Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
actualizo datos de poboación o 2018
m engadir provincia da Coruña (via JWB)
Liña 4: Liña 4:
|lenda = Estela de Tines.
|lenda = Estela de Tines.
|mapa =
|mapa =
|concello = Vimianzo
|provincia = A Coruña|preposición1 = da |concello = Vimianzo
|superficie =
|superficie =
|poboación = 179
|poboación = 179

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2020 ás 14:34

Tines
Estela de Tines.
ConcelloVimianzo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752
Poboación179 hab. (2018)
Entidades de poboación3[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. En 2018 tiña 179 habitantes (79 homes e 100 mulleres)[2], o que supón unha diminición respecto do ano 1999 cando tiña 240 habitantes.

Situación xeográfica

Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.

Historia

Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico [Cómpre referencia] que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media.

A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII nos que se distinguen:

  • Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez.
  • Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruídos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
  • Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.

A estela romana de Vitorino

Cabe mencionar que, xunto dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino ou estela de Tines é relevante para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións.

Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.

Lugares e parroquias

Lugares de Tines

Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña)

Pazos | Romarís | Tines

Parroquias de Vimianzo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Consultado o 19 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos