Constancio I Cloro: Diferenzas entre revisións
engado táboa |
Categoría |
||
Liña 23: | Liña 23: | ||
[[Categoría:Emperadores romanos]] |
[[Categoría:Emperadores romanos]] |
||
[[Categoría:Dinastía Constantiniana]] |
|||
[[Categoría:Nados en 243]] |
[[Categoría:Nados en 243]] |
||
[[Categoría:Finados en 306]] |
[[Categoría:Finados en 306]] |
Revisión actual feita o 2 de xullo de 2020 ás 10:11
Marcus Flavius Valerius Constantius, nado en Salona, Espalato, na Dalmacia no 243, pasou á historia coma Constancio I Cloro, a causa da súa palidez.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Da súa xuventude sábese pouco. No ano 272 casa con Helena, beatificada despois coma Santa Helena, nai do futuro emperador Constantino I o Grande. Poucas cousas se saben de certo da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón Coel Hen ou filla dunha concubina.
O 1 de marzo do ano 293 foi nomeado César de occidente por Maximiano. Foi o elixido pola súa competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de Britania e a Galia. Repudiara a Helena e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano 289.
No ano 296, na Britania rebélase Carausio, e proclámase emperador. Toma as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio lógrao derrotar, pero non nunha batalla definitiva, pero Carausio morre a mans do seu lugartenente Alecto. Pouco despois este é derrotado por Constancio, que se fai co control da Britania.
No ano 298 vence aos alamáns en Lingones e fai reforzar toda a fronteira do Rhin. No ano 305, despois da abdicación de Maximiano, é nomeado augustus, pero morre en Eboracum (York) no ano 306 nunha expedición contra os pictos. As lexións elixen ao seu fillo Constantino coma César.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maximiano |
Constancio I Cloro | Precede a: Galerio |
Segunda Tetrarquia |