Coruxo Fútbol Club: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Actualizo
Etiqueta: edición de código 2017
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 46: Liña 46:
* '''Tempadas en [[Primeira división española|1ª]]:''' 0
* '''Tempadas en [[Primeira división española|1ª]]:''' 0
* '''Tempadas en [[Segunda división española|2ª]]:''' 0
* '''Tempadas en [[Segunda división española|2ª]]:''' 0
* '''Tempadas en [[Segunda división B española|2ªB]]:''' 9
* '''Tempadas en [[Segunda división B española|2ªB]]:''' 11
* '''Tempadas en [[Terceira división española|3ª]]:''' 23
* '''Tempadas en [[Terceira división española|3ª]]:''' 23
* '''Mellor posto na liga:''' 8º (tempadas [[Segunda división B española 2014/15|2014-15]] e [[Segunda división B española 2016/17|2016/17]])
* '''Mellor posto na liga:''' 5º (tempada [[Segunda división B española 2019/20|2019-20]])
* '''Promocións de ascenso a [[Segunda división B española|Segunda B]]:''' 4 (1 ascenso)
* '''Promocións de ascenso a [[Segunda división B española|Segunda B]]:''' 4 (1 ascenso)
* '''Participacións na [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]]''': 1 ([[2007]]-[[2008|08]])
* '''Participacións na [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]]''': 1 ([[2007]]-[[2008|08]])
Liña 268: Liña 268:
|style="background:#BF8D5B;"|[[Segunda división B española 2019/20|2019/20]]
|style="background:#BF8D5B;"|[[Segunda división B española 2019/20|2019/20]]
|style="background:#BF8D5B;"|[[Segunda División B Española|2ªB]]
|style="background:#BF8D5B;"|[[Segunda División B Española|2ªB]]
|style="background:#BF8D5B;"|
|style="background:#BF8D5B;"|
|-
|style="background:#BF8D5B;"|[[Segunda división B española 2020/21|2020/21]]
|style="background:#BF8D5B;"|[[Segunda División B Española|2ªB]]
|style="background:#BF8D5B;"|
|}
|}
|}
|}

Revisión como estaba o 3 de xullo de 2020 ás 11:20

Coruxo
NomeCoruxo Fútbol Club
Fundación1930
EstadioO Vao,
Vigo, Galicia
Capacidade1.500
PresidenteGalicia Gustavo Falque
AdestradorGalicia Míchel Alonso
Liga2ªB – Grupo 1
2018–1910º
VestimentaZico
PatrocinadorDeputación de Pontevedra[1][2]
Na rede
http://www.coruxofc.com/
Facebook: 100063749191092 Twitter: CoruxoFCoficial Instagram: coruxo_fc_oficial Editar o valor em Wikidata
Titular

O Coruxo Fútbol Club é o equipo de fútbol galego da parroquia de Coruxo, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1930, xoga na Segunda División B desde a tempada 2010-11. O seu campo de fútbol é o campo do Vao, cunha capacidade para 1.500 espectadores.

Campo do Vao.

Historia

O club nace en 1930 tras fusionarse con outro equipo da zona, o Mirambel, para formar un conxunto que disputase varios torneos locais en Vigo e arredores, sendo o primeiro presidente do novo equipo Eduardo Costas Costas. A partir da fusión o equipo nútrese de xogadores da parroquia de Coruxo e arredores, e establécese un estadio para o Coruxo na Xunqueira do Vao. A súa primeira competición foi un torneo rexional, a Liga do Val Miñor.

O club sofre un parón durante a guerra civil española e non regresará ata 1945, cando todos os membros da xunta directiva con Eduardo Costas como presidente reúnen os medios para renovar a actividade do club. En 1947, o equipo pasa a estar federado pola Federación Española de Fútbol e comeza a competir de forma profesional. Posteriormente iría inscribindo a outros equipos de categorías inferiores.

Na súa longa historia xogou en numerosas ocasións en Terceira división, pero tamén viviu épocas máis escuras nas categorías inferiores do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional). Destaca en especial a súa década dos anos sesenta, onde estivo en Terceira división durante oito tempadas consecutivas, dende 1959 ata 1967, e cando esa categoría era en realidade a terceira e non a cuarta, como na actualidade. Tamén estivo en Terceira entre 1984 e 1990, nas tempadas 1991-92 e 1995-96 e dende 2003 ata 2009. O seu mellor resultado foi na tempada 2006-07, cando quedou subcampión da categoría.

Disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B en tres ocasións:

  • En 2005, cando perdeu contra o Real Oviedo por 0-0 e 1-0, en primeira rolda[3].
  • En 2007, cando perdeu contra o Toledo por 2-0 e 2-2, en primeira rolda[4].
  • En 2008, cando perdeu contra o Alzira por 0-2 e 2-2, en primeira rolda[5].

Finalmente, na tempada 2009-10 logra o seu primeiro ascenso a Segunda División B tras gañar a AD Parla, SD Oyonesa e La Roda CF nas respectivas eliminatorias. Na súa primeira tempada na nova categoría consegue a permanencia na última xornada acabando na 14ª posición, logo dunha tempada regular na que só ocupou posicións de descenso na 2ª xornada. Na tempada 2011-12 acaba en 11ª posición. Nas seguintes tempadas mantívose na zona media da táboa sendo as súas mellores clasificacións os dous oitavos postos logrados na 2014/15 e na 2016/17. Con todo, na tempada 2017/18 rematou en 16º lugar, o que obrigou ao equipo a xogar a promoción de permanencia contra o Mérida AD, logrando superar a eliminatoria pola regra do gol en campo contrario tras empatar 2-2 no Estadio Romano e 0-0 no Vao.[6]

En novembro de 2019, con Míchel Alonso como adestrador,[7] o Coruxo conseguiu unha histórica clasificación por primeira vez para a Copa do Rei,[8] ao lograr meterse nas semifinais da Copa Federación, tras eliminar no Estadio Helmántico ao Salamanca na quenda de penaltis cunha actuación estelar do porteiro xuvenil de 18 anos Pablo Brea, que parou tres dos lanzamentos dende os nove metros.[9] A eliminatoria da Copa do Rei, correspondente á primeira ronda, xogouse a partido único o 17 de decembro no Campo do Vao, fronte ao CD Mirándés, de Segunda División. No minuto 92 o Coruxo gañaba por 4-3, cando o árbitro sinalou un polémico penalti a favor do Mirandés, co que estes empataron o partido e forzaron a prórroga.[10][11] Acto seguido o colexiado expulsou a José Barril e Borja Yebra, polo que o equipo local tivo que afrontar o tempo extra con 9 xogadores. Finalmente o Mirandés marcou o 4-5 no minuto 118 e apeou ao Coruxo da competición.[12] A actuación arbitral foi duramente criticada tanto polo adestrador como polo propio club.[13][11]

Uniforme

  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta braquivermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Datos do club

Historial na liga

Tempada Categoría Posto
de 30-31 Rexional
a 58-59 Rexional
1959/60 10º
1960/61 13º
1961/62 11º
1962/63 13º
1963/64 14º
1964/65
1965/66 13º
1966/67 15º
de 67-68 Rexional
a 83-84 Rexional
Tempada Categoría Posto
1984/85 14º
1986/87 20º
1987/88
1988/89 16º
1989/90 18º
1990/91 Rex. Pref.
1991/92 19º
1992/93 Rex. Pref.
1993/94 Rex. Pref.
1994/95 Rex. Pref.
1995/96 20º
1996/97 Rex. Pref.
Tempada Categoría Posto
1997/98 Rex. Pref.
1998/99 Rex. Pref.
1999/00 Rex. Pref. 10º
2000/01 Rex. Pref.
2001/02 Rex. Pref. 12º
2002/03 Rex. Pref.
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07
2007/08
2008/09
Tempada Categoría Posto
2009/10
2010/11 2ªB 14º
2011/12 2ªB 11º
2012/13 2ªB
2013/14 2ªB 15º
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB 14°
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB 16°
2018/19 2ªB 10º
2019/20 2ªB
2020/21 2ªB

Adestradores

Palmarés

Notas

  1. Tras conseguir el empate, el Celta fue de menos a más en un partido entretenido Arquivado 18 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Web do Coruxo FC, 11/8/2010.
  2. Coruxo F.C. que jugó ante el Caselas en el campo sintético de Salvaterra[Ligazón morta], Web do Coruxo FC, 1/8/2010.
  3. [1][Ligazón morta], Futbolme.com
  4. [2][Ligazón morta], Futbolme.com
  5. [3][Ligazón morta], Futbolme.com
  6. "El Coruxo despierta de su pesadilla" (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  7. "Míchel Alonso, novo adestrador do Coruxo". Faro de Vigo. 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  8. "O Coruxo apela á ilusión ante a súa histórica cita de Copa". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  9. "O Coruxo logra unha histórica clasificación para a Copa do Rei". TVG. 7 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  10. "Acusan de tongo en el Coruxo-Mirándés al árbitro que suspendió el Rayo-Albacete" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  11. 11,0 11,1 "El árbitro de la suspensión del Rayo-Albacete, en el ojo del huracán por dos penaltis en el Coruxo-Mirandés de Copa" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  12. "Agónico triunfo del Mirandés que necesitó de la prórroga en Vigo... y gracias". Marca (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  13. "Michel Alonso: "Soy claro, el Mirandés pasó gracias al árbitro"". Faro de Vigo (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Segunda División B1