Pilar García Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
→‎Premios: premio
Liña 121: Liña 121:
* Premio [[AELG]] na modalidade de ensaio no [[2011]], por ''O clamor da rebeldía''.
* Premio [[AELG]] na modalidade de ensaio no [[2011]], por ''O clamor da rebeldía''.
* Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013, por ''Cantares gallegos hoxe''.
* Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013, por ''Cantares gallegos hoxe''.
* Premio Insua dos Poetas 2020.<ref>{{Cita web|título=Os premios Ínsua dos Poetas recoñecen Pilar García Negro, Sés e o persoal sanitario. Axenda cultural AELG|url=https://axendacultural.aelg.gal/2020/07/17/os-premios-insua-dos-poetas-reconecen-pilar-garcia-negro-ses-e-o-persoal-sanitario/|data-acceso=2020-07-17|lingua=gl-ES|apelidos=asociacionescritoras-es|páxina-web=}}</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2020 ás 17:18

Pilar García Negro
Nome completoMaría Pilar García Negro
Nacemento9 de outubro de 1953
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritora e política
Xénerosensaio,
Na rede
AELG: 212
editar datos en Wikidata ]
Mª Pilar García Negro
Pilar García Negro
Pilar García Negro

1989 – 2003

Datos persoais
Nacemento 9 de outubro de 1953 (70 anos) Lugo Galicia
Partido BNG
Profesión Profesora, escritora, política
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Residencia A Coruña

Na rede
AELG: 212

María del Pilar García Negro, nada o 9 de outubro de 1953 en Lugo, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.

Traxectoria profesional

Estudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.

Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.

Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle "Leccións de Literatura e de Lingua" con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.

Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.

Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988). É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004 é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.

Traxectoria política

Foi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. Durante ese período destacou por ser unha das principais defensoras da legalidade do topónimo galego da cidade da Coruña fronte os recursos nos tribunais do daquela alcalde da cidade, Francisco Vázquez, para manter a oficialidade de dito topónimo en español.[1]

En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde público logo dun pleno, celebrado en 2004[2], no Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade.[3][4]

Obra

Ensaio

Edicións e estudos

Pilar García Negro e Queremos Galego.

Traducións

  • Rosalía de Castro. Notas biográficas, de Augusto González Besada (2004, A Nosa Terra).
  • Idioma e poder social, de Rafael L. Ninyoles (2005, Laiovento). Tradución con Antonio Molexón Domínguez.

Obras colectivas

Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980.

Premios

  • XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco no 2010, por O clamor da rebeldía.
  • Premio AELG na modalidade de ensaio no 2011, por O clamor da rebeldía.
  • Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013, por Cantares gallegos hoxe.
  • Premio Insua dos Poetas 2020.[6]

Notas

  1. "García Negro llama jeta a Vázquez por no respetar el topónimo". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-10-05. Consultado o 2017-06-25. 
  2. Pereiro, Xosé Manuel (2004-11-03). "El Ayuntamiento coruñés aprueba usar La Coruña de modo oficial". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  3. Alberto Mahía (2006-03-09). "Los juzgados por insultar a Vázquez en un pleno se sienten perseguidos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  4. Alberto Mahía (2006-04-27). "Condenados tres militantes nacionalistas por insultar a Francisco Vázquez en un pleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 
  5. Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas
  6. asociacionescritoras-es. "Os premios Ínsua dos Poetas recoñecen Pilar García Negro, Sés e o persoal sanitario. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-07-17. 

Véxase tamén

Ligazóns externas