Filipe IV de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
poño referencia
Liña 49: Liña 49:
}}
}}
[[Ficheiro:Retrato_de_Felipe_IV_en_armadura,_by_Diego_Velázquez.jpg|miniatura|Retrato de Filipe IV novo]]
[[Ficheiro:Retrato_de_Felipe_IV_en_armadura,_by_Diego_Velázquez.jpg|miniatura|Retrato de Filipe IV novo]]
'''Filipe IV de España''', tamén coñecido como '''Filipe IV de Habsburgo''',<ref>{{Cita publicación periódica |nome=César |apelidos={{Versaleta|Cervera}} |data=10.7.2015 |título=La adicción al sexo de Felipe IV: el Rey que tuvo 46 hijos, pero solo dejó un heredero |xornal=[[ABC (xornal)|ABC]] |lingua=es |url=https://www.abc.es/espana/20150210/abci-felipe-adiccion-sexo-201502091748.html}}</ref> nado en [[Valladolid]] o [[8 de abril]] de [[1605]] e finado en [[Madrid]] o [[17 de setembro]] de [[1665]], denominado ''O Grande'' ou ''O Rei Planeta'', foi rei de [[España]]<ref>Abreu y Bertodano, J.A. ''Coleccion de los tratados de paz, alianza, neutralidad, garantia ... hechos por los pueblos, reyes y principes de España con los pueblos, reyes, principes, republicas y demás potencias de Europa ...: desde antes del establecimiento de la monarchia gothica hasta el feliz reynado del rey N.S. D. Fernando VI''. Editor Antonio Marin, Juan de Zuñiga y la viuda de Peralta, 1751.</ref> desde o [[31 de marzo]] de [[1621]] até o seu falecemento; así mesmo foi rei de [[Portugal]], como Filipe III até o [[1 de decembro]] de [[1640]]. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da [[casa dos Austria]] e o terceiro da historia española, sendo superado só por [[Filipe V de España|Filipe V]] e [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|rexencia]].
'''Filipe IV de España''', tamén coñecido como '''Filipe IV de Habsburgo''',<ref>{{Cita publicación periódica |nome=César |apelidos={{Versaleta|Cervera}} |data=10.7.2015 |título=La adicción al sexo de Felipe IV: el Rey que tuvo 46 hijos, pero solo dejó un heredero |xornal=[[ABC (xornal)|ABC]] |lingua=es |url=https://www.abc.es/espana/20150210/abci-felipe-adiccion-sexo-201502091748.html}}</ref> nado en [[Valladolid]] o [[8 de abril]] de [[1605]] e finado en [[Madrid]] o [[17 de setembro]] de [[1665]], denominado ''O Grande'' ou ''O Rei Planeta'',<ref>{{Cita publicación periódica |url=https://www.europapress.es/sociedad/noticia-cosas-quiza-no-sabias-felipe-iv-rey-planeta-20161027193305.html |título= 8 cosas que quizá no sabías de Felipe IV, el 'Rey Planeta' | xornal = europapress |lingua =es |data-acceso = 16 de xuño do 2020 |data= 27/10/2016}}</ref> foi rei de [[España]]<ref>Abreu y Bertodano, J.A. ''Coleccion de los tratados de paz, alianza, neutralidad, garantia ... hechos por los pueblos, reyes y principes de España con los pueblos, reyes, principes, republicas y demás potencias de Europa ...: desde antes del establecimiento de la monarchia gothica hasta el feliz reynado del rey N.S. D. Fernando VI''. Editor Antonio Marin, Juan de Zuñiga y la viuda de Peralta, 1751.</ref> desde o [[31 de marzo]] de [[1621]] até o seu falecemento; así mesmo foi rei de [[Portugal]], como Filipe III até o [[1 de decembro]] de [[1640]]. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da [[casa dos Austria]] e o terceiro da historia española, sendo superado só por [[Filipe V de España|Filipe V]] e [[Afonso XIII de España|Afonso XIII]], aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo [[María Cristina de Habsburgo-Lorena|rexencia]].


Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con [[Gaspar Guzmán Pimentel|Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares]], quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en [[Europa]]. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como [[Luis Méndez de Haro]], sobriño de Olivares, e o [[Ramiro Núñez de Guzmán|duque de Medina das Torres]].
Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con [[Gaspar Guzmán Pimentel|Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares]], quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en [[Europa]]. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como [[Luis Méndez de Haro]], sobriño de Olivares, e o [[Ramiro Núñez de Guzmán|duque de Medina das Torres]].

Revisión como estaba o 16 de xuño de 2020 ás 19:31

Filipe IV de España
Rei de España, Portugal, Nápoles, Sicilia e Sardeña, duque de Milán, soberano dos Países Baixos e conde de Borgoña
Retrato de Felipe IV, por Diego Velázquez. National Gallery de Londres
Rei de España, Nápoles, Sicilia e Sardeña e duque de Milán
31 de marzo de 1621-17 de setembro de 1665
PredecesorFilipe III
SucesorCarlos II
Rei de Portugal
31 de marzo de 1621-1 de decembro de 1640
PredecesorFilipe II
SucesorXoán IV

Reinado31 de marzo de 1621-17 de setembro de 1665
Coroación31 de marzo de 1621
Nome completoFelipe Domingo Víctor de la Cruz
Nacemento8 de abril de 1605
Valladolid, España
Falecemento17 de setembro de 1665 (60 anos)
Madrid, España
SepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial
Consorte
Descendencia
  • Véxase Matrimonios e fillos
  • Casa realAustria
    ProxenitoresFilipe III de España
    Margarida de Austria

    Escudo de Filipe IV de España
    Na rede
    Galiciana: 335301 WikiTree: Habsburg-57 Find a Grave: 3964 Editar o valor em Wikidata
    Retrato de Filipe IV novo

    Filipe IV de España, tamén coñecido como Filipe IV de Habsburgo,[2] nado en Valladolid o 8 de abril de 1605 e finado en Madrid o 17 de setembro de 1665, denominado O Grande ou O Rei Planeta,[3] foi rei de España[4] desde o 31 de marzo de 1621 até o seu falecemento; así mesmo foi rei de Portugal, como Filipe III até o 1 de decembro de 1640. O seu reinado de 44 anos e 170 días foi o máis longo da casa dos Austria e o terceiro da historia española, sendo superado só por Filipe V e Afonso XIII, aínda que os primeiros dezaseis anos do reinado deste último foron baixo rexencia.

    Durante a primeira etapa do seu reinado compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, quen realizou unha enérxica política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Trala caída de Olivares, encargouse persoalmente dos asuntos de goberno, axudado por cortesáns moi influentes, como Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares, e o duque de Medina das Torres.

    Os exitosos primeiros anos do seu reinado auguraron a restauración da preeminencia universal dos Habsburgo, pero a guerra constante da Europa protestante e a católica Francia contra España conduciron ao declive e ruína da Monarquía Hispánica, que tivo de ceder a hexemonía en Europa á puxante Francia de Luís XIV, así como recoñecer a independencia de Portugal e das Provincias Unidas.

    Traxectoria

    Primeiros anos

    Felipe Domingo Víctor de la Cruz naceu o 8 de abril de 1605 no Palacio Real de Valladolid. Foi o terceiro dos oito fillos e primeiro home do matrimonio habido entre Filipe III de España e a súa curmá segunda (os seus avós Filipe II de España e Carlos II de Estiria eran primos) a arquiduquesa Margarida de Austria. Ás sete semanas de nacer foi levado á pila bautismal da igrexa conventual de San Paulo de Valladolid en brazos do ambicioso valido de Filipe III, o duque de Lerma.

    Reinado

    Compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con validos, entre os que destacaría Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares, que tentou realizar unha política exterior que buscaba manter a hexemonía española en Europa. Tamén destaca o seu segundo valido, Luis Méndez de Haro, sobriño de Olivares.

    Etapa do Conde-duque de Olivares (1621-43)

    O Conde-Duque de Olivares da cabalo ( c. 1634), cadro de Diego Velázquez, exposto no Museo do Prado.

    Cando se aproximaba o fin do reinado de Filipe III, as intrigas palaciegas disputábanse a confianza do futuro rei, o príncipe de Asturias que chegaría a ser Filipe IV. O valido do rei, o duque de Lerma, loitaba por obter o favor do monarca co apoio do seu xenro, o conde de Lemos e do seu primo, Fernando de Borja, gentil home da cámara do príncipe, fronte aos seus dous fillos, o duque de Uceda e o conde de Saldaña. Olivares, que durante tanto tempo fora un personaxe illado naquela casa, converteuse nun estreito aliado dos fillos contra o seu pai.

    Tamén aproveitou o conde-duque a posición do seu tío Baltasar de Zúñiga no Consello de Estado (que el mesmo propiciara) para mover os fíos de palacio.

    Tras a morte do rei en 1621 debido a unhas febres que contraeu en 1619 ao regreso dunha viaxe a Portugal, onde o seu fillo fora xurado como herdeiro da coroa portuguesa, o novo rei Filipe IV escolleu ao Conde-duque de Olivares como valido.

    Política interior

    Felipe IV (c. 1627-1628), cadro de Gaspar de Crayer, exposto no Museo Metropolitano de Arte (Nova York).

    Durante a súa etapa como valido, o conde-duque realizou unha serie de reformas para poder manter a hexemonía en Europa. Estes cambios concretáronse en catro aspectos: reformar a vida pública, fomentar a economía, mellorar a facenda e impulsar a formación dun exército común.

    O valido tentou impoñer as leis e costumes castelás no seu propósito de unir a monarquía hispánica nunha comunidade nacional, cunha fiscalidade, administración e dereito comúns. Pero non alcanzou o seu propósito debido á oposición da nobreza ás novas propostas do valido.

    Moral pública

    Para iso loitou contra a corrupción do reinado anterior. Ordenou encerrar ao duque de Uceda e ao duque de Osuna, confiscou os bens do duque de Lerma e someteu a Rodrigo Calderón a un xuízo no cal se decretou a súa execución.

    Mediante un decreto obrigou a facer un inventario da fortuna daquelas persoas que desempeñasen cargos públicos e de relevancia. Para controlar este decreto formou a Xunta de Reformación, que máis tarde se encargaría de velar pola vida pública dos cidadáns.

    Un dos aspectos que se aplicou con maior transcendencia foi o aumento da demografía española; para iso o conde-duque prohibiu a emigración e favoreceu a inmigración e as familias numerosas.

    Para favorecer a educación dos españois, mandou construír o Colexio Real de Madrid en 1629 e outras institucións, dirixidas principalmente por xesuítas.

    Dentro desta dinámica de reforma da moral, dúas pragmáticas tomadas por Filipe IV no século xvii, nun ambiente de «reformación dos costumes», pretenderon de súpeto abolir a prostitución en todos os territorios da monarquía.

    Reforma hacendística

    Recorreuse á introdución de novos impostos á Coroa, repartidos de maneira máis equitativa. Os reinos periféricos puxeron resistencia a estes novos impostos, moitas veces con motíns. A nobreza non aceptou un imposto sobre as elevadas rendas do reino nin a taxa sobre produtos de luxo, e bloqueou continuamente estas medidas.

    Esta reforma fracasou nun momento en que os gastos aumentaron. Por iso o conde-duque tivo que buscar diñeiro en: na emisión de xuros, préstamos a banqueiros xudeus portugueses, novas contribucións votadas en Cortes e a declaración de bancarrota (en realidade, suspensión de pagos) en momentos de extrema necesidade.

    O conde-duque tentou crear un banco nacional co fin de facilitar o comercio e contribuír aos gastos da monarquía. Para facerse cun capital solicitou unha contribución especial sobre os patrimonios superiores a 2000 ducados de renda, pero a nobreza volveu opoñerse, o cal causou o seu fracaso.

    A monarquía española de Felipe IV viuse envolvida nunha recesión económica que afectou a toda Europa, e que en España notouse máis pola necesidade de manter unha custosa política exterior. Isto levou á subida dos impostos, ao secuestro de remesas de metais preciosos procedentes das Indias, á venda de xuros e cargos públicos, á manipulación monetaria, etc. Todo con tal de xerar novos recursos que puidesen paliar a crise económica.[5]

    Nupcias e descendentes

    Estatua do rei que se atopa no Vaticano.

    Casou o 25 de novembro de 1615 en Bordeos coa princesa Isabel de Borbón, filla do rei Henrique IV de Francia e de María de Médici, filla do gran duque de Toscana, Francisco I. Desta unión naceron:

    • A SAR a infanta María Margarida de España, nada en 1621 en Madrid e morta no mesmo ano na capital.
    • A SAR a infanta Margarida María Catalina, nada en 1623 en Madrid e morta no mesmo ano en Madrid.
    • A SAR a infanta María Eugenia de España, nada en 1624 en Madrid e morta en 1627 en Madrid.
    • A SAR a infanta Isabel María Teresa de España, nada en 1627 en Madrid e morta no mesmo ano.
    • A SAR o infante Baltasar Carlos de España, nado en Madrid en 1626 e morto en 1646 en Madrid.
    • A SAR a infanta Mariana de España, nada en 1636 en Madrid e morta no mesmo ano.
    • A SAR a infanta María Tareixa de España, nada en 1638 en Madrid e morta en 1683 en París. Casou co rei Luís XIV de Francia.

    Casou, en segundas nupcias, o 7 de outubro de 1649 en Madrid con Mariana de Austria, filla do emperador Fernando III de Habsburgo e da infanta Mariana de España. Desta unión naceron:

    Tivo tamén varios fillos ilexítimos, entre eles, tido con a actriz María Calderón A Calderona:

    Valimento do conde-duque de Olivares

    Reformas internas

    Obxectivo prioritario do seu mandato sería restaurar o poder da coroa, que sufrira unha diminución considerábel no reinado anterior. Delegou as atribucións de goberno no poderoso conde-duque de Olivares (1621-1643), coa fin de realizar un ambicioso proxecto de reforma, que afectaba á maior parte das institucións. A súa primeira tarefa centraríase na Facenda, tentando recuperar as rendas perdidas: control sobre o gasto público, ordenación e estruturación do sistema impositivo etc. No ámbito económico xeral, tentouse importar o modelo mercantilista holandés e apresentouse o proxecto da "Unión de Armas", coa finalidade de ordenar e canalizar os recursos provenientes dos territorios periféricos, necesarios para manter un exército potente, que puidese afrontar os conflitos armados abertos e máis, de paso, estabelecer a periodicidade e a seguranza das entregas para a Facenda real. O proxecto de reformas completaríase con medidas moralizantes, propostas pola Xunta de Reforma, entre 1618 e 1622.

    En 1624 a ideoloxía reformadora plasmouse no Gran Memorial, destacando, como grandes liñas de actuación, a consecución dunha monarquía de talante administrativo, dominada pola eficacia e a racionalización das accións de goberno, encamiñadas cara o cumprimento de obxectivos e con criterios puramente executivos.

    Porén, diversos problemas farían fracasar o proxecto reformador. A cantidade decrecente do ouro americano que chega ao porto de Sevilla entre 1619 e 1621, a oposición das Cortes de Castela a cambios nos impostos, a oposición dos países contra a Unión de Armas e o enfrontamento dos consellos con o conde-duque e as súas xuntas. Todo coincidíu para que se declarase a primeira quebra da monarquía en 1627, logo de conseguir dúas grandes vitorias militares en 1625 (Baiía e Breda). Ademais, a intervención en Bohemia en 1618 e o fracaso na renovación da tregua de Antuerpen en 1621 viciaron a política exterior, provocando un crebadeiro de cabeza para o goberno de Olivares.

    A situación foise convertendo de dramática en desastrosa. A pesar do beneficio que, en primera instancia supora a quebra ao contribuír a enxugar o déficit, os feitos posteriores resultarían nefastos. Así, entre 1621 e 1626 procedeuse a cuñar moeda de billón en exceso; a carísima intervención en Mantua foi seguida das derrotas de Matanzas (1628), Hertogenbosch (1629) e Pernambuco (1630). As medidas tomada empeoraron a situación: a abolició dos millóns por parte de Filipe IV, e o aumento excesivo do monopolio do sal en 1631 provocaron a rebelión de Biscaia (1631-1634). Os proxectos de reforma quedaron definitivamente arrombados, instalada a monarquía nun esforzo bélico que implicaba todos os territorios e que consumía os escasos recursos da Facenda.

    Caída de Olivares

    En 1635 iniciouse a guerra con Francia, un costosísimo conflito que aprofundou a crise da monarquía, obrigada a recorrer á venda de regalías e do patrimonio da Coroa, a pedir donativos e a utilizar as Cortes para aumentar en servizos. Ademais, a necesidade de fondos incrementou a presión sobre unha nobreza xa endebedada, sobre a cal recaía a petición de tropas e a defensa do reino, ao mesmo tempo que era afastada da Corte por Olivares. Se ben a guerra foi en principio exitosa (Nordlingen, 1634, Hondarribia 1638), as medidas adoitadas para a sufragar provocaron as revoltas de cataláns e portugueses (1640), que acabarían por custarlle o cargo a Olivares no 23 de xaneiro de 1643 e máis o seu desterro. En substitución, formouse un goberno de emerxencia, tutelado por Filipe IV, quen non volvería a confiar o mesmo grao de poder a ninguén máis.

    Conflito con Cataluña

    O conflito entre o conde-duque e Cataluña comezou coa negación das Cortes Catalás a colaborar coa Unión de Armas que aquel propoñera en 1626. A guerra contra Francia dificultou aínda máis o entendemento entre a Generalitat de Cataluña e o Consell de Cent co Estado.

    As tropas castelás e italianas que entraran en Cataluña para combateren os franceses no Rosellón causaron grandes danos nas zonas rurais, mesmo actuando en determinados momentos como un exército de ocupación. En sinal de protesta, o 7 de xuño de 1640 os campesiños cataláns, que estaban en Barcelona para celebrar a festa do Corpus, ocuparon a cidade, matando o vicerrei: foi o que se denominou o Corpus de Sangue. A Generalitat uníuse ao bando rebelde, perante o cal o valido actuaría con toda a forza. A Generalitat proclamou a República Catalana e doou o condado de Barcelona ao rei Luís XIII de Francia. Deste xeito iniciouse a guerra dos Segadores (en catalán Guerra dels Segadors).

    Conflito con Portugal

    O retorno das hostilidades nas Províncias Unidas en 1640 repercutiu nas colonias portuguesas de Asia e Brasil. En decembro dese mesmo ano unha conspiración, encabezada pola nobreza, proclamou rei de Portugal ao duque de Braganza, co nome de Xoán IV de Portugal, que asinou a paz cos holandeses e obtivo apoio de ingleses e franceses. Obrigado o conde-duque a combater en moitas frontes, tan só logrou reunir un exército moi feble, que foi derrotado en Elvas.

    Ascenso de Luis Méndez de Haro

    Despois da caída de Olivares, o rei nomeou novo valido a Luis Méndez de Haro, sobriño do anterior, co título de primeiro ministro. O seu obxectivo centraríase en acabar cos conflitos internos e máis conseguir a paz en Europa.

    Revoltas internas

    Os conflitos abertos en Cataluña e Portugal continuaban, uníndose a estes o de Aragón. Méndez de Haro logrou, en 1652, finalizar a guerra dos Segadores, logo de 15 meses de asedio sobre Barcelona, entrando o mesmo rei na cidade.

    A presión fiscal, a falta de alimentos, o descontentamento pola alteración da moeda e as levas militares crearan malestar en diversas zonas como no Reino de Nápoles e en Sicilia no 1647, na Coroa de Castela entre 1647-1652 e entre 1655-1657.

    Política exterior

    Os terzos casteláns serían vencidos na batalla de Rocroi en 1643, ante o cal Méndez de Haro decidiu mudar de estratexia. Polo Tratado de Westfalia recoñeceuse a independencia das Provincias Unidas e a conservación de Flandres.

    A guerra con Francia, porén, continuou a causa do problema formulado polo dominio do Franco Condado e o Rosellón. Grazas á guerra interna en Francia, os casteláns conseguiron derrotar os franceses en Valenciennes en 1656. Inglaterra e a propia Francia pactaron no ano seguinte repartirse Flandres, iniciándose unha nova fronte de guerra. A inviabilidade da guerra conduciu a asinar un acordo co país galo por medio da Paz de Munster de 1648 e máis o Tratado dos Pireneos de 1659. Este último significou a definitiva perda do Rosellón e de parte da Cerdaña, así mesmo cedeuse o Artois, territorios todos que pasaron a mans francesas. Tamén foi pactado o matrimonio da infanta María Teresa de España co rei Luís XIV de Francia, a que se lle forneceu un dote de 500.000 escudos.

    Independencia de Portugal

    En 1665 Afonso VI de Portugal obtivo unha grande vitoria na batalla de Villaviciosa contra as tropas do rei español, pondo fin así ás pretensións deste de tentar unir de novo a Coroa portuguesa aos dominios dos Austrias casteláns.

    Século de Ouro

    Filipe IV foi home de grande cultura e mecenas das artes, adquirindo para a Coroa máis de 800 cadros, a maioría expostos hoxe en día no Museo do Prado de Madrid. Na colección figuraban artistas tan importantes como Diego Velázquez, que foi o seu pintor oficial, Giovanni Lanfranco, Aniello Falcone, ou Nicolas Poussin.

    Morte e sucesión

    O rei faleceu o 17 de setembro de 1665 en Madrid, sendo inhumado no mosteiro do Escorial, deixando unha monarquía en profunda recesión e crise e coa autoridade real fortemente cuestionada por nobres, cidades e reinos.

    Por morte temperá do seu fillo Baltasar Carlos de España, será sucedido polo seu fillo menor Carlos II de España, que foi o derradeiro rei da dinastía dos Austrias españois.

    Predecesor:
    Filipe III
     Rei de España 
    1621 - 1665
    Sucesor:
    Carlos II
    Predecesor:
    Filipe II
     Rei de Portugal 
    1621 - 1640
    Sucesor:
    Xoán IV

    Notas

    1. O título de duque de Borgoña comprendía ao conglomerado de territorios herdados do Estado borgoñón. Na Pragmática Sanción de 1549 os territorios das 17 provincias dos Países Baixos constituíron unha unión política indivisible baixo o mesmo soberano (Werner Thomas, Robert A. Verdonk (2000), Encuentros en Flandes: relaciones e intercambios hispanoflamencos a inicios de la Edad Moderna, Leuven University Press, pág. 21). Na acta de cesión do 6 de maio de 1598, Filipe II renunciou aos territorios dos Países Baixos e de Borgoña, e aos correspondentes títulos, pero mantivo para si e os seus descendentes o título de duque de Borgoña como soberanos da Orde do Vélaro de Ouro (Patrice F. de Nény (1784), Mémoires historiques et politiques des Pays-Bas Autrichiens, Fauche, Favre & compagnie, pág. 240), e xa que logo Felipe III de España podería ser o duque Felipe VIN de Borgoña e Felipe IV de España o duque Felipe VII de Borgoña. Tralo tratado de Münster (1648), o rei de España recoñeceu a independencia da República dos Sete Países Baixos Unidos, e por iso renunciou aos títulos de Conde de Holanda, Zelandia e Zutphen, Señor de Frisia e das cidades, pobos e terras de Utrech, Overijssel e Groninga.
    2. Cervera, César (10.7.2015). "La adicción al sexo de Felipe IV: el Rey que tuvo 46 hijos, pero solo dejó un heredero". ABC (en castelán). 
    3. "8 cosas que quizá no sabías de Felipe IV, el 'Rey Planeta'". europapress (en castelán). 27/10/2016. Consultado o 16 de xuño do 2020. 
    4. Abreu y Bertodano, J.A. Coleccion de los tratados de paz, alianza, neutralidad, garantia ... hechos por los pueblos, reyes y principes de España con los pueblos, reyes, principes, republicas y demás potencias de Europa ...: desde antes del establecimiento de la monarchia gothica hasta el feliz reynado del rey N.S. D. Fernando VI. Editor Antonio Marin, Juan de Zuñiga y la viuda de Peralta, 1751.
    5. Biografías y Vidas. "Felipe IV". Consultado o 6 de xullo de 2004. 

    Véxase tamén