Bastavales, Brión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m engadir notas (via JWB)
m engadir ref (via JWB)
Liña 12: Liña 12:
|provincia = A Coruña|preposición1 = da |entidades = 24
|provincia = A Coruña|preposición1 = da |entidades = 24
}}
}}
'''San Xulián de Bastavales''' é unha parroquia que se localiza no leste do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Brión]] na [[comarca de Santiago]]. Segundo o [[IGE]] en [[2018]] tiña 1 397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1 382 habitantes.
'''San Xulián de Bastavales'''<ref name=nomenclátor/> é unha parroquia que se localiza no leste do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Brión]] na [[comarca de Santiago]]. Segundo o [[IGE]] en [[2018]] tiña 1&nbsp;397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 1&nbsp;382 habitantes.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 30 de xuño de 2020 ás 12:21

Coordenadas: 42°52′0″N 8°40′42″O / 42.86667, -8.67833

San Xulián de Bastavales
ConcelloBrión[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639Coordenadas: 42°49′19″N 8°39′50″O / 42.822, -8.6639{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área14,4 km²
Poboación1.397 hab. (2018)
Densidade97,01 hab./km²
Entidades de poboación24[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Bastavales[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2018 tiña 1 397 habitantes (649 homes e 748 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Historia

Segundo a mitoloxía popular no castro de Beca tiña a súa residencia a Raíña Lupa na época en que o Apóstolo Santiago foi enterrado en Compostela. Este castro Lupario, ou castro de Beca, puido ser a capital da tribo prerromana dos Amaeos, pertencente ao pobo dos Caparos.

En San Xulián de Bastavales publicouse entre 1932 e 1933 o periódico O Vencello Mahián, centrado no Sindicato Agrícola da parroquia.

No arquivo parroquial gárdanse os escritos do párroco José Pumar Gándara, que polos anos 60 e 70 escribiu unha Historia Inédita de Bastavales, 12 tomos encadernados en pel nos que trata tamén temas como a etnoloxía ou léxico do lugar.

Patrimonio

A igrexa parroquial foi construída na metade do século XVII sobre un templo románico anterior, mencionada no poema de Rosalía de Castro "Campanas de Bastavales", do libro Cantares Gallegos.

Campanas de Bastavales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
Elas tocan pra que rece;
penso que por min chamades,
E das entrañas me doio
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
solo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de San Xulián de Bastavales

Lugares da parroquia de Bastavales no concello de Brión (A Coruña)

Babenzo | Bastavaliños | Beca | Bemil | Casaldoeiro | Caxusa | Chave de Carballo | Chave de Ponte | Coruxido | Fontao | A Igrexa | Osebe | O Outeiro | Reboredo Grande | Romarís | O Rubial | Sabaxáns | Saíme | Soigrexa | A Telleira | Valiño | Vidaloíso | Vilas | Xinzo

Parroquias de Brión

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Brión

Os Ánxeles (Santa María) | Bastavales (San Xulián) | Boullón (San Miguel) | Brión (San Fins) | Cornanda (Santa María) | Luaña (San Xulián) | Ons (Santa María) | San Salvador de Bastavales (San Salvador) | Viceso (Santa María)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas