Google Play: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 164: Liña 164:
=== Dispoñibilidade para desenvolvedores ===
=== Dispoñibilidade para desenvolvedores ===


Nun primeiro momento só os desenvolvedores no [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Reino Unido]] tiñan soporte para publicar aplicacións de pago. Actualmente Google aumentou esa lista con [[País|países]] como [[Austria]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Italia]], [[España]] e [[Países Baixos]]. Polo contrario a lista de países con dispoñibilidade de desenvolvedores que poden distribuir [[Aplicación móbil|aplicacións]] gratuítas é: [[Australia]], [[Austria]], [[República Checa]], [[República Dominicana]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Italia]], [[Países Baixos]], [[Polonia]], [[Singapur]], [[España]], [[Reino Unido]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Venezuela]].
Nun primeiro momento só os desenvolvedores no [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Reino Unido]] tiñan soporte para publicar aplicacións de pago. Actualmente Google aumentou esa lista con [[País|países]] como [[Austria]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Italia]], [[España]] e [[Países Baixos]]. Polo contrario, a lista de países con dispoñibilidade de desenvolvedores que poden distribuir [[Aplicación móbil|aplicacións]] gratuítas é: [[Australia]], [[Austria]], [[República Checa]], [[República Dominicana]], [[Francia]], [[Alemaña]], [[Italia]], [[Países Baixos]], [[Polonia]], [[Singapur]], [[España]], [[Reino Unido]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Venezuela]].


== Competencia e aliados ==
== Competencia e aliados ==

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2020 ás 22:00

Google Play
Desenvolvedor(es)Google
Publicación inicial22 de outubro de 2008
Última versión20.9.10
(9 de xullo de 2020; hai 3 anos (2020-07-09))
Estado de desenvolvementoCon soporte.
Sistema operativoAndroid.
Plataforma/sAndroid, Android TV, Wear OS, Chrome OS, Web.
Lingua/sVarias.
Galego: OK
LicenzaPropietaria.
Sitio webplay.google.com/store/apps?hl=gl

Google Play (anteriormente Android Market) é unha plataforma de distribución dixital de aplicacións móbiles para os dispositivos con sistema operativo Android, así como unha tenda en liña desenvolvida e operada por Google. Esta plataforma permítelles aos usuarios navegar e descargar aplicacións (desenvolvidas mediante Android SDK), xogos, música, libros, revistas e películas. Tamén se poden adquirir[1] dispositivos móbiles como ordenadores Chromebook, teléfonos intelixentes Nexus, Google Chromecast, entre outros.

As aplicacións atópanse dispoñibles de balde, así como tamén previo pago. Poden ser descargadas directamente dende un dispositivo con Android a través da aplicación móbil Play Store. É posible así mesmo instalar as aplicacións directamente e sen necesidade dunha computadora, en dispositivos con sistema operativo BlackBerry 10.[2]

En marzo de 2012, coa fusión de Android Market con Google Music, o servizo foi renomeado como Google Play, como resultado da nova estratexia de distribución dixital de Google. En xullo do 2013, anunciouse que Google Play excedera o millón de aplicacións publicadas e que se contabilizaran máis de 50 mil millóns de descargas.

Contidos

Aplicacións

Os usuarios teñen a posibilidade de instalaren aplicacións a través do sitio web do desenvolvedor ou mediante tendas de distribución dixital alternativas. Estas poden ou ben ser actualizadas automaticamente se o usuario así o establece, ou ben manualmente unha a unha.

O 17 de marzo de 2009, arredor de 2 300 aplicacións estaban dispoñibles en Android Market, de acordo co director técnico de T-Mobile Cole Brodman. O 10 de maio de 2011, durante Google I/O, Google anunciou que en Android Market figuran 200 000 aplicacións e que foron instaladas 4 500 000 000 veces.

Ano Mes Aplicacións
dispoñibles
Descargas ata a data
2009 Marzo 2 300
Decembro 16 000[3]
2010 Marzo 30 000[4]
Abril 38 000[5]
Agosto 80 000[6][7] 1 000 millóns
Outubro 38 000[8]
2011 Maio 200 000 4 500 millóns[9]
Xullo 250 000[10] 6 000 millóns
Outubro 319 000[11]
Decembro 380 297[12] 10 000 millóns[13]
2012 Xaneiro 400 000[14]
Outubro 675 000[15]
2013 Xaneiro 800 000[16]
Xullo 1 000 000[17] 50 000 millóns[18]

Play Libros

Play Libros[19] é unha aplicación móbil que permite ler libros electrónicos. Foi desenvolvida por Google en febreiro de 2011 e ofrece máis de catro millóns de títulos que poden ser adquiridos a través de Google Play. Os libros adquiridos son almacenados na nube, con acceso directo na aplicación ou a través da web. Os usuarios poden almacenar máis de 1 000 ficheiros sen custo, sempre que cada ficheiro non supere os 50 MB de espazo.

O 15 de maio de 2013 actualizouse Play Libros engadindo a posibilidade de que os usuarios poidan subir ficheiro en formato PDF e EPUB. Play Libros atópase actualmente dispoñible en 44 países[20].

Play Xogos

Play Xogos é un servizo e aplicación desenvolvidos para Android, iOS e para web que engade a opción de multixogador en tempo real, logros, táboa de posicións e de gardar información na nube dos xogos que sexan compatibles co servizo. Foi presentado no Google I/O de 2013, e a aplicación foi lanzada o 24 de xullo dese mesmo ano no evento chamado "Breakfast with Sundar Pichai".

Play Newsstand

Google Play ofrece a posibilidade de subscribirse a revistas e diarios de noticias nalgúns países, entre os que están os Estados Unidos, Australia, o Canadá e o Reino Unido, isto a través das aplicacións Google Currents e Play Magazines. O 20 de novembro de 2013, Play Magazines e Google Currents fusionáronse dando lugar a Play Newsstand, aplicación que combina os servizos de ambas as aplicacións nun só produto.

Play Música

Play Música é un servizo de almacenamento e sincronización de música na nube, así como tamén unha tenda musical en liña lanzada en 2011, tras anunciala oficialmente durante a conferencia de desenvolvedores Google I/O do 10 de maio de 2011. O servizo permite o almacenamento gratuíto de cancións propias ata un total de 50 000, que ao sincronizárense na nube serán accesibles desde calquera punto. Tamén permite escoitar música a través de streaming, servizo que se ofrece mediante subscrición.

O servizo é accesible vía navegador, cliente de escritorio e smartphones con Android, aínda que tamén se pode acceder[21] desde outros sistemas operativos móbiles sempre e cando soporten Adobe Flash.

Aplicación Play Store

Historia

Google creou Android Market o 28 de agosto de 2008 e púxoo á disposición dos usuarios o 22 de outubro de 2008. Introduciuse soporte para as aplicacións de pago o 13 de febreiro de 2009 para os desenvolvedores dos Estados Unidos e do Reino Unido, coa axuda adicional de 29 países o 30 de setembro de 2010.

O 6 de marzo de 2012, o servizo foi relanzado cunha nova aparencia, así como cun novo nome, chamándose agora Google Play e contando nese momento con máis de 450 000 aplicacións dispoñibles[22]. A partir dese momento, os aparatos que non pudieran actualizar Android Market a Google Play deixaron de acceder ás novas aplicacións.

Clasificación de aplicacións

Google Play, igual que o seu competidor App Store, ten un sistema de clasificación por idades, aínda que desde o 8 de xuño de 2015 as apps son clasificadas por sistemas de clasificación por idades de diferentes rexións e países, sempre e cando non colidan con normas como ESRB ou PEGI.

  • Para todos: contido sen restricións de idade (equivale a 4+ de App Store).
  • Madurez baixa: recomendado para maiores de 6 o 7 anos (equivale a 9+ de App Store).
  • Madurez media: Recomendado para maiores de 12 anos (equivale a 12+ de App Store).
  • Madurez alta: Recomendado para maiores de 17 anos (equivale a 17+ de App Store).

Tamén existe a clasificación que se lles dá ás apps exentas de clasificación, introducida en 2015.

Interface

Google Play ten un acceso fácil e rápido ás súas aplicacións. Estas son creadas por desenvolvedores de todo o mundo e posteriormente puntuadas polos usuarios de Android.

O menú ten as seguintes opciones:

  • Mostrado: avanza polos iconas da parte superior para ver as aplicacións mostradas.
  • Aplicacións: examina todas as aplicacións ou busca aplicacións por categorías.
  • Xogos: examina todos os xogos ou busca xogos por categorías.
  • Busca: busca aplicacións en Google Play.
  • As miñas descargas: visualiza as aplicacións que están instaladas no dispositivo.

As categorías de xogos e aplicacións do menú principal proporcionan submenús para que a busca sexa máis sinxela. Os usuarios teñen a posibilidade de valorar as aplicacións cunha escala de 1 a 5 estrelas; tamén ofrece a posibilidade de poñer comentarios sobre a aplicación. Os desenvolvedores que publiquen as súas aplicacións poden engadir capturas de pantalla e vídeos.

Desenvolvedores

A gran novidade que achega Google Play atangue aos desenvolvedores: estes serán capaces de facer o seu contido dispoñible nun servizo aberto, o servizo de Google que ofrece unha retroalimentación e un sistema de cualificación similar a YouTube. Os desenvolvedores terán un contorno aberto e sen obstáculos para poñeren a disposición o seu contido; este pode subirse ao mercado en tres pasos: rexistrarse como comerciante, subir e describir o seu contido e publicalo. Para rexistrarse como desenvolvedor e subir aplicacións hai que pagar unha cota de rexistro (US$ 25,00) con tarxeta de crédito (mediante Google Checkout).

Os desenvolvedores das aplicacións de pago reciben un 70 % do prezo total da aplicación, mentres que o 30 % restante é destinado ás empresas. O beneficio obtido de Google Play págaselles aos desenvolvedores a través das suás contas no sistema Google Checkout.

Dispoñibilidade para desenvolvedores

Nun primeiro momento só os desenvolvedores no Estados Unidos e Reino Unido tiñan soporte para publicar aplicacións de pago. Actualmente Google aumentou esa lista con países como Austria, Francia, Alemaña, Italia, España e Países Baixos. Polo contrario, a lista de países con dispoñibilidade de desenvolvedores que poden distribuir aplicacións gratuítas é: Australia, Austria, República Checa, República Dominicana, Francia, Alemaña, Italia, Países Baixos, Polonia, Singapur, España, Reino Unido, Estados Unidos e Venezuela.

Competencia e aliados

As dúas principais plataformas de móbiles son App Store de Apple e Google Play de Google, pero tamén hai outras como Samsung Apps de Samsung, AppGallery de Huawei, Nokia Store de Nokia, Market Place de Toshiba App, App World[23] de Blackberry, Tenda Windows[24] de Microsoft, App Store de Amazon, Palm App Catalog e SlideME.

O desenvolvemento de aplicacións para o iPhone non está sendo de fácil acceso como consecuencia da política de admisión de aplicacións de Apple, que é moi restrictiva. En cambio, Google Play non fai tantas excepcións coas aplicacións, aceptando todas, propias ou de desenvolvedores, grazas á súa ferramenta Android SDK.

Polo que se refire ao número de descargas, Google Play superou a App Store en número de descargas desde xuño de 2013 e en 2014 conseguiu superar en número de aplicacións ofrecidas desde Google Play a App Store, a tenda de Apple. En España, a evolución de Google Play parece ser mellor comparada co nivel mundial. Ademais, é posible instalar aplicacións directamente no dispositivo, e disponse do arquivo APK da aplicación.

Seguridade

Google reportou que no 2015 procedeu a escanear 6000 millóns de aplicacións cada día na busca de elementos potencialmente daniños (Potential Harmful Apps), detectando 0,15 % de aplicacións nesta categoría, as cales foron retiradas da tenda de aplicacións. A porcentaxe aumentou ao 0,5 % cando se incluíron aplicacións non instaladas a través de Google Play. Estas porcentaxes foron relativamente estables ao longo dos anos. Entre as súas políticas para promover a seguridade, Google incorporou a encriptación de discos e a oferta de recompensas a quen atope fallos na distribución das aplicacións[25]. Ademais, a constante actualización da propia aplicación de Play Store retira os posibles bugs e fallos xerados nos novos terminais; desta forma, está en constante cambio para mellorar a seguridade da propia plataforma[26].

Problemas de patentes

Google Play podería estar patentado baixo a patente estadounidense 6857067. Os desenvolvedores que usan Google Play están sendo demandados[27].

Notas

  1. "Países nos que está dispoñible o servizo". Google Support (en español). Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  2. "SNAP Google Play Store para BlackBerry 10 Actualizado a v2.0.0.2". Berry Review (en inglés). 6 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  3. "Google: en realidade, só contamos con 16 000 aplicacións en Android Market". TechCrunch (en inglés). 16 de decembro de 2009. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  4. "Android Market ten 30 000 aplicacións, máis ou menos" (en inglés). 18 de marzo de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  5. "Android Market ahora ten 38 000 alicacións". Android Central (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  6. "Android Market ten máis de 80 000 aplicacións, dice Rubin de Android". Android Central (en inglés). 9 de setembro de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  7. "Android Market chega a mil millóns de descargas, 100 000 aplicacións" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2018. Consultado o 20 de abril de 2016. 
  8. "Android Market ten 100 000 aplicacións". Android Central (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  9. "Google: 3 mil millóns de aplicacións de Android instaladas; Descargas ata 50 por cento desde o último trimestre". Techcrunch (en inglés). 14 de abril de 2011. Consultado o 13 de maio de 2011. 
  10. "Android Market agora ten máis dun carto de millón de aplicacións". Android Central (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2011. 
  11. "Android Market alcanza a marca de 500 000 aplicacións". T3 (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2011. 
  12. "Google Android Market". Distimo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  13. "10 mil millóns de descargas de aplicacións de Android de Google: por números". Wired (en inglés). 18 de agosto de 2011. Consultado o 13 xullo de 2020. 
  14. "Android Market supera as 400 000 aplicacións" (en inglés). Green Bot. 4 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  15. "Google Play alcanza as 675 000 aplicacións". iPadizate (en español). 26 de setembro de 2012. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  16. Ojeda, Alberto Guillén (4 de xullo de 2014). "Google Play supera á App Store con 800 000 aplicacións dispoñibles". Andro4all (en español). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  17. "Google Play xa ten un millón de aplicacións no seu catálogo". La Nación (en español). 25 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  18. Caballero, Alejandro (4 de xullo de 2014). "Google Play segue batendo récords e alcanza as 50.000 millóns de descargas". Andro4all (en español). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  19. "Google agrega libros electrónicos a Android Market". CNET (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  20. "Dispoñibilidade por país das apps e o contido dixital de Google Play". Soporte Google (en español). Consultado o 13 de xullo de 2020. 
  21. "Music Beta de Google se lanzará sen licenzas". PC World (en inglés). 10 de maio de 2011. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  22. "Presentamos Google Play: todo o teu entretenimiento, onde sexa que vayas". Google Blog (en inglés). 6 de marzo de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2020. 
  23. "Tenda de Blackberry" (en español). Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  24. "Tenda de Microsoft". Microsoft (en inglés). Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  25. "Watchdog de malware: isto é o que fai Google para mantener os dispositivos Android sen infectar". Digital Trends (en inglés). 19 de abril de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  26. "Google melloró a seguridade do Play Store na versión 7.0.16". Descargarvip (en español). Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  27. "Troll de patentes loco demandando a desenvolvedores para publicar aplicacións en Google Play". TechnoBuffalo (en inglés). 7 de xuño de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazons externas