUB">{{Cite web|url=https://www.motorsport.com/f1/news/alfa-romeo-kubica-orlen-reserve/4617950/|title=Alfa Romeo F1 team rebranded as Kubica joins in reserve role|last=Khorounzhiy|first=Valentin|date=1 de xaneiro de 2020|website=motorsport.com|url-status=live|archive-url=|archive-date=|access-date=1 de xaneiro de 2020}}</ref>
{{COLb}} [[Tatiana Calderón]]
|PilotosProbas =
|Chasis =
|Chasis = [[Alfa Romeo Racing C39|C39]]
|Motor = [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] 065<ref>{{cite news |title=F1 - 2020 Provisional Entry List |url=https://www.fia.com/news/f1-2020-provisional-entry-list |accessdate=30 de novembro de 2019 |work=fia.com |publisher=[[FIA]] |date=30 de novembro de 2019}}</ref>
|Motor = [[Scuderia Ferrari|Ferrari]]
|Pneumaticos = [[Pirelli]]
|Pneumaticos = [[Pirelli]]
|Debut = [[Gran Premio do Reino Unido de 1950]]
|Debut = [[Gran Premio do Reino Unido de 1950]]
Liña 21: Liña 21:
|VRápidas = 14
|VRápidas = 14
|Puntos =
|Puntos =
|Posición = 8º (57 ptos.)
|Posición = 8º (2 ptos.)

Liña 195: Liña 195:
! {{F1|2020}}
! {{F1|2020}}
|align="left"| {{SUIb}} Alfa Romeo Racing
|align="left"| {{SUIb}} Alfa Romeo Racing
|align="left"|
|align="left"| [[Alfa Romeo Racing C39|C39]]
|align="left"| [[Scuderia Ferrari|Ferrari]]
|align="left"| [[Scuderia Ferrari|Ferrari]] 065 1.6 [[Motor V6|V6]] t
| {{Pirelli}}
| {{Pirelli}}
| 7.
99.
| 7.
99.
|align="left"| {{FINb}} [[Kimi Räikkönen]]
{{ITAb}} [[Antonio Giovinazzi]]
|align="left"| {{FINb}} [[Kimi Räikkönen]]
{{ITAb}} [[Antonio Giovinazzi]]
| 0 *
| 2 *
| -º *
| 8º *

!colspan="9"| fonte:<ref>{{cite web|url=https://www.statsf1.com/en/alfa-romeo/saison.aspx |title=Alfa Romeo – Seasons |publisher=StatsF1 |accessdate=15 de marzo de 2019}}</ref>
!colspan="9"| fonte:<ref>{{cite web|url=https://www.statsf1.com/en/alfa-romeo/saison.aspx |title=Alfa Romeo – Seasons |publisher=StatsF1 |accessdate=15 de marzo de 2019}}</ref>

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2020 ás 21:02

Alfa Romeo Racing
Ficheiro:AlfaRomeoF1logo-2019.jpg
Nome completo Alfa Romeo S.p.A (1950-1951)
Autodelta (1979)
Marlboro Team Alfa Romeo (1980-1983)
Benetton Team Alfa Romeo (1984-1985)
Alfa Romeo Racing (2019-)
Bandeira coa que compite Suíza Suíza
Base en Hinwil, Zürich, Suíza
Xefe de Equipo Frédéric Vasseur
(Director xeral)
Director Técnico Axel Kruse
(Director de operacións)
Pilotos 7. Finlandia Kimi Räikkönen
99. Italia Antonio Giovinazzi
Pilotos de probas 88. Polonia Robert Kubica[1]
Tatiana Calderón
Chasis C39
Motor Ferrari 065[2]
Pneumáticos Pirelli
Debut Gran Premio do Reino Unido de 1950
Carreiras 131
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 2 (1950, 1951)
Vitorias 10
Pole positions 12
Voltas Rápidas 14
Puntos totais
Posición no campionato 8º (2 ptos.)

Alfa Romeo Racing Fórmula 1 é un equipo italiano de Fórmula 1 pertencente a Alfa Romeo, que participou no campionato nas tempadas 1950 e 1951, e logo entre 1979 e 1985. Os seus éxitos déronse principalmente antes do establecemento do Campionato do Mundo e nos dous primeiros anos deste, non conseguindo na súa volta reverdecer os loureiros. Xa nos anos 1920, algúns Alfa competían nos circuítos europeos e ben pronto se constituíu un equipo oficial da marca dirixido polo propio Romeo, no que correron grandes pilotos da época como Giuseppe Campari, Ugo Sivocci, Antonio Ascari, Enzo Ferrari, Gastone Brilli-Peri ou Louis Wagner.

Historia

Alfa Romeo 159 de Fórmula 1

Éxito, 1950-1951

En 1950 Nino Farina gañou o primeiro Campionato do Mundo de Fórmula Un nun 158 con compresor, en 1951 Juan Manuel Fangio gañou cun Alfetta 159 (unha evolución do 158 cun período de dúas etapas de compresión). Os motores do Alfetta foron extremadamente potentes pola súa capacidade: en 1951 o motor 159 producía ao redor de 420 CV, pero isto levaba un consumo de combustible de 125 a 175 litros por cada 100 km..[3] En 1952, fronte á crecente competencia do seu ex empregado, Enzo Ferrari. Alfa Romeo, unha empresa de propiedade estatal, decidiu retirarse logo da negativa do goberno italiano a financiar o caro deseño dun novo coche. Sorprendentemente, Alfa Romeo participou nas carreiras durante as dúas tempadas cun escaso orzamento, e ca maioría da tecnoloxía e materiais de antes da guerra. Por exemplo, o equipo gañou dous campionatos con só nove bloques motor que se construíron antes da guerra.

Alfa Romeo como provedor de motores, 1961-1979

Durante a década de 1960, varios equipos menores de F1 menores usaron os motores Alfa Romeo 4 en liña, como o LDS Mk1 e Mk2 "Specials", Coopers, e De Tomasos.[4]

Ao final da década de 1960 Alfa Romeo estaba desenvolvendo un novo motor V8 para os seus vehículos de competición, este motor foi probado brevemente no T86C Cooper F1-3-68 por Lucien Bianchi.[5] Alfa Romeo regresou brevemente á Fórmula Un nas tempadas de 1970 e 1971 cun motor V8 baseado nos do seus deportivos. Tiveron que pasar 19 anos para que Alfa-Romeo, dedicada neses momentos á competición de Sport-Prototipos, volvese timidamente á F1. Autodelta, a sección deportiva de Alfa-Romeo, preparou en 1970 uns motores V8 de 3000 cc para o piloto da marca, Andrea de Adamich. A escuadra McLaren encargouse de realizar os chasis (M7D e M14D) e inscribiu un terceiro monopraza no campionato. Das 10 carreiras nas que participou Adamich só conseguiu entrar na grella en 5 ocasións e o seu mellor resultado foi un 8º posto en Italia. Ao ano seguinte repetiuse o intento esta vez co equipo March Engineering, que preparou uns chasis 711 para Adamich, e para Nanni Galli (ata nunha ocasión Ronnie Peterson piloto oficial de March participou con motor Autodelta). O equipo March, que pretendía obter con esta colaboración un motor que non tivese que comprar, non saíu moi convencido dos resultados da alianza con Autodelta xa que só obtívo un exiguo 11º posto (Adamich) e dous 12º (Galli), sobre todo comparados co 2º posto no campionato conseguido por Peterson co March-Cosworth 711.

1978 Brabham BT46 B-Alfa Romeo

Máis serio foi o proxecto que en 1976 uniu á empresa de Bernie Ecclestone (Motor Racing Developments) que xestionaba a escuadra Brabham con Autodelta dirixida esta vez por Carlo Chiti. Alfa-Romeo presentou un voluminoso motor de 12 cilindros para os Brabham BT45 de Carlos Reutemann e Carlos Pace sen demasiados bos resultados (dous 4º para Pace e outro 4º para Reutemann). O BT45 Alfa-Romeo comezou ben a tempada de 1977 cun 2º posto para Pace na Arxentina e un 6º con volta rápida para John Watson en Suráfrica. A morte de Pace trastornou o desenvolvemento do novo BT45B e ata metade de tempada non se obtiveron de novo bos resultados, un 2º de Watson en Francia e volta rápida en Austria e dous terceiros de Hans Stuck en Alemaña e Austria, ademais da pole de Watson en Mónaco. O campionato terminou co 11º posto de Stuck na clasificación final.

En 1978 o equipo Brabham-Alfa Romeo preparouse para o asalto ao Campionato do Mundo. Fichou ao campión do ano anterior o austríaco Niki Lauda ao que acompañaba Watson. Gordon Murray encargouse o deseño do BT46 e do polémico BT46B con aspirador que pronto se destacou como un excelente monopraza. Lauda conseguiu vencer en Suecia e Italia, tres 2º e dous 3º, ademais obtivo 2 poles e 4 voltas rápidas, e con 44 puntos empolicouse ao 3º posto da clasificación final. Watson cun 2º e dous 3º obtivo unha meritoria 6º praza, e a escuadra foi 2ª no campionato de construtores por detrás dos invencibles Lotus 79 con efecto solo de Andretti e Peterson.

As esperanzas postas no equipo desvanecéronse na tempada seguinte sobre todo polas constantes tiranteces entre Brabham e Autodelta. Lauda só obtivo un 4º posto en Italia do mesmo xeito que o seu novo compañeiro o brasileiro Nelson Piquet en Holanda. A tempada acabou en divorcio e Autodelta formou unha escuadra nova competindo co Alfa Romeo 177 con chasis e motor Alfa-Romeo e patrocinio de Marlboro. Este coche competiu en 3 ocasións cos pilotos italianos Bruno Giacomelli e Vittorio Brambilla. Na mesma tempada Bruno estreou un coche novo denominado Alfa Romeo 179. Neste equipo Andrea de Cesaris obtivo a súa única pole position da súa dilatada carreira.

Regreso á Fórmula Un, 1979-1985

A 1977 Alfa Romeo 177

Durante a tempada de Fórmula Un de 1979, e logo de ser persuadido por Chiti, Alfa Romeo deu a Autodelta permiso para comezar a desenvolver un coche de Fórmula Un no seu nome. a asociación con Brabham terminou antes da final da tempada. O Alfa Romeo 177 fixo o seu debut no Gran Premio de Bélxica de 1979. Este segundo proxecto de Alfa na Fórmula Un nunca foi un verdadeiro éxito durante a súa existencia, desde mediados de 1979 ata finais de 1985. Durante este período, Alfa Romeo logrou dous poles, Bruno Giacomelli no Gran Premio dos Estados Unidos de 1980, antes de retirarse con problemas eléctricos, tres terceiros lugares, dous segundos lugares e unha volta rápida. Tamén sufriu unha traxedia cando o seu piloto Patrick Depailler morreu no Gran Premio de Alemaña de 1980 no circuíto de Hockenheim. En 1981 contou cos servizos de Mario Andretti, pero continuou sendo perseguido pola escasa fiabilidade. A mellor tempada do equipo é a tempada de 1983, cando a escudería logrou o 6º lugar no campionato de construtores.

Autodelta, Marlboro e Benetton Team Alfa Romeo (1979-1985)

O Alfa Romeo 179 B que se usou durante 1981.
Benetton patrocinou Alfa Romeo 185T en 1985.

Durante a tempada de Fórmula Un de 1977, e logo de ser persuadido por Chiti, Alfa Romeo deu a Autodelta permiso para comezar a desenvolver un coche de Fórmula Un no seu nome. O chamado Alfa Romeo 177, debutou no Gran Premio de Bélxica de 1979. A asociación con Brabham rematou antes do final da tempada, co equipo de Bernie Ecclestone regresando aos motores Ford / Cosworth DFV. Este segundo proxecto de Alfa na Fórmula Un nunca foi un verdadeiro éxito durante a súa existencia, desde mediados de 1979 ata finais de 1985. Durante este período Alfa Romeo logrou dúas poles,Bruno Giacomelli no Gran Premio dos Estados Unidos de 1980, antes de retirarse con problemas eléctricos, tres terceiros lugares, dous segundos lugares e unha volta rápida. Tamén sufriu unha traxedia cando o seu piloto Patrick Depailler morreu no Gran Premio de Alemaña de 1980 no circuíto de Hockenheim. En 1981 contou cos servizos de Mario Andretti, pero continuou sendo perseguido pola escasa fiabilidade. Logo da reestructuración de Autodelta, a operativa e o deseño do coche foron subcontratadas a Euroracing en 1982, cos motores de fábrica aínda subministrados por Autodelta.[6] A mellor tempada do equipo foi a tempada de 1983, cando o equipo cambiou ao motor V8 turbo 890T e a escudería logrou o 6º lugar no campionato de construtoress, en gran parte grazas a dous segundos postos de Andrea de Cesaris.

Mentres que o motor turbo 890T resultou competitivo en 1983, os motores máis potentes e eficientes no consumo de combustible de BMW, Ferrari, Renault, TAG-Porsche w Honda,[Cómpre referencia] máis o límite de combustible imposto pola FIA de 220 litros sen reabastecemento de combustible durante as paradas en boxes durante 1984, viu o declive do equipo Euroracing Alfa Romeo como forza competitiva nas carreiras do Gran Premio. O 890T (o único motor turbo V8 usado nas carreiras de GP nese momento) consumía moito e sufriu demasiado nos circuítos rápidos, particularmente nos dous circuítos de casa de Alfa, Imola e Monza. Para corrixir temporalmente este problema, o equipo tivo que correr con menos potencia para aforrar combustible, o que fixo que o motor non funcionase, e isto resultou ser un grave obstáculo nos circuítos rápidos, o tipo de circuítos onde case sempre tiñan que facelo. O motor desenvolveuse pero os problemas de consumo de combustible nunca foron realmente rectificados. O terceiro posto de Riccardo Patrese no Gran Premio de Italia de 1984 foi o último podio do equipo, tanto Patrese como Eddie Cheever, moitas veces non terminando as carreiras en {´f1|1984}} e 1985 debido a quedar sen combustible: Cheever quedou sen combustible 5 voltas antes de finalizar no Gran Premio de casa de Alfa en Monza, preto da sede de Alfa en Milán.

O coche do equipo de 1985, o Alfa Romeo 185T resultou ser tan pouco competitivo como o coche de 1984, o 184T recuperouse a metade da tempada. Logo de actualizalo ás especificacións de 1985, o coche, agora alcumado 184 TB, foi en realidade unha mellora sobre o coche de 1985, pero tampouco obtiveron resultados. Nunha entrevista no ano 2000, Riccardo Patrese describiu o 185T como "o peor coche que pilotei".

Alfa Romeo saíu da Fórmula Un como construtor logo da carreira final da tempada de 1985 en Australia.

Alfa Romeo Racing (2019 -)

En xaneiro de 2019, Sauber anunciou que o equipo cambiará o nome a Alfa Romeo Racing, pero a diferenza de BMW Sauber, a estrutura de propiedade e xestión permanecerá sen cambios.

Equipos socios

Scuderia Ferrari (2015-presente)

A marca de Alfa Romeo apareceu nos coches de Fórmula 1 da Scuderia Ferrari desde a tempada de 2015, comezou co Ferrari SF15-T.[7]

Sauber F1 Team (2018)

Charles Leclerc pilotando o Sauber C37 de F1 de Alfa Romeo Sauber F1 Team durante o Gran Premio de Austria de 2018.

O 29 de novembro de 2017, anunciouse que Alfa Romeo sería o patrocinador titular do equipo de Fórmula Un de Sauber a partir da tempada de 2018 nun "acordo de asociación técnica e comercial de varios anos".[8] O 2 de decembro de 2017, realizouse unha conferencia de prensa no Museo Alfa Romeo Arese (Milán), que ilustra os termos do acordo entre o FCA e a suíza Sauber, seguido dunha cerimonia de presentación da librea e os pilotos titulares, Charles Leclerc e Marcus Ericsson.[9] O 1 de febreiro de 2019, anunciouse que o equipo de Sauber participaría na tempada 2019 como Alfa Romeo Racing, aínda que a estrutura de propiedade e xestión permanecerá sen cambios.[10]

Resultados completos na Fórmula 1

(Grosa indica campionatos gañados)

Ano Nome Coche Motor Pneu. Pilotos Puntos WCC
1950 Italia Alfa Romeo S.p.A 158 158 1.5 L8 s P Juan Manuel Fangio
Italia Giuseppe Farina
Italia Luigi Fagioli
Reg Parnell
Italia Piero Taruffi
Italia Consalvo Sanesi
1951 Italia Alfa Romeo S.p.A 159 158 1.5 L8 s P Juan Manuel Fangio
Italia Giuseppe Farina
Italia Luigi Fagioli
Italia Felice Bonetto
Suíza Toulo de Graffenried
Italia Consalvo Sanesi
Alemaña Paul Pietsch
19521978: Alfa Romeo non competíu
1979 Italia Autodelta 177
179
115-12 3.0 F12
1260 3.0 V12
G 35.
36.
Italia Bruno Giacomelli
Italia Vittorio Brambilla
0 NC
1980 Italia Marlboro Team Alfa Romeo 179 1260 3.0 V12 G 22.
22.
22.
23.
Francia Patrick Depailler
Italia Vittorio Brambilla
Italia Andrea de Cesaris
Italia Bruno Giacomelli
4 11º
1981 Italia Marlboro Team Alfa Romeo 179B
179C
179D
1260 3.0 V12 M

22.
23.
Mario Andretti
Italia Bruno Giacomelli
10
1982 Italia Marlboro Team Alfa Romeo 179D
182
1260 3.0 V12 M

22.
23.
Italia Andrea de Cesaris
Italia Bruno Giacomelli
7 10º
1983 Italia Marlboro Team Alfa Romeo 183T 890T 1.5 V8 t M

22.
23.
Italia Andrea de Cesaris
Italia Mauro Baldi
18
1984 Italia Benetton Team Alfa Romeo 184T 890T 1.5 V8 t G 22.
23.
Italia Riccardo Patrese
Eddie Cheever
11
1985 Italia Benetton Team Alfa Romeo 185T
184TB
890T 1.5 V8 t G 22.
23.
Italia Riccardo Patrese
Eddie Cheever
0 NC
19862018: Alfa Romeo non competíu como construtor
2019 Suíza Alfa Romeo Racing C38 Ferrari 064 1.6 V6 t P 7.
99.
Finlandia Kimi Räikkönen
Italia Antonio Giovinazzi
57
2020 Suíza Alfa Romeo Racing C39 Ferrari 065 1.6 V6 t P 7.
99.
Finlandia Kimi Räikkönen
Italia Antonio Giovinazzi
2 * 8º *
fonte:[11]

Notas

1. Khorounzhiy, Valentin (1 de xaneiro de 2020). "Alfa Romeo F1 team rebranded as Kubica joins in reserve role". motorsport.com. Consultado o 1 de xaneiro de 2020.  Parámetro descoñecido |url-status= ignorado (Axuda)
2. "F1 - 2020 Provisional Entry List". fia.com (FIA). 30 de novembro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2019.
3. "Grand Prix Cars - Alfa Romeo 158". ddavid.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2007. Consultado o 2007-04-26.
4. "Alfa Romeo 1.5 L4". f1db.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 2007-04-26.
5. "Cooper T86C Alfa Romeo". ultimatecarpage.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2013. Consultado o 2011-06-12.
6. Lini, Franco (xaneiro de 1985). "La settima volta dell'Alfa" [Alfa's seventh lap]. Quattroruote (en Italian) (Milan, Italy: Editoriale Domus) 30 (351): 186.
7. "Alfa Romeo – Scuderia Ferrari Sponsor". Scuderia Ferrari S.p.A (en inglés). Consultado o 29 de marzo de 2018.
8. "The Sauber F1 Team enters a multi-year partnership agreement with Alfa Romeo". Sauber F1 Team. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2018. Consultado o 29 de novembro de 2017.
9. "Sauber confirm Leclerc & Ericsson, as Alfa Romeo livery revealed". Formula1.com (en inglés). Consultado o 2 de decembro de 2017.
10. "Formula 1: Sauber renamed Alfa Romeo Racing from start of 2019 season". bbc.co.uk (BBC Sport). BBC News. 1 de febreiro de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2019.
11. "Alfa Romeo – Seasons". StatsF1. Consultado o 15 de marzo de 2019.

Véxase tamén

Bibliografía

• Henry, Alan (1985). Brabham, the Grand Prix Cars. Osprey. ISBN 0-905138-36-8.
• Nye, Doug (1986). Autocourse history of the Grand Prix car 1966–85. Hazleton publishing. ISBN 0-905138-37-6.

Outros artigos

Ligazóns externas