Diferenzas entre revisións de «España»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.1)
Etiqueta: edición de código 2017
 
== Medios de comunicación ==
A [[televisión]] é o principal medio de comunicación do país. Os tres principais operadores de televisión do país son a sociedade mercantil estatal [[Radio Televisión Española]] e os operadores privados [[Atresmedia Corporación]] e [[Mediaset España]]. As principais canles do país son [[La 1]], [[Antena 3]], [[Cuatro]], [[Telecinco]] e [[La Sexta|laSexta]], que acaparan algo máis do 50 % da [[cuotacota de pantalla]]. A lista complétase co conxunto de cadeas dixitais e canles públicos autonómicos agrupados na [[FORTA]]. Tras efectuarse en [[2010]] o «[[apagamento analóxico na Unión Europea|apagamento analóxico]]», o único sistema de transmisión do sinal é o dixital. A este respecto, existen tanto canles de pago como canles gratuítas.
 
Os principais xornais de pago non deportivos de circulación nacional son ''[[El País]]'' e ''[[El Mundo]]'', ós que se suman ''[[La Vanguardia]]'', ''[[La Voz de Galicia]]'', ''[[El Periódico de Catalunya|El Periódico]]'' e ''[[ABC (xornal)|ABC]]'', ademais do gratuíto ''[[20 minutos]]''. Na prensa deportiva destacan ''[[Diario Marca|Marca]]'', ''[[As (xornal)|As]]'', ''[[Mundo Deportivo]]'' e ''[[Diario Sport|Sport]]''.
47.568

edicións

Menú de navegación