Feás, Cariño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Actualizo o dato de poboación
m engadir provincia da Coruña (via JWB)
Liña 5: Liña 5:
|lenda = Igrexa de San Pedro de Feás.
|lenda = Igrexa de San Pedro de Feás.
|mapa = Mapa Feás.PNG
|mapa = Mapa Feás.PNG
|concello = Cariño
|provincia = A Coruña|preposición1 = da |concello = Cariño
|superficie =
|superficie =
|poboación = 178
|poboación = 178

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2020 ás 12:45

Feás
Igrexa de San Pedro de Feás.
ConcelloCariño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°41′25″N 7°53′33″O / 43.6903, -7.8926Coordenadas: 43°41′25″N 7°53′33″O / 43.6903, -7.8926
Poboación178 hab. (2017)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 201 habitantes (102 mulleres e 99 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 264 habitantes.

Xeografía

Feás está situada no extremo sur do concello sobre a enseada de Susavila onde desemboca o río Seixo que atravesa esta pequena parroquia. Linda polo norte e polo oeste coa parroquia de Landoi dende a Punta do Cepo na beira da ría ate o curso alto do río Seixo, polo sur limita coa parroquia de Veiga dende o monte da Franca até o rego do Mallo na enseada de Susavila e polo leste o límite e a Ría de Ortigueira, dende a Punta do Cepo até o rego do Mallo.

A estrada de Mera a Cariño cruza a parroquia de Sur a Norte pasando polos lugares de Susavila, A Rúa, Outeiro, Barral e Piñeiro.

Patrimonio

A igrexa parroquial, anexa da de Veiga, é de construción moderna. Ten planta de cruz latina e ao seu carón pegado ao adro está o cemiterio. Celébrase a romaría da Virxe dos Remedios.

O Castro da Cancela é un poboado castrexo de chaira, formado por unha croa superior e terraza. Está rodeado parcialmente por unha muralla que desaparece no lado norte e un foxo que segue en dirección leste.

Lugares e parroquias

Lugares de Feás

Lugares da parroquia de Feás no concello coruñes de Cariño

A Adega | O Barral | Casanova | Condomiña | Esteiro de Abaixo | Esteiro de Arriba | A Lamestra | A Lavandeira | As Leiras | O Outeiro | O Penso | O Plantío | A Rega | Rúa de Abaixo | Rúa Nova | San Pedro | San Roque

Parroquias de Cariño

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Véxase tamén

Outros artigos

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.