Lingua finesa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m robot Añadido: haw:‘Ōlelo Pinilana
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: tk:Gg
Liña 118: Liña 118:
[[tg:Забони финӣ]]
[[tg:Забони финӣ]]
[[th:ภาษาฟินแลนด์]]
[[th:ภาษาฟินแลนด์]]
[[tk:Gg]]
[[tr:Fince]]
[[tr:Fince]]
[[uk:Фінська мова]]
[[uk:Фінська мова]]

Revisión como estaba o 15 de novembro de 2007 ás 00:56

Finés (Suomi)
Falada en: Finlandia, minoría en Carelia e outras rexións
Rexión do planeta: Europa (principal)
Total de falantes: 6 millóns
Posición: -
Familia lingüística:   Linguas Urálicas

   Familia Fino-úgrica
    Finés

Status oficial
Lingua oficial de: Finlandia, Unión Europea
Regulada por: Instituto de Pescuda das Linguas Finlandesas
Codificacións
ISO 639-1 fi
ISO 639-2 fin
Véxase tamén: Linguas do mundoLingua

O finlandés ou finés é, xunto co húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.

Ortografía e fonoloxía: harmonización

Debido á súa retrasada normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son i, e, a, ä da zona central e o, ö, u, y pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado (COMPROBAR) (a, o, y) fronte a outro elemento redondeado (ä, ö, y). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo a, o, u, o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo -lainen / -läinen aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:

  • cando se aplica á palabra Suomi, 'Finlandia', resulta suomalainen, 'finlandés';
  • cando se aplica á palabra meri, mar, dá meriläinen, 'mariñeiro';

Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas románicas ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de b (só v) ou de f (agás empréstitos).