Vilaboa, Vilaboa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m engadir provincia a ficha (via JWB) |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
|poboación = 1.688 |
|poboación = 1.688 |
||
|ano = 2013 |
|ano = 2013 |
||
|entidades = 17 |
|provincia = Pontevedra |entidades = 17 |
||
}} |
}} |
||
'''San Martiño de Vilaboa''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Vilaboa]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 1688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), 87 menos ca en [[1999]]. Ten dezasete entidades de poboación. |
'''San Martiño de Vilaboa''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Vilaboa]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 1688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), 87 menos ca en [[1999]]. Ten dezasete entidades de poboación. |
Revisión como estaba o 29 de xuño de 2020 ás 20:10
San Martiño de Vilaboa | |
---|---|
igrexa parroquial | |
Concello | Vilaboa[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324Coordenadas: 42°21′37″N 8°38′14″O / 42.360192, -8.637324 |
Área | 13,44 km² |
Poboación | 1.688 hab. (2013) |
Densidade | 125,6 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. Segundo o IGE en 2013 tiña 1688 habitantes (823 homes e 865 mulleres), 87 menos ca en 1999. Ten dezasete entidades de poboación.
Patrimonio
A igrexa parroquial foi construída orixinalmente no século XII. Desta etapa consérvase o prebisterio e un lintel románico no lateral sur. No século XVIII reconstruíuse a fachada, e no século XIX reformouse a nave, de planta rectangular e neoclásica, cunha capela contigua á sancristía. A fachada é barroca, enmarcada por pináculos cunha torre-campanario central de tres corpos rematada en cúpula e pináculo. Sobre a parte posterior do tellado hai un pedestal cun agnus dei, un carneiro en posición ergueita, cunha cruz antefixa sobre o seu lombo.imaxe requirida
A casa reitoral é un pazo de pedra do século XVII. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun canastro do século XVIII de 36 pés.
En Acuña hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.
O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de granito, data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do purgatorio son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.
O peto de ánimas do Toural está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente Francisco de Asís).
No límite coa parroquia de Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros[2], con inscricións medievais.
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Vilaboa
Lugares da parroquia de Vilaboa no concello pontevedrés de Vilaboa | |
---|---|
Acuña | A Carballeira | Casal de Santa | Casanova | O Castenlo | Cavada Chan | Cimadevila | Coruxeiro | A Graña | Novás | Outeiro do Gato | O Outeiro | Paredes | Postemirón | A Regueira | O Río | O Toural |
Parroquias de Vilaboa
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilaboa, Vilaboa |