Diferenzas entre revisións de «Choiva ácida»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Desde a [[Revolución Industrial]] as emisións de óxidos de xofre e nitróxeno na atmosfera aumentaron. As [[industria]]s e [[central termoelétrica|centrais termoelétricas]] que queiman combustibles fósiles, principalmente o carbón, son a principal fonte deses gases. Xa chegaron a rexistrarse variacións de pH de 2,4 en áreas industriais. Eses contaminantes, máis o sector de [[transporte]]s, son os grandes responsábeis do aumento dos óxidos de nitróxeno.
 
O problema da choiva ácida non só aumentou co [[poboación|crecimentocrecemento poboacional]] e industrial, senón que se espallou. O uso de grandes chemineas para reducir a [[contaminación]] contribuiu á diseminación da choiva ácida, liberando gases na atmosfera da rexión. Algunhas veces, a precipitación ocorre a unha distancia considerable, e as rexións montañosas reciben a maior parte (debido ás chamadas [[choivas de montaña]]). Un exemplo deste efecto é o baixo pH das choivas da [[Escandinavia]] comparado cos niveis de óxidos que libera esta zona.
 
Hai unha forte relación entre baixos niveis de pH e a perda de poboacións de [[peixe]]s en lagos. Cun pH menor de 4,5, practicamente ningún peixe sobrevive, mentres que os niveis iguais a 6 ou superiores promoven poboacións saudables. Os ácidos na auga inhiben a produción das [[encima]]s que permiten que as [[larva]]s de [[troita]] escapen das súas ovas. O baixo pH tamén fai circular metais pesados como o [[aluminio]] nos lagos. O aluminio fai que algúns peixes produzan [[moco]] en exceso ao redor das súas [[guerla]]s, prexudicando a respiración. O crecemento de [[fitoplancto]] é inhibido polos grandes niveis de acidez e perxudícanse os animais que se alimentan deles.
16.098

edicións

Menú de navegación