Dorsal oceánica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m →‎Estrutura: *manantial->manancial
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 37: Liña 37:
*[[Dorsal do Índico Central]]
*[[Dorsal do Índico Central]]
**[[Dorsal Arábigo-Índica]] (Dorsal de Carlsberg)
**[[Dorsal Arábigo-Índica]] (Dorsal de Carlsberg)
*[[Dorsal do Índico Occidental]]
*[[Dorsal Suroeste do Índico]]


*[[Dorsal mesoatlántica]]
*[[Dorsal mesoatlántica]]

Revisión como estaba o 29 de xullo de 2020 ás 11:09

Formación dunha dorsal.
Dorsal oceánica.

Unha dorsal oceánica é unha cordilleira submarina situada na parte media dos océanos da Terra e formada por procesos relacionados coa Tectónica de placas. A cordilleira presenta un surco central coñecido como rift, zona de abundante vulcanismo onde se emite magma continuamente dende o manto sublitosférico a través de fisuras do fondo do océano, formándose novas porcions de litosfera oceánica e provocando a expansión do piso oceánico. Unha dorsal oceánica marca a fronteira entre dúas placas tectónicas, constituíndo un límite de placas diverxente no que ambas placas se separan. Tódalas dorsais oceánicas están interconectadas. [1]

Estrutura

Unha dorsal oceánica ten unha estrutura de dobre crista, elevada e moi fracturada. Entre ambas cristas hai unha greta, ou rift, fracturada en forma de zigzag debido ás fallas transformantes, que desprazan segmentos da dorsal. Ao longo do rift producense numerosos sismos superficiaies e erupcions volcánicas que verten lavas de basalto. A ambos lados da dorsal vaise incrementando pouco a pouco o grosor da cortiza volcánica e o espesor dos sedimentos.[2]

Nas cristas das dorsaies hai tamén fontes hidrotermais das que brota vapor rico en minerais a unha temperatura de ate 350 ºC a través das gretas do fondo mariño. Estas fontes de auga depositan estruturas columnares de sulfuros metálicos que manteñen colonias de animais pouco comúns (vermes mariños e ameixas xigantes, camaróns, peixes). Os compostos que emiten estes mananciais de auga quente xogan un importante papel no mantemento da composición da auga mariña, subministrando magnesio e outros compoñentes.[3]

Dorsal oceánica en Þingvellir National Park, Islandia

Historia

As dorsais oceánicas localízanse na súa maior parte submerxidas a gran profundidade no océano. O descubrimento da súa verdadeira extensión e as súas características produciuse nas décadas de 1960 e 1970. No Proxecto FAMOUS (French-American Mid-Ocean Undersea Study), empregárnose 3 sumerxibles nortamericanos e franceses para estudar o rift axial da dorsal mesoatlántica, situada a unha profundidade de entre 2000 e 3000 metros. Obtivéronse milleiros de imáxenes, mostras e mapas detallados. Tamén se estudaron dúas dorsáis no Pacífico.[4]

Nun primeiro momento, a dorsal semellaba ser un fenómeno específico do océano Atlántico, pero a medida que os sondaxes do piso oceánico continuaban arredor do mundo descubriuse que tódolos océanos conteñen partes du sistema de dorsal oceánica.

Lista de dorsais oceánicas

Distribución mundial das dorsais oceánicas.

Lista de dorsais antigas

Notas

  1. Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 228, 231–3. ISBN 84-282-0770-4. 
  2. Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 231–3, 280–2. ISBN 84-282-0770-4. 
  3. Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. p. 282. ISBN 84-282-0770-4. 
  4. Strahler, Arthur N. (1992). "9". Geología física (en castelán). Barcelona: Omega. pp. 226–7, 280–2. ISBN 84-282-0770-4. 

Véxase tamén


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.