Lamas, Leiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san
m engadir provincia a ficha (via JWB)
Liña 9: Liña 9:
|poboación = 193
|poboación = 193
|ano = 2010
|ano = 2010
|entidades = 5
|provincia = Ourense|entidades = 5
}}
}}
'''Santa María de Lamas''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Leiro]], na [[comarca do Ribeiro]]. Segundo o [[IGE]] en [[2010]] tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 222 habitantes.
'''Santa María de Lamas''' é unha parroquia do concello [[Provincia de Ourense|ourensán]] de [[Leiro]], na [[comarca do Ribeiro]]. Segundo o [[IGE]] en [[2010]] tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 222 habitantes.

Revisión como estaba o 29 de xuño de 2020 ás 15:22

Lamas
Igrexa de Santa María de Lamas.
ConcelloLeiro[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°22′48″N 8°10′32″O / 42.37988525, -8.1755083Coordenadas: 42°22′48″N 8°10′32″O / 42.37988525, -8.1755083
Poboación193 hab. (2010)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Lamas é unha parroquia do concello ourensán de Leiro, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2010 tiña 193 habitantes (101 mulleres e 92 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 222 habitantes.

Xeografía

Moi preto da igrexa románica de Santa María de Lamas, no lugar de Lamas, atópanse os fermosos montes de Pena Corneira, dende os que se ve case que media Galicia. E dende Pena Corneira vese tamén moi ben e moi cerca o fermoso pobo de San Xoán de Orega.

Patrimonio histórico

A Igrexa de Santa María de Lamas está situada a 6 km do cruzamento de Leiro e a través dunha estrada local. Érguese nas proximidades do lugar que ocupou o castelo onde sufriu prisión Afonso VII. Tanto pola súa estrutura como polos seus motivos ornamentais, é unha mostra do románico rural galego. Ten unha nave e ábsida rectangulares, cuberta por bóveda de madeira. En cada un dos seus muros ábrense sinxelas portas románicas, sendo a máis notable a de poente, con volutas, capiteis e tímpano de características populares.

Lugares e parroquias

Lugares de Lamas

Lugares da parroquia de Lamas no concello ourensán de Leiro

O Casar | Corneira | Nogueira | A Serra | Valboa

Parroquias de Leiro

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Leiro

Berán (San Breixo) | Bieite (Santo Adrao) | Gomariz (Santa María) | Lamas (Santa María) | Lebosende (San Miguel) | Leiro (San Pedro) | Orega (San Xoán) | San Clodio (Santa María) | Serantes (San Tomé)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.