Presidente de Eslovaquia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>, <br /> → <br/> (11)
Substitución automática de "Andrej_Kiska_Senate_of_Slowakia.jpg" por "Andrej_Kiska_in_Senate_of_Poland.jpg" segundo o ordenou [[commons:User:Commons
Liña 78: Liña 78:
! 4
! 4
| style="background:#DDDDDD" |
| style="background:#DDDDDD" |
|[[Ficheiro:Andrej Kiska Senate of Slowakia.jpg|192x192px]]
|[[Ficheiro:Andrej Kiska in Senate of Poland.jpg|192x192px]]
| '''<big>[[Andrej Kiska]]</big>'''
| '''<big>[[Andrej Kiska]]</big>'''
(1963 -)
(1963 -)

Revisión como estaba o 17 de xuño de 2020 ás 09:06

Presidente da República Eslovaca
Prezident Slovenskej republiky
Estandarte Presidencial

ResidenciaPalacio de Grassalkovich, Bratislava
Designado porSufraxio directo
Duración5 anos
Creación2 de marzo de 1993
Primeiro titularMichal Kováč
Precedido porPresidente de Checoslovaquia
Salarioc. 110,880 €
Sitio webprezident.sk

O presidente da República Eslovaca (en eslovaco: Prezident Slovenskej republiky) é o xefe de Estado de Eslovaquia e o comandante en xefe das Forzas Armadas Eslovacas.

O presidente é elixido directamente polo pobo cada cinco anos e pode ser elixido un máximo de dous mandatos consecutivos. A presidencia é en gran parte un cargo cerimonial, pero exerce certos poderes limitados. A residencia oficial do presidente é o palacio Grassalkovich en Bratislava.

Historia do cargo

O cargo foi establecido pola Constitución de Eslovaquia o 1 de xaneiro de 1993, cando Eslovaquia se separou definitivamente de Checoslovaquia e se independizou. O cargo estivo vacante ata o 2 de marzo de 1993, cando o primeiro presidente Michal Kováč foi elixido polo Consello Nacional da República Eslovaca. Non obstante, en 1998, o Consello Nacional foi incapaz de elixir ao sucesor de Kováč. Como resultado, durante medio ano despois de que o mandato de Kováč rematase, o posto estivo vacante. Os deberes e poderes do cargo recaían no entón primeiro ministro e portavoz do Consello Nacional. Para resolver o problema, modificouse a constitución para introducir a elección popular do presidente. Celebráronse eleccións presidenciais en 1999, 2004, 2009, 2014 e 2019 .

A actual presidenta é Zuzana Čaputová, que tomou posesión o 15 de xuño de 2019.

Función e poderes

O presidente de Eslovaquia ten un papel limitado na elaboración de políticas, xa que o cargo é en gran parte cerimonial no marco dunha república parlamentaria. Segundo a constitución, o presidente é o representante supremo do estado tanto en Eslovaquia como no exterior.[1]

O presidente representa á República Eslovaca no estranxeiro e conclúe e ratifica os tratados internacionais. Pode delegar no Goberno ou, co consentimento do goberno, en membros individuais da República Eslovaca, a conclusión de tratados internacionais.[1] Historicamente todos os presidentes eslovacos delegaron este poder no goberno.[2]

Entre os poderes constitucionais do presidente figuran nomear e designar ao primeiro ministro. Debido a que o goberno de quen é nomeado primeiro ministro debe recibir un voto de confianza no parlamento, o presidente normalmente nomea o líder do partido ou coalición gañador nas eleccións parlamentarias.

O Presidente ten o poder de nomear tres membros do Consello Xudicial, un membro do Consello de Orzamento, e dous membros do consello do instituto de Memoria da Nación; de outorgar distincións, de nomear o Presidente e Vicepresidente do Tribunal Constitucional da República Eslovaca (de entre os xuíces do Tribunal Constitucional), e de conceder indultos ou liberdade condicional.[1]

O presidente tamén pode vetar calquera proxecto de lei ou proposta do Consello Nacional, agás as modificacións constitucionais.[1] Este veto pódese anular se o Consello Nacional aproba de novo o mesmo proxecto de lei coa maioría de membros do Consello.

O presidente tamén actúa como comandante en xefe das Forzas Armadas de Eslovaquia, pero este papel é cerimonial, porque pola constitución cando o presidente actúa como comandante en xefe a súa decisión só é válida despois de que sexa asinada polo primeiro ministro ou un ministro autorizado polo primeiro ministro, e nestes casos o goberno é responsable da decisión do presidente. O mesmo vale para as amnistías e os nomeamentos de xefes de misións diplomáticas.[1]

Entre os seus outros deberes constitucionais están asinar proxectos de lei para convertelos en leis, nomear ministros por recomendación do primeiro ministro, e nomear varios cargos estatais máis: xenerais, profesores, xuíces, reitores, procuradores...[1]

O presidente ten poder discrecional (pode rexeitar o nomeamento) sobre os nomeamentos dalgúns funcionarios. Por exemplo, houbo casos en que o presidente se negou a nomear vicegobernadores do Banco Nacional de Eslovaquia recomendados polo goberno. Estas accións do presidente foron confirmadas polo Tribunal Constitucional.[3]

En moitos casos, o nomeamento de funcionarios estatais está regulado por outras leis. Por exemplo, o poder do presidente para nomear xuíces constitucionais está limitado á selección de candidatos votados polo Consello Nacional, dos cales o presidente ten que designar a metade. A designación ou a revogación dos xuíces está determinada por decisións do Consello Xudicial, que remite as súas propostas ao presidente.

Os poderes presidenciais aumentan substancialmente na circunstancia especial de que o Consello Nacional aprobe unha moción de censura contra o goberno.[1] En tal caso, moitos poderes executivos do goberno (por exemplo, nomeamento de funcionarios, viaxes estranxeiras, sinaturas de tratados) están suxeitos á aprobación do presidente.

Presidentes da República Eslovaca

Partidos

      HZDS       SOP       HZD       PS       Independente

Presidente Presidencia Partido Elección Cargo anterior
1 Michal Kováč
(1930-2016)
2 de marzo de 1993 - 2 de marzo de 1998 Movemento por unha Eslovaquia Democrática
(HZDS)
1993 Presidente da Asemblea Federal da República Federativa Checa e Eslovaca (1992)
2 Rudolf Schuster
(1934 -)
15 de xuño de 1999 - 15 de xuño de 2004 Partido do Entendemento Civil
(SOP)
1999 Membro do Consello Nacional (1998–1999)
Alcalde de Košice
(1994–1999)
3 Ivan Gašparovič
(1941 -)
15 de xuño de 2004 - 15 de xuño de 2014 Movemento pola Democracia
(HZD)
2004 Presidente do Consello Nacional (1993–1998)
Independente 2009
4 Andrej Kiska

(1963 -)

15 de xuño de 2014 - 15 de xuño de 2019 Independente 2014 Sen cargo electo previo
5 Zuzana Čaputová
(1973 -)
15 de xuño de 2019 - actualidade Eslovaquia Progresista

(PS)

2019 Sen cargo electo previo

Presidentes en funcións

Nome Mandato
Vladimír Mečiar
Ivan Gašparovič
2 de marzo de 1998 - 30 de outubro de 1998
14 de xullo de 1998 - 30 de outubro de 1998
Mikuláš Dzurinda

Jozef Migaš

30 de outubro de 1998 - 15 de xuño de 1999

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Constitución de Eslovaquia" (en inglés). Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  2. "Časová verzia predpisu účinná od 01.07.2001". www.slov-lex.sk (en eslovaco). Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  3. "PL. ÚS 14/06-38". www.codices.coe.int (en eslovaco). Consultado o 24 de outubro de 2019. 

Véxase tamén

Outros artigos