Submarino: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 85: Liña 85:
[[Ficheiro:NarvalSubmarine.jpg|miniatura|O submarino francés de 1900 ''Narval'']]
[[Ficheiro:NarvalSubmarine.jpg|miniatura|O submarino francés de 1900 ''Narval'']]


Encargado en xuño de 1900, o submarino a vapor e eléctrico ' Narval'', deseñado polo francés [[Maxime Laubeuf]] e polo enxeñeiro español [[Raymondo Lorenzo d'Equevilley Montjustin]], reintroducio o clásico deseño de [[dobre casco]], cun casco de presión dentro do casco exterior lixeiro. Este buque de 200 [[tonelada|t]] tiña unha autonomía dunhas 100 millas en superficie e unhas 10 millas baixo a auga. O submarino francés de 1904 ''Aigrette'' (‘martinete’) mellorou o concepto ao usar un motor diésel para a navegación en superficie. Construíuse un gran número destes submarinos, con 74 terminados antes de 1914.
Encargado en xuño de 1900, o submarino a vapor e eléctrico ''Narval'', deseñado polo francés [[Maxime Laubeuf]] e polo enxeñeiro español [[Raymondo Lorenzo d'Equevilley Montjustin]], reintroducio o clásico deseño de [[dobre casco]], cun casco de presión dentro do casco exterior lixeiro. Este buque de 200 [[tonelada|t]] tiña unha autonomía dunhas 100 millas en superficie e unhas 10 millas baixo a auga. O submarino francés de 1904 ''Aigrette'' (‘martinete’) mellorou o concepto ao usar un motor diésel para a navegación en superficie. Construíuse un gran número destes submarinos, con 74 terminados antes de 1914.


=== Submarinos modernos ===
=== Submarinos modernos ===

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2020 ás 20:06

Un submarino de ataque estadounidense da Clase Los Ángeles
Submarino alemán da primeira guerra mundial da clase UC-1

Un submarino é unha embarcación con capacidade para navegar somerxida baixo a auga. Aínda que a maioría deles úsanse para fins militares, algúns teñen uso civil normalmente científico.

As características dos submarinos varían moito segundo o propósito para o que foron construídos. Por exemplo, hai grandes submarinos con enerxía nuclear que poden permanecer baixo a auga durante meses, mentres que outros son científicos moito máis pequenos que só poden operar durante unhas horas.

A partir dos modelos máis primitivos de propulsión manual, os submarinos evolucionaron ata converterse en barcos altamente sofisticados. Aínda que a maioría dos avances foron por razóns militares, algúns foron por motivos civís, como os alcanzados polo enxeñeiro catalán Narcís Monturiol cos seus Ictíneo I e II.

Os primeiros submarinos movíanse manualmente, xa que os motores mariños aínda non foran inventados e moito menos para funcionar baixo a auga, tiñan funcións militares e tentaban afundir os buques inimigos por métodos como o de introducirlles parafusos nos cascos de madeira. Algúns empregaron explosivos, pero na maioría dos casos tiña como consecuencia a destrución do propio submarino xunto co do navío inimigo.

Historia do submarino

Antecedentes: Idades Antiga e Media

As orixes do submarino poderían atoparse na época de Alexandre o Grande, o 330 a. C. Trataríase dunha especie de barril de vidro pechado que permitiría baixar a pouca profundidade e durante o pouco tempo no que o aire aínda sería respirable no interior. O vidro permitiría ver a paisaxe submarina e facer observacións.[1]

Outro dos posibles antecedentes falan dun mensaxeiro enviado polo xeneral romano Lucio Licinio Lúculo atravesando o bloqueo do porto navegando dentro dunha especie de embarcación submarina feita de coiro de cabra.[2]

Máis adiante no ano 1490 Leonardo da Vinci dibuxou un enxeño de doble casco sumerxible.[3] No século XVI o bispo de Uppsala, describiu un bote de coiro capaz de moverse por baixo da auga.

Primeiros intentos: s.XVI-XVII

Posiblemente o primeiro intento de navegación tivo lugar en España no século XVI. Segundo un informe en Opusculum Taisnieri, publicado en 1562:

dous gregos entraron e saíron varias veces do fondo do Texo ante a presenza do emperador Carlos V, sen mollárense e sen extinguirse o lume que levaban nas súas mans.

Este feito supostamente tivo lugar no río Texo, preto da cidade de Toledo; segundo parece, os submarinistas empregaron unha especie de campá protectora.[4]

Submarino de William Bourne, en Inventions or devices, 1578.

Segundo as fontes de documentación, entre os anos 1573 e 1580 o matemático e xefe da Artillería Naval da raíña Isabel de Inglaterra, William Bourne, describio un barco que podía ir por baixo da superficie do mar ata o fondo e saír da mesma maneira e facilidade coa que se mergullou, e que consistía nunha cuberta impermeabilizada con pel que se podía inflar e desinflar mediante un gato para modificar o movemento e o descenso deste artefacto baixo da auga. O aire chegaba ao interior a través dun mastro baleiro que chegaba ata superficie e o movemento produciase cuns remos.[5]

O primeiro somerxible do que se ten información fidedigna da súa execución foi (un modelo baseado nos apuntamentos de Bourne) construído en 1620 por Cornelius Jacobszoon Drebbel, un holandés ao servizo de Xaime I de Inglaterra.[6] Estaba propulsado por medio de remos, mais a súa natureza exacta é obxecto de certa controversia, pois algúns afirman que era simplemente unha campá remolcada por unha barca. Dous tipos mellorados probáronse no río Támese entre 1620 e 1624. Porén, investigacións recentes manifestaron que o enxeñeiro español Jerónimo de Ayanz y Beaumont construíra un submarino en 1600.

Aínda que os primeiros vehículos somerxibles eran simples ferramentas para exploracións subacuáticas, aos inventores non lles custou moito advertir o seu potencial militar. As vantaxes estratéxicas dos submarinos expuxéronse polo bispo John Wilkins de Chester en 1648.

Os primeiros estudos teóricos sobre a construción dun submarino remóntanse a 1680 , cando Giovanni Alfonso Borelli na súa obra De motu animalium ilustrou por primeira vez a posibilidade de construír un vehículo que puidese explorar os abismos mariños.[7]

Os desenvolvemento ata os deseños modernos s. XVIII- XIX

Esquema do "Turtle", primeiro submarino militar que se construíu en 1776.

Cara ao ano 1775 aproximadamente, o enxeñeiro estadounidense, de Connecticut, David Bushnell construíu un sumerxible, con capacidade para unha soa persoa, que tiña forma de dúas cunchas de tartaruga mariña pegadas pola parte de abaixo e que se bautizou co nome de "Turtle" (tartaruga). Este sumerxible estaba feito de madeira de carballo e foi o primeiro submarino verificado capaz de realizar operacións subacuáticas e con movemento independente e o primeiro en empregar hélices para propulsarse. O "Turtle" tiña un só tripulante e movíase lentamente grazas á súa hélice de parafuso na parte dianteira que se accionaba manualmente. Contaba con dous tanques de lastre e bombas para encher e baleirar a auga do mar e deste xeito regular a profundidade a que navegar. O obxectivo militar do "Turtle" era atacar os barcos británicos fixando o casco destes unha gran carga de pólvora (similar a unha mina de mar). O invento construíuse e navegou correctamente (operado polo sarxento Ezra Lee, do exército continental) ata chegar ao seu obxectivo, pero non puido fixar a bomba o casco porque entón os barcos británicos levaban o casco recuberto de cobre, sendo pensada a mina para ser fixada en buques de madeira. Así pois, a acción fracasada do "Turtle" contra o "HMS Eagle" (buque insignia dos bloqueadores) en 1776, durante a guerra da independencia estadounidense, pode considerarse como a primeira acción dun submarino en combate.[8]

O Nautilus (1800)

Tras Bushnell veu Robert Fulton, tamén estadounidense, o cal quería liberar a Francia do bloqueo que estaba a practicabar a frota británica sobre as costas francesas (era un gran partidario da Revolución Francesa). Para iso deseñou o Nautilus (Nautile), un submarino duns 6,5 metros de lonxitude con estrutura de ferro e recuberto de cobre. A propulsión era manual pero facilitada por un sistema de engrenaxes desmultiplicadores que accionaban a hélice de catro pas, ademais contaba cunha vela para navegar na superficie. O mesmo tempo aplicaronse dúas novas innovacións tecnolóxicas máis: o uso dos temóns horizontais e verticais e o uso do aire comprimido durante a inmersión. Podían entrar só catro persoas e baixo a auga podíase estar unhas catro horas. Un ollo de boi de ferro e de cristal utilizábase de torreta de observación cando o submarino estaba sobre a superficie do mar. O Nautile construíuse en París, xa que estaba destinado á sevir a frota francesa, pois Napoleón Bonaparte investira 10.000 francos da época, pero non participou en ningunha acción bélica. Foi o segundo modelo construído, o Nautilus II, o que efectuou misións militares. A súa viaxe comezou na baía de Brest, dirixíndose á frota británica, a misión pero fracasou, xa que os ingleses facían patrullar barcas de remos permanentemente ao redor dos seus barcos evitando que o Nautilus puidésese achegarse o suficiente ás naves inimigas. A misión de enganchar os explosivos que levaba baixo algún barco británico fracasou e, a partir de aí, Francia considerou que o seu uso non era ético e perdeu o interese nestes submarinos primitivos. Fulton, ao ser rexeitado por Francia, pasouse o bando inimigo, o Reino Unido, no ano 1805. Aínda que a súa demostración experimental foi un éxito, fixo estalar un barco onde un submarino pegara antes uns explosivos a través dun cable eléctrico, Gran Bretaña, que respondeu dunha forma similar a como o fixera Francia. [9]:1–8

O Brandtaucher no museo de historia militar de Dresden

En 1851 Wilhelm Bauer, un cabo de artillaría bávaro, botou un submarino deseñado por el chamado Brandtaucher ("mergullador incendiario") na baía de Kiel. Este submarino foi construído por August Howaldt e estaba propulsado por dous mariñeiros que facían xirar unha gran roda de rodadura coas mans e cos pés para mover unha hélice. Afundiuse durante a presentación nun espectáculo publico, pero os tres tripulantes lograron escapar. O submarino foi rescatado en 1887 e exhíbese no museo de Dresden.[10]

Planos da patente do garcibuzo, deseñado por Cosme García Sáez

En 1860, o inventor español Cosme García Sáez patentou un submarino e realizou con éxito as probas oficiais segundo a acta oficial da Comandancia de Mariña no porto de Alacant. O enxeño podía acoller dúas persoas e permaneceu baixo a auga 45 minutos. O 16 de novembro de 1860 obtivo tamén, a patente en París co nome de Bateau Plongeur. Tras non atopar financiamento en España, e rexeitar o ofrecemento de Napoleón III, o somerxible foi afundido polo fillo do inventor en Alacant, tras informarlle a autoridade portuaria de que molestaba o tráfico mariño.[11][12]

Os restos do CSS Hunley recuperados en 2000.

O submarino máis famoso do século XIX foi o, CSS Hunley, barco da Confederación que o 17 de febreiro de 1864[13] afundio, cunha carga explosiva posta na proa o USS Housatonic, unha fragata da Unión[14]. O Hunley afundiuse á súa vez cos nove tripulantes cando regresaba á súa base de operacións.[15] A pesar do preocupante desenvolvemento (durante as probas de mergullo afundiu tres veces coa perda de 23 homes) e a falta de regreso da súa única misión operativa, a compañía Hunley demostrou a eficacia na guerra dos submarinos que desde ese momento entraron nos proxectos dos arsenais militares.[16]

Mesmo se a construción do Brandtaucher e o éxito de CSS Hunley demostraron a eficacia dos submarinos como arma, aínda quedaban moitos problemas por resolver. Ademais da falta dunha arma para empregar con eficacia (as cargas explosivas, colocadas ao final dunha barra como no caso de Hunley, eran extremadamente perigosas tamén para o submarino), o principal problema viña dado pola ausencia total dun motor. De feito, os rudimentarios CSS Hunley e os submarinos Bauer navegaron manualmente, limitando drasticamenta a autonomia e o alcance.

Submarinos de propulsión mecánica (finais do século XIX)

O 16 de abril de 1863 e botado o submarino francés Plongeur primeiro submarino no mundo en ser propulsado mediante un motor de enerxía mecánica que consístia nun motor de aire comprimido de 60 kW.

Réplica do Ictíneo II no porto de Barcelona.

Botado no porto de Barcelona o 2 de outubro de 1864, o Ictíneo II,[17] construído por Narcís Monturiol, foi un deseño revolucionario, xa que incorporaba unha máquina de vapor para a súa propulsión e utilizaba como combustible unha mestura de peróxido de magnesio, cinc e clorato de potasio (a reacción química dos cales proporcionaba osíxeno tanto para a combustión como para a tripulación).

Tamén incorporaba uns compartimentos repartidos estratexicamente por toda a embarcación para facer de lastre, de maneira que cando estes compartimentos estaban baleiros permitían á embarcación flotar na superficie do mar e cando estes estaban cheos permitían afundir a nave por baixo da superficie. Ademais, na nave había un sistema de escape que permitía soltar o lastre e saír á superficie en caso de emerxencia. Outro trazo destacable é a estrutura da nave que ten unha forma cilíndrica coa parte dianteira con forma de punta esférica e na cola están os temóns e a hélice. Na parte de arriba da nave atopamos o periscopio. Os submarinos actuais toman como referencia o deseño exterior do Ictíneo. Este deseño foi variando e desenvolvéndose segundo as necesidades de cada submarino como o Narwhal botado o 9 de setembro de 1967, cuxo deseño era bastante similar ao do Ictíneo aínda que con unha forma moito máis alongada.

O obxectivo inicial da construción do Ictíneo foi a extracción de elementos do fondo mariño, especialmente coral, con todo, tamén foi ofrecido o ministerio de defensa español, o cal despois dunhas satisfactorias probas en Cartaxena desistiu .

En 1870, o escritor francés Xulio Verne publicou o clásico de ciencia ficción Vinte mil leguas baixo dos mares, que narraba as aventuras dun inventor inconformista no submarino Nautilus, un submarino máis avanzado que todos os existentes na época. A historia inspirou aos inventores para construír submarinos máis avanzados.

O primeiro submarino construído en serie, con todo, era de tracción humana. Foi o submarino do inventor polaco Stefan Drzewiecki: 50 unidades foron construídas en 1881 para o goberno ruso. O mesmo inventor construíu en 1884 un submarino impulsado por enerxía eléctrica.

As discusións entre o reverendo inglés George Garrett e o experto industrial e comercial sueco Thorsten Nordenfelt levaron a unha serie de submarinos impulsados a vapor. O primeiro foi o Nordenfelt I (1885), un buque de 56 toneladas e 19,5  m de longo parecido ao malogrado Resurgam de Garrett (1879), cun alcance de 240 km e armado cun único torpedo. Como o Resurgam, funcionaba a vapor na superficie e apagaba o motor para mergullarse. Grecia, medorenta do regreso dos otománs, comprouno. Nordenfelt construíu entón o Nordenfelt II, un submarino de 30  m de longo con dous tubos de torpedos, que vendeu á preocupada armada alemá. Os esforzos de Nordenfelt culminaron en 1887 co Nordenfelt IV, con motores e torpedos xemelgos. Foi vendido aos rusos, pero resultou ser inestable, encallou e foi despezado

O submarino Peral, armado con torpedos en 1888. O casco pode verse actualmente en Cartaxena (Murcia).

A partir da segunda metade do século XIX intensificáronse os intenso para obter ou crear unha nova forma de propulsión eficiente baixo a auga. O 8 de setembro de 1885 e botado no estaleiro do arseal de La Carraca, en San Fernando (Cádiz) o submarino máis perfeccionado ata o momento, obra de Isaac Peral: fabricado en casco de aceiro en forma de cigarro, de 22 m. de eslora e 2,75 de manga, era propulsado por dous motores eléctricos de 30 CV cada un que estaban alimentados por unha batería de acumuladores. Posuía varios dispositivos e sistemas para poder regular a profundidade da inmersión baixo a auga, a horizontalidade e o equilibrio unha vez mergullado. Con todo empezouse a ver que aquel submarino fora pensado para atacar ou defenderse. Levaba un tubo lanzatorpedos na proa,[18] cun sistema de comportas iguais que os que se usan hoxe en día. Mesmo, para facilitar o lanzamento destes torpedos ideou un periscopio, feito de prismas e lentes, onde se podían ver as imaxes da superficie. O submarino Peral podía navegar a uns oito nós e tiña unha autonomía máxima de setecentos quilómetros. Pero o seu enxeño non prosperou e o goberno de entón informou que «este submarino tería moi pouca utilidade militar» [Cómpre referencia]. Máis adiante, Peral foi presionado para abandonar o exército. Con todo, o seu proxecto si foi admirado por outros países, xa que serviu de base para a maioría dos novos tipos de submarinos construídos despois.[19][20]

O primeiro submarino que foi realmente autónomo foi o Gymnote (1886-1911), xa que conseguiu navegar correctamente por baixo da auga, totalmente mergullado e seguindo unha rota constante. Funcionaba sempre con propulsión eléctrica propulsado por un motor eléctrico de 51 CV. Os seus principais creadores foron os enxeñeiros franceses Dupuy de Lôme, Gaston Ramazzotti e Gustave Zede.[21]

O USS Plunger ano 1902.

Aínda que a propulsión eléctrica vai ser un éxito (Gymnote), o sistema dá caldeira non se abandonou ata ou cabo duns cuantos anos, xa que permitía asegurar unha navegación para superficie usando pouca enerxía. Máis tarde a invención do motor diésel vai supoñer o abandono definitivo da propulsión mediante vapor. Os inventores buscaban outras fontes de enerxía para os submarinos, como eran: o aire comprimido, o vapor e a enerxía eléctrica.

O primeiro submarino práctico, e que se vai empezar a producir naqueles tempos con unha fonte de enerxía eficiente, vai ser creado o ano 1898 polo norteamericano John Philip Holland, que vai utilizar un sistema de propulsión dual. Este estaba formado por un motor de gasolina (diésel de 50 CV) para moverse na superficie e dun motor eléctrico para facelo baixo a auga, esta nave chamouse USS Holland. Unha das contribucións máis importantes que se fixeron no mundo do submarino para o seu desenvolvemento, vai facerla o enxeñeiro norteamericano Simon Lake, destacando a superestrutura de inundación libre, deseñada por el no ano 1898 . En 1906 os alemáns empezaron a utilizar motores diésel nos seus submarinos. Así, poucos anos despois, inventaronse dous dos compoñentes dos submarinos máis importantes desde que o descubriron: a invención do Sonar e a do torpedo autopropulsado. A partir de aquí, ou submarino vaise converter nun elemento fundamental das forzas navais.

De finais do século XIX á primeira guerra mundial

Soldado mariñeiro usando un pericopio nun submarino

O cambio de século supuxo unha época crucial no desenvolvemento dos submarinos, facendo o seu debut un número importante de tecnoloxías, e sendo construídos e adoptados amplamente por varios países. A propulsión diésel-eléctrica pasaría a ser o sistema de enerxía dominante e dispositivos tales como o periscopio serían normalizados. Efectuáronse un gran número de experimentos sobre tácticas e armas efectivas para os submarinos, o que culminaría co gran impacto que supuxeron na próxima primeira guerra mundial.

En 1895, o inventor irlandés John Philip Holland deseñou un submarino que, por primeira vez, equipaba un motor de combustión interna en superficie e un motor eléctrico alimentado por baterías baixo a auga. En 1902, Holland recibiu a Patente USPTO n.º 708553. Algúns dos seus buques foron comprados polos Estados Unidos, o Reino Unido, a Armada Imperial Rusa e Xapón.

A Armada Imperial Xaponesa comezou o seu servizo de submarinos con cinco Holland tipo VII comprados á Electric Boat Company en 1904. As cinco naves foron entregadas en seccións, chegando a Xapón o 14 de xuño de 1904. Despois de re-armalos, os cinco Hollands estiveron listos para combater en agosto de 1905,[22] pero a guerra ruso-xaponesa estaba preto do seu fin por esa data, e ningún submarino xaponés entraria en acción nesa guerra.

O submarino francés de 1900 Narval

Encargado en xuño de 1900, o submarino a vapor e eléctrico Narval, deseñado polo francés Maxime Laubeuf e polo enxeñeiro español Raymondo Lorenzo d'Equevilley Montjustin, reintroducio o clásico deseño de dobre casco, cun casco de presión dentro do casco exterior lixeiro. Este buque de 200 t tiña unha autonomía dunhas 100 millas en superficie e unhas 10 millas baixo a auga. O submarino francés de 1904 Aigrette (‘martinete’) mellorou o concepto ao usar un motor diésel para a navegación en superficie. Construíuse un gran número destes submarinos, con 74 terminados antes de 1914.

Submarinos modernos

O primeiro submarino propulsado por enerxía nuclear, o USS Nautilus (1955), marcou a transición das naves lentas submariñas aos buques capaces de manter unha velocidade de 20-25 nós (37-46 km/h) somerxidos durantes semanas. Proxectado grazas aos traballos do físico Philip Abelson e deseñado por John Burnham, foi construído pola General Dynamics Electric Boat nos seus estaleiros de Groton, Connecticut. O Nautilus dispuña dun reactor naval S2W, un reactor de auga a presión construído pola Westinghouse Electric Corporation.

Tripulación

Países usuarios de submarinos. En azul os actuais, en celeste os antigos usuarios

Un submarino nuclear típico ten unha tripulación dunha 120 persoas, mentres que os buques non nucleares teñen menos da metade. As condicións dentro dun submarino poden ser difíciles debido a que os membros da tripulación teñen que traballar illados durante longos períodos de tempo, sen contacto coas súas familias. Os submarinos adoitan manter o silencio de radio para evitar seren detectados. Operar un submarino é perigoso, incluso en tempos de paz, e moitos buques afundíronse por accidentes.

Mulleres a bordo

En 1995 a Armada Real Norueguesa converteuse na primeira do mundo en designar unha muller capitá dun submarino.[23] Seguírona as armadas de Australia, o Canadá e España.[24] O exército estadounidense, que permite ás mullere servir en case calquera outro buque da súa frota, só permite a súa presenza en submarinos militares en escasas excepcións, argumentando que as condicións de semisegregación que aplica ao persoal feminino nos buques suporía un custo duns 300 000 dólares por camastro.[25]

Notas

  1. Field, Cyril (2008). "Chapter I; B.C. 415-A.D. 1559". The Story of the Submarine - From the Earliest Ages to the Present Day (HTML) (en inglés). READ BOOKS. pp. p. 3. ISBN 9781443783231. Consultado o 23 de xullo do 2020. 
  2. Field, Cyril (2008). "Chapter I; B.C. 415-A.D. 1559". The Story of the Submarine - From the Earliest Ages to the Present Day (HTML) (en inglés). READ BOOKS. pp. p. 4. ISBN 9781443783231. Consultado o 03/12/10. 
  3. "Cómo era el primer submarino que describió Aristóteles hace 2.300 años y los que vinieron después" (en castelán). 5 de maio de 2018. Consultado o 23 de xullo do 2020. 
  4. Hemeroteca de ABC, páxina 89 (03/07/1980)
  5. Harris, Brayton (capt. ret. US Navy) (1-8-2001). Walter Boyne, ed. "SUBMARINE HISTORY TIMELINE - PART ONE: 1580-1869" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19-02-2015. Consultado o 19-01-2017. 
  6. Stewart, Joseph (2011). Exploring the History of Hyperbaric Chambers, Atmospheric Diving Suits and Manned Submersibles: The Scientists and Machinery (en inglés). Xlibris Corporation. pp. p.31. ISBN 1456857223. Consultado o 23 de xullo do 2020. 
  7. Miller, David; Jordon, John (1987). Alberto Peruzzo, ed. Sottomarini della guerra atomica. 
  8. Rindskopf, Mike H (1997). Naval Submarine League (U.S.); Turner Publishing Company staff; Morris, Richard Knowles, ed. Steel Boats, Iron Men: History of the U.S. Submarine Force (en inglés). Paducah, KY: Turner Publishing. pp. p.29. ISBN 978-1-56311-081-8. OCLC 34352971. 
  9. Burgess, Robert Forrest (1975). Ships Beneath the Sea. McGraw-Hill. ISBN 978-0-07-008958-7. 
  10. "A short history of submarine escape: the development of an extreme air dive" (PDF). SPUMS (en inglés) 29 (2). xuño 1999. Consultado o 24 de xuño do 2020. 
  11. Agustín Rodríguez, Cosme García: un genio olvidado, Logroño, Instituto de Estudios Riojanos, 1996, Colección Logroño, 19, Prólogo de D. Carlos Navajas Zubeldía 134 págs. ISBN 84-89362-16-5. 2.ª ed. id. 2007, 199 págs., ISBN 978-84-96637-29-0
  12. Cosme García: vida y zozobras del precursor del submarino. Documentos rne, 27/06/15
  13. NUMA (ed.). "Navy Credits Clive Cussler with Locating Hunley" (en inglés). Consultado o 16 marzo 2009. 
  14. "H. L. Hunley in Historical Context". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2009. 
  15. Hutchinson, Robert (2005). HarperCollins, ed. Janes's: Submarines war beneath the waves (en inglés). Londres. ISBN 978-0-00-716368-7. 
  16. Miller, David (1992). Motorbuch-Verlag, ed. Unterseeboote: Geschichte und tecnische entwicklung (en alemán). Zürich. ISBN 3-7276-7105-X. 
  17. "El Ictíneo ante la ciencia" (PDF). La Vanguardia (en castelán): 3. 28 de setembro de 1890. Consultado o 28 de xullodo 2020. 
  18. Pioneros de la Navegación Submarina
  19. Sanmateo, Javier (5 de setembro de 2013). "Isaac Peral, el genio frustrado". El Mundo (en castelán). Consultado o 29 de xullo do 2020. 
  20. Delgado, James P.; Cussler, Clive (2011). Silent Killers: Submarines and Underwater Warfare. Bloomsbury Publishing. p. 89. ISBN 978-1849088602. 
  21. Gymnote; ONI memorandum 1901. Krebs at rbmn.free.fr
  22. Jentschura p. 160
  23. Jentene kom gradvis inn (en noruegués)
  24. NATO Review - Women in uniform (en inglés)
  25. Armed Forces Careers - New Debate on Submarine Duty for Women Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas