Externsteine: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Externsteine, Outubro de 2018.jpg|miniatura|Externsteine, outubro de 2018.]]
[[Ficheiro:Externsteine, Outubro de 2018.jpg|miniatura|Externsteine, outubro de 2018.]]


'''Externsteine''' ({{coord|51|52|8|N|8|55|3|E|type:landmark_region:DE}}) é unha formación rochosa singular de 40 metros de altura situada no val atravesado polo río [[Wiembecke]] ao seu paso pola cidade de [[Horn-Bad Meinberg]] no estado histórico do [[Principado de Lippe]]. Este monumento natural alemán recibe medio millón de visitantes cada ano <ref>[https://www.externsteine-info.de "Externsteine"]{{de}}</ref>. O Externsteine forma parte dunha reserva natural propiedade do Landesverband Lippe, subdivisión administrativa do [[Renania do Norte-Westfalia|Estado de Renania do Norte-Westfalia]], e controlada en colaboración coa estación científica especializada en Bioloxía de Lippe.<ref>[https://www.biologischestationlippe.de "Externsteine"]{{de}}</ref>
'''Externsteine''' ({{coord|51|52|8|N|8|55|3|E|type:landmark_region:DE}}) é unha formación rochosa singular de 40 metros de altura situada no val atravesado polo río [[Wiembecke]] ao seu paso pola cidade de [[Horn-Bad Meinberg]] no estado histórico do [[Principado de Lippe]]. Este monumento natural alemán recibe medio millón de visitantes cada ano <ref>[https://www.externsteine-info.de "Externsteine"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20200512021219/https://www.externsteine-info.de/ |date=12 de maio de 2020 }}{{de}}</ref>. O Externsteine forma parte dunha reserva natural propiedade do Landesverband Lippe, subdivisión administrativa do [[Renania do Norte-Westfalia|Estado de Renania do Norte-Westfalia]], e controlada en colaboración coa estación científica especializada en Bioloxía de Lippe.<ref>[https://www.biologischestationlippe.de "Externsteine"]{{de}}</ref>


== Externsteine no folclore alemán ==
== Externsteine no folclore alemán ==

Revisión como estaba o 22 de xullo de 2020 ás 10:28

Externsteine, outubro de 2018.

Externsteine (51°52′8″N 8°55′3″L / 51.86889, -8.91750) é unha formación rochosa singular de 40 metros de altura situada no val atravesado polo río Wiembecke ao seu paso pola cidade de Horn-Bad Meinberg no estado histórico do Principado de Lippe. Este monumento natural alemán recibe medio millón de visitantes cada ano [1]. O Externsteine forma parte dunha reserva natural propiedade do Landesverband Lippe, subdivisión administrativa do Estado de Renania do Norte-Westfalia, e controlada en colaboración coa estación científica especializada en Bioloxía de Lippe.[2]

Externsteine no folclore alemán

Desde o século XIX o Externsteine convértese no centro de diversos estudos centrados no seu posíbel uso na antigüidade como centro relixioso e a súa relevancia para o pobo teutón. Durante o Terceiro Reich desde a Orde Teutónica, como orde con fins caritativos e de asociacionismo, o reverendo Wilhelm Teudt impulsa unha investigación nos arredores da área da formación rochosa na procura de probas que a identifiquen como un lugar de culto teutón. As escavacións sucédense seguidas polos equipos de investigación de Amt Rosenberg e a partir de 1935 polo SS Ahnenerbe. As escavacións non atopan probas que refuten a hipótese do lugar de culto, idea apoiada pola propaganda nazi, tras o cal o Ministro de Interior Heinrich Himmler detén a publicación dos resultados científicos.

Os estudos despois de 1993 recuperan o material das escavacións deste período, 1934/35, e a arqueóloga Uta Halle emprega estes resultados para facer unha documentación histórica dos usos máis recentes do Externsteine pola política e cultura alemá, onde se citan a reunión de grupos neo-pagáns, neo-nazis e un incremento do turismo ordinario até os 50.000 visitantes ao día.[3]

Notas

  1. "Externsteine" Arquivado 12 de maio de 2020 en Wayback Machine.(en alemán)
  2. "Externsteine"(en alemán)
  3. Gazin-Swartz, Cornelius; Holtorf, Amy (1999). Archaeology and Folklore (en inglés). Routledge. pp. 154–6. ISBN 0-203-98384-X.