Dinky: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 5: Liña 5:


==Perfil das parellas==
==Perfil das parellas==
Segundo estudios sociolóxicos, as parellas ''dinkies'' caracterízanse por seren profesionais moi ambiciosos e por manteren uns hábitos de vida un tanto selectos. Por mor da súa condición, adican moito máis tempo a [[Viaxe|viaxar]] e invisten máis cartos en afeccións [[cultura]]is que o resto da poboación. Por outra banda, dado que nun elevado número de casos non se trata dunha unión oficial, a opción do [[aluguer]] é a preferida por este tipo de parellas á hora de compartir vivenda.<ref>{{Cita web |url=http://www.noticiasdealava.com/ediciones/2006/04/14/sociedad/alava/d14ala6.342327.php |título=Noticia sobre dinkies |data-acceso=14 de xuño de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090220165340/http://www.noticiasdealava.com/ediciones/2006/04/14/sociedad/alava/d14ala6.342327.php |dataarquivo=20 de febreiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
Segundo estudios sociolóxicos, as parellas ''dinkies'' caracterízanse por seren profesionais moi ambiciosos e por manteren uns hábitos de vida un tanto selectos. Por mor da súa condición, adican moito máis tempo a [[Viaxe|viaxar]] e invisten máis cartos en afeccións [[cultura]]is que o resto da poboación. Por outra banda, dado que nun elevado número de casos non se trata dunha unión oficial, a opción do [[alugueiro]] é a preferida por este tipo de parellas á hora de compartir vivenda.<ref>{{Cita web |url=http://www.noticiasdealava.com/ediciones/2006/04/14/sociedad/alava/d14ala6.342327.php |título=Noticia sobre dinkies |data-acceso=14 de xuño de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090220165340/http://www.noticiasdealava.com/ediciones/2006/04/14/sociedad/alava/d14ala6.342327.php |dataarquivo=20 de febreiro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>


Esta filosofía de vida, que se da tanto en parellas [[Homosexualidade|homosexuais]] coma [[Heterosexualidade|heterosexuais]], é en ocasións duramente criticada pola [[Igrexa católica]], por considerala unha visión [[Egoísmo|egoísta]], que propicia o [[consumismo]] e fai prevalecer o éxito profesional por diante dos valores familiares.<ref name="mujer.notiemail.com"/>
Esta filosofía de vida, que se da tanto en parellas [[Homosexualidade|homosexuais]] coma [[Heterosexualidade|heterosexuais]], é en ocasións duramente criticada pola [[Igrexa católica]], por considerala unha visión [[Egoísmo|egoísta]], que propicia o [[consumismo]] e fai prevalecer o éxito profesional por diante dos valores familiares.<ref name="mujer.notiemail.com"/>

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2020 ás 22:43

O termo DINKY ou dinki é un acrónimo acuñado no Reino Unido nos anos 80 polo sociólogo Millward Brown [1] que corresponde ás palabras inglesas "double income, no kids yet" (en galego "dobre salario, sen fillos aínda"). Utilízase para referirse ao grupo social constituído por parellas de entre 25 e 35 anos, con ingresos elevados e que delongan a súa paternidade de forma indefinida para poderen adicarse ás súas carreiras laborais.

Duración e causas

A etapa dinki pode considerarse nalgúns casos coma un período de transición antes de optar por ter un fillo, ou ben pode converterse nunha forma permanente de vida en parella. A aparición desde fenómeno está asociada con distintas causas, coma poden ser certas motivacións ideolóxicas (o ambientalismo, a preocupación pola superpoboación mundial) ou o cambio de roles que tivo lugar na sociedade nas últimas décadas.[2]

Perfil das parellas

Segundo estudios sociolóxicos, as parellas dinkies caracterízanse por seren profesionais moi ambiciosos e por manteren uns hábitos de vida un tanto selectos. Por mor da súa condición, adican moito máis tempo a viaxar e invisten máis cartos en afeccións culturais que o resto da poboación. Por outra banda, dado que nun elevado número de casos non se trata dunha unión oficial, a opción do alugueiro é a preferida por este tipo de parellas á hora de compartir vivenda.[3]

Esta filosofía de vida, que se da tanto en parellas homosexuais coma heterosexuais, é en ocasións duramente criticada pola Igrexa católica, por considerala unha visión egoísta, que propicia o consumismo e fai prevalecer o éxito profesional por diante dos valores familiares.[2]

Notas

  1. "Artigo sobre parellas dinki". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2009. 
  2. 2,0 2,1 "Información en blog sobre parellas dinki". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2009. 
  3. "Noticia sobre dinkies". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de xuño de 2009.