Sardiñeiro, Fisterra: Diferenzas entre revisións
m engadir provincia da Coruña (via JWB) |
m engadir notas (via JWB) |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
=== Parroquias de Fisterra === |
=== Parroquias de Fisterra === |
||
{{Fisterra}} |
{{Fisterra}} |
||
== Notas == |
|||
{{Listaref}} |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
Revisión como estaba o 29 de xuño de 2020 ás 23:43
Coordenadas: 42°56′52″N 9°14′20″O / 42.94778, -9.23889
Sardiñeiro | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Fisterra[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°56′33″N 9°14′01″O / 42.94236558, -9.23362255Coordenadas: 42°56′33″N 9°14′01″O / 42.94236558, -9.23362255{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Poboación | 742 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Sardiñeiro é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Fisterra. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 742 habitantes (359 mulleres e 383 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 897 habitantes.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de estilo barroco-neoclásico. A súa construción iniciouse en 1774, sufrindo reformas e ampliacións no século XIX.
A súa planta é de salón, con muros grosos e unha soa nave. Ten tres portas de acceso á nave. A fachada actual é neoclásica, conservando do estilo barroco a moldura das ventás. A espadana foi engadida en 1900.
Carece de retablos, xa que foron destruídos nas sucesivas reformas debido ao mal estado. A ornamentación interior é escasa, destacando un crucifixo de grandes dimensións na capela maior, da escola compostelá do século XX e con claras influencias de Francisco Asorey e outros escultores galegos de principios de século.
Sobre unha ménsula está a figura de San Xoán Bautista.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Sardiñeiro, Fisterra.
-
Casa reitoral.
-
Inscrición na casa reitoral.
-
Acceso á praia do Rostro, ao norte da parroquia de Sardiñeiro.
Lugares e parroquias
Lugares de Sardiñeiro
Lugares da parroquia de Sardiñeiro no concello de Fisterra (A Coruña) | |
---|---|
Buxán | Castrexe | Castromiñán | Padrís | Rial | Sardiñeiro de Abaixo | Sardiñeiro de Arriba | O Sisto | Suarriba |
Parroquias de Fisterra
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Fisterra | |
---|---|
Duio (San Vicenzo) | Fisterra (Santa María) | San Martiño de Duio (San Martiño) | Sardiñeiro (San Xoán) |