Porto, As Maus, Vilar de Barrio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 22: Liña 22:
== Patrimonio ==
== Patrimonio ==
Na aldea hai unha pequena capela de finais do século XVIII. Pódense ver diversos hórreos e muíños por toda a zona; aínda que a meirande parte están en desuso. Ademais no monte do Castro de Porto encóntranse uns restos que mesmo poderían ser dun poboado castrexo, o cal está sen confirmar.
Na aldea hai unha pequena capela de finais do século XVIII. Pódense ver diversos hórreos e muíños por toda a zona; aínda que a meirande parte están en desuso. Ademais no monte do Castro de Porto encóntranse uns restos que mesmo poderían ser dun poboado castrexo, o cal está sen confirmar.
Tamén existen vestixios castrexos na Cruz de San Martiño, onde atopamos un xeito moi extendido de cristianizar poñendo un símbolo novo nunha zona de restos anteriores.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 20 de xuño de 2020 ás 09:19

Porto

Editar o valor em Wikidata
ParroquiaAs Maus
ConcelloVilar de Barrio
Coordenadas42°10′35″N 7°35′35″O / 42.176294444444, -7.5931194444444Coordenadas: 42°10′35″N 7°35′35″O / 42.176294444444, -7.5931194444444
Poboación83 hab. (2018)
editar datos en Wikidata ]
Alemparte vista dende Porto. A Serra de San Mamede ao fondo da imaxe.

Porto é un lugar da parroquia das Maus, no concello ourensán de Vilar de Barrio. Tiña 83 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 43 eran homes e 40 eran mulleres.

Está situado preto da Serra de San Mamede, na cal nace o río Arnoia, que separa Porto e Alemparte.

Clima

Porto posúe un clima suave pasando a frío. Podería cualificarse coma clima de montaña durante o inverno e coma clima de interior ou mediterráneo suave durante o verán. A serra que rodea a aldea pode estar nevada nos meses de inverno, o cal sumado a estaren preto do río pode facer que a sensación térmica sexa máis intensa ca o marcado nos termómetros. No verán, en cambio, é habitual chegar a temperaturas moi elevadas.

Patrimonio

Na aldea hai unha pequena capela de finais do século XVIII. Pódense ver diversos hórreos e muíños por toda a zona; aínda que a meirande parte están en desuso. Ademais no monte do Castro de Porto encóntranse uns restos que mesmo poderían ser dun poboado castrexo, o cal está sen confirmar. Tamén existen vestixios castrexos na Cruz de San Martiño, onde atopamos un xeito moi extendido de cristianizar poñendo un símbolo novo nunha zona de restos anteriores.

Historia

Segundo o catastro de Ensenada, de 1753, o couto de Alemparte formaba parte da xurisdición do conde de Maceda, mentres que os lugares de Porto e Parada da do Conde de Monterrei.

Festividades

Porto e Alemparte celebran a festa na honra de santo Antón a mediados do mes de xaneiro.

Lugares e parroquias

Lugares das Maus

Lugares da parroquia das Maus no concello de Vilar de Barrio (Ourense)

Alemparte | Barrán | As Maus | Parada | Porto | San Pedro

Parroquias de Vilar de Barrio

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Barrio

A Alberguería (Santa María) | Arnuíde (Santa María) | Bóveda (Santa María) | As Maus (San Pedro) | Padreda (San Miguel) | Prado (Santa Cruz) | Rebordechau (Santa María) | Seiró (San Salvador) | Vilar de Barrio (San Pedro Fiz)