Gregorio Ferro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 10: Liña 10:
{{Galería
{{Galería
|File:La Virgen con el Niño y San Juanito, Gregorio Ferro.jpg|''A Virxe co Neno e San Xoaniño''.
|File:La Virgen con el Niño y San Juanito, Gregorio Ferro.jpg|''A Virxe co Neno e San Xoaniño''.
|File:Alegoría del nacimiento del infante Carlos Clemente (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando).jpg|''Alegoría do Nacemento do infante Carlos Clemente ''.
|File:Alegoría del nacimiento del infante Carlos Clemente (Real Academia de Bellas Artes de San Fernando).jpg|''Alegoría do Nacemento do infante Carlos Clemente''.
|Ficheiro:San Sebastián, Gregorio Ferro.jpg|''Martirio de San Sebastián''.
|Ficheiro:San Sebastián, Gregorio Ferro.jpg|''Martirio de San Sebastián''.
|File:San Diego de Alcalá, Gregorio Ferro.jpg|''San Diego de Alcalá''.
|File:San Diego de Alcalá, Gregorio Ferro.jpg|''San Diego de Alcalá''.

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2020 ás 20:09

Gregorio Ferro
Nacemento24 de decembro de 1742
Lugar de nacementoLamas
Falecemento23 de xaneiro de 1812
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterReal Academia de Belas Artes de San Fernando
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

Gregorio Ferro Requeijo, nado en Lamas (Boqueixón) o 24 de decembro de 1742 e finado en Madrid o 22 de xaneiro de 1812, foi un pintor galego.

Traxectoria

Nado no seo dunha familia da fidalguía local de Boqueixón, os seus primeiros anos vense truncados en 1750 coa morte da súa nai e o novo casamento do seu pai. Trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou como servinte ou "rapaz de sancristía", no mosteiro de San Martiño Pinario, onde tivo os seus primeiros contactos coa pintura. Axudado por un sacerdote vinculado á familia trasladouse a Madrid con quince anos, e entrou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando da man de Anton Raphael Mengs. Despois marchou a Roma a completar a súa formación e alí gaño varios premios. Obtivo unha pensión da Academia que foi mellorada polo seu mentor, Mengs, do seu peto. Antes de marchar a Roma xa realizara algúns debuxos para a Corte, sendo elixido en 1781 Académico de San Fernando grazas a un cadro do Martirio de San Sebastián. En 1788 foi nomeado Tenente Director da Academia en substitución de Francisco Bayeu, para pasar a ser o seu Director de Pintura en 1791 logo da renuncia de Francisco de Goya. En outubro de 1804 a Academia propúxoo como Director, nomeamento aprobado polo Rei Carlos IV o 4 de novembro. Nunca chegou ao posto de Pintor de Cámara, quizais pola dura competencia da época.

Realizou moitas obras nos Reales Sitios e Palacios, en especial en Madrid e Aranjuez, incluíndo varios frescos no Palacio Real e diversos cadros de temática relixiosa en igrexas da Corte, ademais de outras obras menores na zona de Murcia, provincia de Cuenca e Galicia sobre todo.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía