Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Walter Schottky»

arranxiños
(arranxiño)
(arranxiños)
Fillo do [[matemático]] [[Friedrich Schottky]], estudou [[física]] na [[Universidade Humboldt de Berlín]] e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de [[Max Planck]], que dirixiu súa [[tese de doutoramento]]. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa [[Siemens AG]] (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).
 
Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tetrodotétrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos diodosdíodos Schottky.
 
Foi galardoado en [[1936]] coa medalla Hughes, concedida pola [[Royal Society]] «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tetrodotétrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas».​ O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.
 
En [[1964]] recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semiconductores.
35.333

edicións