Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Morfeo»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Na [[mitoloxía grega]], '''Morfeo''' (en [[grego antigo]] Μορφεύς, de μορφή ''morphê'', ‘forma’) é o [[deus]] dos [[soño]]s. Segundo certas [[teoloxía]]s antigas, é o principal dos [[Oniros]], os mil fillos enxendrados por [[Hipnos]] (o Soño) e [[Nicte|Nix]] (a Noite, súa nai), ou por Hipnos con [[Pasítea]].
 
Era representado con ás que batía rápida e silenciosamente, que lle permitían ir voando velozmente a calquera lugar da Terra. Morfeo encargábase de inducir os soños dos durmintesdormentes e de adoptar unha aparencia humana para aparecer neles, especialmente a dos seres queridos (de aí o seu nome), permitíndolle aos mortais fuxir por un momento das maquinacións dos deuses.
 
Morfeo desempeña un papel importante na historia de [[Ceice]] e [[Alcíone]]. En concreto, aparece nas obras de [[Homero]] e [[Ovidio]]. Este último conta en ''[[As metamorfoses]]'' que Morfeo dorme nunha cama de [[ébano]] nunha cova sutilmente iluminada, rodeado de flores de [[durmideira]] (que contén [[alcaloide]]s de efectos sedantes e narcóticos). Tamén conta que mentres os seus irmáns [[Fobetor]] e [[Fantaso]] eran responsables dos animais, os obxectos inanimados, e aparicións dos soños, Morfeo centrábase nos elementos humanos.
42.140

edicións