Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 2: Liña 2:
|deporte=[[Rally]]
|deporte=[[Rally]]
|duración=[[31 de marzo]] de [[1990]] - [[2 de decembro]] de [[1990]]
|duración=[[31 de marzo]] de [[1990]] - [[2 de decembro]] de [[1990]]
|tempada_anterior_ano=[[Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally|1989]]
|tempada_anterior_ano=[[Tempada 1989 do Campionato de Galicia de Rally|1989]]
|tempada_seguinte_ano=[[Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally|1991]]
|tempada_seguinte_ano=[[Tempada 1991 do Campionato de Galicia de Rally|1991]]
|competición=Tempadas do Campionato de Galicia de Rally
|competición=Tempadas do Campionato de Galicia de Rally
|liga=[[Campionato de Galicia de Rally]]
|liga=[[Campionato de Galicia de Rally]]

Revisión como estaba o 10 de xuño de 2020 ás 11:46

Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally
Liga Campionato de Galicia de Rally
Deporte Rally
Duración 31 de marzo de 1990 - 2 de decembro de 1990
Posicións finais
Campión Galicia Germán Castrillón
Subcampión España Antonio Garrido
Tempadas do Campionato de Galicia de Rally
← 1989 1991 →

A tempada 1990 foi a 12ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o cabanés Germán Castrillón, sobre un Ford Sierra RS Cosworth. Foi o primeiro dos seis títulos que gañou.

Calendario

Data Rally Notas
1 31 de marzo 3º Rally de Vigo Resultados
2 21 de abril 7º Rally de Noia Resultados
3 19 de maio 24º Rally do Lacón Resultados
4 1 de xullo 5º Rally Botafumeiro Resultados
5 28 de xullo 26º Rally Rías Baixas Resultados
6 25-26 de agosto 8º Rally Cidade de Cristal Resultados
7 6-7 de outubro 12 Rally San Froilán Resultados
8 17 de novembro 18º Rally da Coruña Resultados
- 2 de decembro 14º Rally San Martiño Cancelado
9 1-2 de decembro 22º Rally de Ferrol Resultados

O Rally de Ferrol non puido ser celebrado en setembro como estaba previsto e dado que a Federación Galega de Automobilismo non permitía a celebración de dous rallys no mesmo mes, quedou sen data dispoñíbel. Con todo, posteriormente cancelouse o Rally San Martiño por non ser presentada a regulamentación a tempo, polo que o Rally de Ferrol puido ocupar o seu oco de decembro.[1]

Desenvolvemento

O campionato comezou coa vitoria de Jorge Pérez no Rally de Vigo, nunha proba na que abandonou o principal favorito,[2] o campión galego do ano anterior, Arturo Rial, e na que Manuel Senra participou cun Peugeot 309 GTI 16v sen homologar.[3] Germán Castrillón non disputou ese rally nin os tres seguintes por falta de patrocinadores. O vascofrancés Marc Etchebers logrou a vitoria en Noia[4] e no Botafumeiro,[5] mentres que o berciano Antonio Garrido fixo o propio no Lacón, colocándose ademais líder do campionato.[6]

No quinto rally da tempada, o Rally Rías Baixas, reapareceron Germán e Estrella Castrillón, a bordo dun Ford Sierra Cosworth que pertencera a Carlos Piñeiro. Con este vehículo conseguiron superar a "Culebra" e lograron a vitoria.[7] A partir de aí o seu dominio foi absoluto e venceron de xeito consecutivo as restantes catro probas: o Rally Cidade de Cristal,[8] o San Froilán,[9] o Rally da Coruña[10] e o Rally de Ferrol.[11] Deste xeito proclamáronse campións antes incluso do último rally.[12] Remataron o campionato con máis de 300 puntos de vantaxe sobre o segundo, Antonio Garrido, que logrou o subcampionato ao superar en Ferrol os puntos de "Peitos" que ía segundo ata ese momento. Con todo, Garrido consideraba que Castrillón non podía ser declarado campión debido a que non disputara os seis rallys que segundo a súa interpretación do regulamento eran precisos para a puntuación final, polo que puxo unha reclamación perante a Federación Galega de Automobilismo. Esta foi desestimada por defecto de forma, polo que presentou outra ante a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia,[13] pero tampouco esa saíu adiante.

Clasificación

Pos Piloto Copiloto Vehículo VIG NOI LAC BOT RBX CRI SFR COR FER Puntos
1 Galicia Germán Castrillón Galicia Estrella Castrillón Ford Sierra Cosworth 1 1 1 1 1 960
2 España Antonio Garrido Galicia López Carbajal Ford Sierra Cosworth 6 8 1 6 6 Ret 5 5 660
3 Galicia "Peitos" Galicia Javier Salgueiro Citroën AX Sport 4 5 6 4 Ret Ret 600
Francia Marc Etchebers Galicia Humberto González Ford Sierra Cosworth 1 1 3 Ret
Galicia Manuel Senra Galicia José Maceiras Peugeot 205 GTI 2 Ret Ret 4 11 2 2
Galicia Sergio Vallejo Galicia Diego Vallejo Peugeot 205 GTI 2 12 3
Galicia Jorge Pérez Galicia Luis Pérez Renault 5 GT Turbo 1 Ret 5 Ret
Galicia Juan Carlos Táboas Rodríguez Citroën AX Sport 3 Ret 5 Ret 10 8
Galicia Antonio Trelles Galicia Candú Costas Renault 5 GT Turbo 4 3 9 Ret
Galicia José M. López Parada Galicia José Valcárcel Renault 5 GT Turbo 2 8 Ret 7 4 4
Galicia Lino Otero Renault 5 GT Turbo 7 10 5 5 7
Galicia Juan Carlos González "Culebra" Galicia Gustavo Piñeiro BMW M3 2
Galicia Arturo Rial Galicia Mario Pazos Citroën AX Sport Ret Ret Ret Ret 3
Galicia Carlos Piñeiro Ford Sierra Cosworth 3 Ret
Galicia Manuel Solleiro Cinde Renault 11 Turbo 3

Notas

  1. Arévalo, Fernando (5 de novembro de 1990). "Senra Sport organizará el Rally de La Coruña, el próximo día 17". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43. 
  2. Arévalo, Fernando (31 de marzo de 1990). "Arturo Rial parte como favorito entre los 47 participantes". La Voz de Galicia (en castelán). p. 48. 
  3. "Jorge Pérez ganó el rally Recalvi y es el primer líder del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 1990. p. 66. 
  4. "Marc Etchebers ganó el Rally Ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 1990. p. 58. 
  5. Arévalo, Fernando (2 de xullo de 1990). "Clara victoria del equipo Etchebers-González en el Rally do Botafumeiro, disputado en Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44. 
  6. "Victoria de Garrido en el Rally do Lacón". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 1990. p. 42. 
  7. Arévalo, Fernando (30 de xullo de 1990). "Castrillón, el más rápido en los tramos nocturnos, venció en el Rías Baixas". La Voz de Galicia (en castelán). p. 25. 
  8. Arévalo, Fernando (27 de agosto de 1990). "Castrillón sentenció el rally Ciudad de Cristal en Soandres y estuvo a punto de perderlo en el ultimo paso por Carral-Xalo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  9. Arévalo, Fernando (8 de outubro de 1990). "Germán Cástrillón lidera el campeonato gallego tras dominar con comodidad el rally San Froilán". La Voz de Galicia (en castelán). p. 29. 
  10. Arévalo, Fernando (19 de novembro de 1990). "Castrillón aún no se ve campeón gallego de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). p. 44. 
  11. Arévalo, Fernando (3 de decembro de 1990). "Germán y Estrella Castrillón celebraron su título gallego ganando ante su público el Rally de Ferrol". La Voz de Galicia (en castelán). p. 42. 
  12. "Mañana se cierra la inscripción para el Rally de Ferrol, último del campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de novembro de 1990. p. 42. 
  13. "Secretaría Xeral de Deportes de la Xunta de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de febreiro de 1991. p. 40. 

Véxase tamén

Ligazóns externas