Walter Schottky: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª edición con info. da wiki en castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2020 ás 22:08

Infotaula de personaWalter Schottky

Foto de Walter Hermann Schottky contra 1920
Nome orixinalWalter Hermann Schottky
Biografía
Nacemento23 de xullo de 1886
Zúric, Suíza
Morte4 de marzo de 1976
Forchheim, Baviera, Alemaña
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Formación profesionalDoutor en Física
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Wurzburgo
Director de teseMax Planck e Heinrich Rubens (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica do estado sólido (pt) Traducir, física, enxeñaría eléctrica, Electrónica, Semicondutor, electron emission (en) Traducir e Investigación e Desenvolvemento Editar o valor em Wikidata
OcupaciónFísico, inventor, profesor universitario e enxeñeiro
EmpregadorUniversidade de Jena)
Siemens AG
Universidade de Wurzburgo
Universidade de Rostock
Siemens AG
ProfesoresMax Planck Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFriedrich Schottky
IrmánsErnst Max Schottky Editar o valor em Wikidata
Premios
Medalla Hughes (1936)
Medalla Carl Friedrich Gauss (1962)
Werner-von-Siemens-Ring (1964)

Walter Hermann Schottky, nado o 23 de xullo de 1886 en Zúric, Suiza e fin ado o 4 de marzo de 1976 en Forchheim, Baviera, Alemaña foi un físico alemán.

Traxectoria

Fillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).

Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tetrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos diodos Schottky.

Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tetrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas».​ O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.

En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semiconductores.