Pías, Ponteareas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m engadir provincia a ficha (via JWB) |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
|poboación = 450 |
|poboación = 450 |
||
|ano = 2014 |
|ano = 2014 |
||
|entidades = 10 |
|provincia = Pontevedra |entidades = 10 |
||
}} |
}} |
||
'''Santa Mariña de Pías''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Ponteareas]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 463 habitantes (247 mulleres e 216 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 449 habitantes. Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 450 habitantes, sendo 214 homes e 236 mulleres. |
'''Santa Mariña de Pías''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Ponteareas]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 463 habitantes (247 mulleres e 216 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano [[1999]] cando tiña 449 habitantes. Segundo o [[IGE]], no 2014 a súa poboación descendera ata os 450 habitantes, sendo 214 homes e 236 mulleres. |
Revisión como estaba o 29 de xuño de 2020 ás 19:58
Pías | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Pías. | |
Concello | Ponteareas[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°13′02″N 8°29′40″O / 42.217138888889, -8.4944444444444Coordenadas: 42°13′02″N 8°29′40″O / 42.217138888889, -8.4944444444444 |
Poboación | 450 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Pías é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 463 habitantes (247 mulleres e 216 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 449 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 450 habitantes, sendo 214 homes e 236 mulleres.
Situación
Pías está situada entre Ponteareas e Mondariz, a seis quilómetros de Ponteareas e a tres quilómetros de Mondariz.
Patrimonio
Na parroquia localízase o castro de Troña.
A igrexa parroquial de Santa Mariña de Pías é do século XVIII, considérase unha igrexa de estilo neoclásico, aínda que sufriu diversas reformas e engadidos posteriores. Ten un retablo de San Bieito, tallado en 1774, e un grupo escultórico de alabastro que representa a San Xoán Bautista bautizando a Cristo. É moi coñecida pola sona milagreira de San Bieito de Pías, na honra do que se que se celebran (dúas veces ao ano) as festas máis importantes.
Fronte a igrexa está a casa reitoral, construída en 1781, con corpo de torre e escudo.
Hai dúas capelas: a do Doce Nome, sobre o castro de Troña, e a de Santa Tegra con interesante romería.
Tradicións
A tradición di que se a unha persoa lle aparece unha verruga nalgunha parte do corpo e quere quitala, ten que ofrecerse a San Benito de Pías. A ofrenda consiste nunha ducia de ovos, que teñen que ser recollidos na aldea do ofrecido, pedindo un ovo a cada veciño. Unha vez conseguida a ducia de ovos, hai que levarlla e acenderlle unha candea. En pouco tempo a verruga desaparece.
Pías na literatura popular
- Como o sol reloce/ a Virxe de Pías/ no viaxe primeiro/ destas romerías [2].
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Pías, Ponteareas.
-
Igrexa de Santa Mariña de Pías.
-
Castro de Troña e capela.
-
Cruceiro no castro de Troña.
Lugares e parroquias
Lugares de Pías
Lugares da parroquia de Pías no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
---|---|
Chans | A Costeliña | Cotobade | A Cruz | A Ermida | A Lenguda | O Outeiro | A Pontacóns | O Souto do Pazo | O Toxo |
Parroquias de Ponteareas
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Refírese a Santa Mariña de Pías, unha parroquia de Ponteareas próxima á Franqueira. Vicente Risco: "Cultura espritual", en Historia de Galiza I, 1962 (reed. Akal 1979), 393.