Macrino: Diferenzas entre revisións
engado táboa |
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores) |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
'''Marcus Opelius Macrinus''', nado en [[Iol Caesarea|Cesarea]] ([[Mauritania]]) no [[164]] e finado en [[Partia]] no [[218]], foi un emperador romano que gobernou co nome de ''Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus'', adoptando o ''[[cognomen]]'' dos Severos aínda que non era tal. |
'''Marcus Opelius Macrinus''', nado en [[Iol Caesarea|Cesarea]] ([[Mauritania]]) no [[164]] e finado en [[Partia]] no [[218]], foi un emperador romano que gobernou co nome de ''Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus'', adoptando o ''[[cognomen]]'' dos Severos aínda que non era tal. |
||
Foi o primeiro [[Emperador de Roma|emperador]] que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou [[Roma]]. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte |
Foi o primeiro [[Emperador de Roma|emperador]] que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou [[Roma]]. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por [[Caracalla]], foi el o elixido para dirixir os [[pretorianos]]. |
||
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano [[217]] acompañou a este ao [[Oriente]], onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo ''Diadumediano''. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai '''Xulia Donna''', dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios. |
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano [[217]] acompañou a este ao [[Oriente]], onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo ''Diadumediano''. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai '''Xulia Donna''', dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios. |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2020 ás 16:05
Macrino | |
---|---|
Nacemento | 164 e 165 |
Lugar de nacemento | Cherchell |
Falecemento | 218 |
Lugar de falecemento | Capadocia |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | relixión na Roma antiga |
Ocupación | político e avogado |
Cónxuxe | Nônia Celsa |
Fillos | Diadumeniano |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marcus Opelius Macrinus, nado en Cesarea (Mauritania) no 164 e finado en Partia no 218, foi un emperador romano que gobernou co nome de Caesar Marcus Opelius Severus Macrinus Augustus, adoptando o cognomen dos Severos aínda que non era tal.
Foi o primeiro emperador que chegou a dirixir o imperio sen ser senador. Durante o seu mandato tampouco pisou Roma. A súa vida en Roma estivo ligada os xuristas e chegou a ser o asesor legal de Plautiano, precepto dos pretorianos. Á morte deste por Caracalla, foi el o elixido para dirixir os pretorianos.
Como tal, participou nas campañas de Caracalla e no ano 217 acompañou a este ao Oriente, onde foi asasinado o emperador. Nomeado polas lexións como novo emperador, nomeou augustus ao seu fillo Diadumediano. Era consciente do poder que a rexente en ausencia de Caracalla levaba os asuntos do Imperio, a súa nai Xulia Donna, dirixiulle unha carta onde se comprometía a manter os seus privilexios.
O perigo para os Severos era que Macrino conseguira asentar o seu imperio, e como tal, Xulia Donna comeza a intrigar para que nomearan emperador o seu sobriño Heliogabalo, e de só 14 anos, cousa que consegue no 218, co visto e prace do Senado e o apoio dunha boa parte das lexións.
Mentres tanto en Oriente, a loita contra os partos non ían ben. Despois da batalla de Nisibis, onde non houbo vencedor nin vencido, Macrino firma unha paz vergoñenta para as armas romanas, e ademais se comprometía a pagar unha forte cantidade a Partia. Esa cantidade foi descontada da soldada do exercito, co conseguinte malestar dos militares. Pouco a pouco o malestar vaise estendendo, e Macrino pronto se atopa só co apoio da lexión Gallia. Nestas condicións en xuño do 218 prodúcese o encontro entre as tropas de Macrino e Heliogábalo, onde se consumou a abandono de Macrino, xa que os pretorianos o deixan en plena batalla. Logra fuxir, pero é recoñecido ao tratar de coller unha embarcación para cruzar o Bósforo e morto en xullo do 218. O seu fillo Diadumediano tentaba de se achegar deica Partia, pero foi detido en Siria, onde morreu pouco despois. O recoñecemento total de Heliogabalo como emperador volta de novo os Severos ao poder.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Caracalla |
Macrino | Precede a: Heliogábalo |
Severos |