Guarda Nacional Republicana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 85: Liña 85:


4) '''Centros de ensino''':
4) '''Centros de ensino''':
* '''Escola da Guarda''' (EG): comandada por un xeneral, é responsábel da formación técnico-profesional dos militares da GNR. Inclúe os centros de formación de [[Figueira da Foz]] (CFFF) e de [[Portalegre]] (CFP). Substituíu á anterior ''Escola Práctica da Guarda''.<ref>{{cita web |url=http://dre.pt/pdf1sdip/2007/11/21300/0804308051.pdf |autor= |obra=[[Diário da República]] |formato=PDF |título=Lei n.º63/2007 (Lei orgânica da Guarda Nacional Republicana) }}</ref> Ainda que non faga parte da orgánica da GNR, é na Academia Militar onde os oficiais da GNR son formados.{{Cómpre referencia|data=agosto de 2015}}
* '''Escola da Guarda''' (EG): comandada por un xeneral, é responsábel da formación técnico-profesional dos militares da GNR. Inclúe os centros de formación de [[Figueira da Foz]] (CFFF) e de [[Portalegre]] (CFP). Substituíu á anterior ''Escola Práctica da Guarda''.<ref>{{cita web |url=http://dre.pt/pdf1sdip/2007/11/21300/0804308051.pdf |autor= |obra=[[Diário da República]] |formato=PDF |título=Lei n.º63/2007 (Lei orgânica da Guarda Nacional Republicana) }}</ref> Aínda que non faga parte da orgánica da GNR, é na Academia Militar onde os oficiais da GNR son formados.{{Cómpre referencia|data=agosto de 2015}}


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2020 ás 22:23

Escudo da GNR.O seu lema é "Pela Lei e Pela Grei" (Pola Lei e Polo Gris).

A Guarda Nacional Republicana é unha forza de seguridade de índole militar da República de Portugal, constituída por militares organizados nun corpo especial de tropas e dotada de autonomía administrativa, con xurisdición en todo o territorio nacional e nas augas territoriais. Pola súa natureza e polivalencia, a GNR atopa o seu posicionamento institucional no conxunto das forzas militares e das forzas e servizos de seguridade, sendo a única forza de seguridade con natureza e organización militares, caracterizándose como unha Forza Militar de Seguridade Pública. O corpo conta cuns 26.000 efectivos aproximadamente.

A GNR é un corpo que actúa en todo tipo de conflitos en calquera das modalidades de intervención, desde en tempos de paz e de normalidade institucional, aos de guerra, pasando polas situacións de crise, tanto a nivel interno como no exterior (como foron os casos de Timor e de Iraq). En situacións de normalidade, a GNR executa fundamentalmente as típicas misións policiais, máis alén da asignación de misións militares no ámbito da defensa nacional coa colaboración coas Forzas Armadas (é aquí onde reside a gran diferenza cos Policías).

Debido á súa natureza, en situacións de estado de urxencia ou de sitio, a organización e a formación dos seus militares por parte da GNR, preséntase como a forza máis indicada para actuar en situacións problemáticas e de transición entre a Policías e as Forzas Armadas.


Xa en caso de guerra, pola súa natureza militar e que chega a todo o territorio nacional portugués, pode, illadamente ou en complemento, desempeñar un abano moi amplo de misións das Forzas Armadas. De igual forma, pode cubrir todo o espectro de misións no ámbito das denominadas OOTW (operations other than war, operacións alén da Guerra), desde a fase de imposición á de mantemento, en complemento das Forzas Armadas, tendo especial relevancia ás fases post-conflito.

A GNR comparte as responsabilidades do sistema policial de Portugal continental coa Policía de Seguridade Pública (PSP), cabendo a esta última só a responsabilidade dos grandes centros urbanos (5% do territorio nacional) e á Guarda, a responsabilidade do 40% da cidades e o 98% das vilas e a práctica totalidade das aldeas do país. Nos Azores e en Madeira está asignado, tamén á PSP, a policía das áreas rurais, e á GNR a operar nas áreas fiscais, no control costeiro, na protección da natureza e ata a chamada de socorro na fracción habitada máis illada do territorio de Portugal, como a illa do Corvo, a GNR é a única forza policial permanentemente instalada na illa asumindo tódalas responsabilidades policiais.

Patrulla da GNR con cabalos lusitanos na Praia da Saúde, Costa da Caparica.

A GNR ten como asignacións exclusivas:

  • Garantir o cumprimento das disposicións legais referentes á protección e conservación da natureza e do ambiente, así como previr e investigar as actividades ilícitas; garantir o control, o ordenamento e a disciplina do tráfico en tódalas infraestruturas constitutivas dos eixos da Rede Nacional Fundamental e Complementaria.
  • Á vixilancia, patrullamento e a interceptación terrestre e marítima, en toda a costa e mar territorial do continente e das Rexións Autónomas.
  • Controlar e fiscalizar as embarcacións, os seus pasaxeiros e carga, así como, participar na fiscalización das actividades de captura, desembarco, cultivo e comercialización das especies mariñas.
  • Previr e investigar as infraccións tributarias, fiscais e aduaneira, así como supervisar e controlar a circulación de mercadorías suxeitas á acción tributaria, fiscal ou aduaneira.
  • Executar accións de prevención e de intervención de primeira liña, en todo o territorio nacional, en situación de emerxencia de protección e socorro, en particular nas súas aparicións de incendios forestais ou de materias perigosas, catástrofes e accidentes graves, entre outras.

A GNR ten ademais a responsabilidade das honras de estado e da seguridade de varios edificios dos órganos de soberanía, como o Palácio de Belém, residencia oficial do Presidente da República, o Palácio de São Bento, sede da Asemblea da República e residencia oficial do Primeiro Ministro e o Palácio das Necessidades, sede do Ministerio de Asuntos Exteriores.

A GNR foi creada en 1801, como Guarda Real da Policía, inspirándose na Gendarmerie francesa.

O seu aniversario é cada 3 de maio, sendo a súa patroa Nossa Senhora do Carmo (Nosa señora do Carme).

Organización

A Garda Nacional Republicana depende a efectos policiais e operativos en tempos de paz, do Ministério da Administração Interna (Ministerio de Interior) e para efectos militares do Ministério da Defesa Nacional (Ministerio de Defensa Nacional).

No seguimento da Lei nº 63/2007 (nova Lei Orgánica da GNR) a tradicional estrutura da GNR, incluía catro Brigadas Territoriais, a Brigada Fiscal, a Brigada de Tránsito, o Regimento de Cavalaria (membro-honorario da Orde do Infante D. Henrique a 5 de xaneiro de 2006) [1] e o Regimento de Infantaria. Estes foron substituídos por unha nova estrutura, considerablemente distinta, que foi aplicada a comezos de 2009. A GNR é comandada por un oficial-xeneral, co título de Comandante Xeral e inclúe:

1) Estrutura de comando:

  • Comando da Guarda.
  • Comando Operacional (CO).
  • Comando da Administração dos Recursos internos (CARI).
  • Comando da Doutrina e Formação (CDF).

2) Unidades territoriais:

Cada comando territorial, comandado por un coronel ou tenente coronel, inclúe destacamentos baixo o mando dun capitán ou dun oficial subalterno, subdestacamentos, comandados por oficiais subalternos, e postos territoriais, comandados por sarxentos. Cada comando territorial, normalmente, inclúe tamén un destacamento de tráfico e un destacamento de intervención.

Os comandos territoriais dos Azores e de Madeira desempeñan, esencialmente, só misións de control costeiro e de acción fiscal, respectivamente, baixo dependencia funcional da UCC e UAF. Os actuais comandos territoriais corresponden, esencialmente aos anteriores grupos territoriais das antigas Brigadas Territoriais. A extinción das brigadas territoriais, a finais do ano 2008, puxo os comandos territoriais en dependencia da estrutura central de mando da GNR;

3) Unidades especializadas:

Fotografía da Unidade de Segurança e Honras de Estado (USHE) nunha cerimonia o 5 de outubro de 2011.
  • Unidade de Controlo Costeiro (UCC): comandada por un xeneral, é responsable da vixilancia e a interceptación marítima e costeira, incluíndo a operación do Sistema Integrado de Vixilancia, Mando e Control (SIVICC), distribuído ó longo da costa marítima portuguesa. Esta unidade sucedeu ao anterior Servizo Marítimo da Brigada Fiscal.
  • Unidade de Ação Fiscal (UAF): comandada por un coronel, é responsable do funcionamento da misión tributaria, fiscal e aduaneira atribuída á GNR. Sucedeu á anterior Brigada Fiscal.
  • Unidade Nacional de Trânsito (UNT): comandada por un coronel, é responsable da uniformación de procedementos e formación no ámbito da fiscalización de tráfico. Excepcionalmente pode asumir directamente a realización de misións especiais de fiscalización de tráfico, que, normalmente serán desempeñadas polos destacamentos de tránsito dos comandos territoriais. Esta unidade substituíu a estrutura central da antiga Brigada de Tránsito, deixando de ter subunidades territoriais de tráfico, que pasaron á dependencia dos diversos comandos territoriais.
  • Unidade de Segurança e Honras de Estado (USHE): comandada por un xeneral, é responsábel de misións de representación e da seguridade das instalacións dos órganos de soberanía portuguesa. Inclúe o Esquadrão Presidencial, a Charanga a Cavalo, a Banda da Guarda, o Grupo Honras de Estado e o Grupo de Segurança. Esta unidade substituíu o antigo Regimento de Cavalaria e as subunidades de tropas do antigo Regimento de Infantaria.
  • Unidade de Intervenção (UI): comandada por un xeneral, é responsable en misións de mantemento e restablecemento da orde pública, xestión de incidentes críticos, intervencións tácticas, seguridade de instalacións sensíbeis, desactivación de explosivos, protección e socorro e proxección de forzas para misións internacionais. Inclúe ao Grupo de Intervenção de Ordem Pública (GIOP) e de Operações Especiais (GIOE), Grupo de Intervenção de Proteção e Socorro (GIPS), Grupo Operacional Cinotécnico, Centro de Inativação de Explosivos e Segurança em Subsolo (CIESS) e Centro de Treino e Aprontamento de Força para Missões Internacionais. Esta unidade foi organizada con varias subunidades do antigo Regimento de Infantaria.
Escudo da Escola da Guarda da Guarda Nacional Republicana.

4) Centros de ensino:

  • Escola da Guarda (EG): comandada por un xeneral, é responsábel da formación técnico-profesional dos militares da GNR. Inclúe os centros de formación de Figueira da Foz (CFFF) e de Portalegre (CFP). Substituíu á anterior Escola Práctica da Guarda.[2] Aínda que non faga parte da orgánica da GNR, é na Academia Militar onde os oficiais da GNR son formados.[Cómpre referencia]

Historia

A Guarda Nacional Republicana é descendente directa da Guarda Real da Polícia, nada ao principio do século XIX, pasando por varias denominacións até chegar a ser a actual.

Guarda Real da Polícia (GRP)

A Guarda Real da Polícia de Lisboa foi creada no ano 1801 polo Príncipe Rexente Xoán VI de Portugal, baixo a proposta do policía da Corte e do Reino, Pina Manique, seguindo o modelo da Gendarmerie francesa, que foi creada no ano 1791. Xa en 1793 o Intendente Pina Manique organizou, a título experimental, unha compañía militar policial, antecesora da GRP. Seguindo despois á GRP de Lisboa, creando a Guarda Real da Polícia do Porto e a Guarda Real da Polícia do Rio de Janeiro, esta última tendo a súa orixe das actuais Polícia Militar do Estado do Rio de Janeiro e Polícia Militar do Distrito Federal, no Brasil.

De acordo co regulamento, a Guarda debería estar «formada polos mellores soldados, escollidos en todo o Exército, non só entre os máis fortes, firmes, solteiros, e ata 30 anos de idade… máis tamén de boa educación e conduta», a razón de que a «Súa Maxestade quere que o Corpo da G.R.P., sexa unha Forza Nacional, que asegure a tranquilidade interna da Capital».

A Guarda foi realizando as funcións de policía na cidade de Lisboa e arredores. A finais de 1807, ca partida da familia real e da corte para o Brasil, debido á primeira invasión francesa, mantense en servizo, mais este non embarcou ao Brasil. As ordes que recibiu foi a de recibir o xeneral francés Junot, acompañando-o desde Sacavém ata Lisboa. As obrigas continuaron sendo as mesmas incluso durante a ocupación francesa da cidade, sendo incluso o comandante, un aristócrata francés emigrado, o cal colaborou activamente co exército invasor, sendo nomeado mesmo "Governador das Armas de Lisboa". Esta colaboración activa de Novion fixo que fose o único oficial francés emigrado, que entrase ao servizo de Portugal no Estado Maior do marqués de La Rosière, a abandonar Portugal co exército de Junot no setembro seguinte.

Algúns oficiais e soldados da Guarda foron acusados de colaboración e expulsados do corpo, mais sen máis consecuencias. Había outros que se incorporaron no exército portugués de Bernardim Freire de Andrade, e que estiveron presentes no combate da Roliça e na batalla do Vimeiro, na que participaron corenta e un soldados da Guarda, comandados polo capitán do primeiro escuadrón, Elizário de Carvalho, quen morreu ao final da batalla durante a carga da cabalaria británica e portuguesa.

Co fin da ocupación francesa, a Guarda retomou a súa actividade normal, nomeando o seu comandante, co posto de coronel, o maior do rexemento de cabalaria n.º 9, de Chaves, Filipe de Sousa Canavarro.

Guarda Municipal

Quartel do Carmo, Lisboa, sede do Comando-Xeral da Guarda Nacional Republicana (GNR) desde 1868.

No final de Maio de 1834, o Rei D. Pedro IV, asumindo a rexencia en nome da súa filla D. Maria II, e polo feito de Guarda Real da Polícia de Lisboa, despois do inicio do conflito que levou á Guerra Civil ao terse posto ao lado de D. Miguel[3], extínguese as GRP de Lisboa e Porto, creando a Guarda Municipal de Lisboa e a Guarda Municipal do Porto con características idénticas. En 1868, ámbalas Guardas foron postas baixo un Comando-Xeral unificado, instalado no cuartel do Carmo, no Largo do Carmo, no Chiado, en Lisboa, que aínda hoxe é o cuartel xeral da G.N.R.

A Guarda Municipal era considerada parte do Exército Português, mais dependía do Ministério do Reino para todos os asuntos en relación á Seguridade Pública.

Guarda Republicana

Despois do golpe de estado de 5 de Outubro de 1910 que substituíu a Monarquía Constitucional polo réxime republicano, o nome da Guarda Municipal de Lisboa e Porto foi cambiado polo de Guarda Republicana de Lisboa e Porto.

Guarda Nacional Republicana (GNR)

Por decreto de 3 de Maio de 1911, é nada a Guarda Nacional Republicana, substituíndo a Guarda Republicana, como unha forza de seguridade composta por militares, organizada nun corpo especial de tropas, dependendo en tempos de paz do ministerio responsable pola seguridade pública, (para efectos de recrutamento, administración e execución dos servizos correntes) e do ministerio responsable dos asuntos militares para efectos da doutrina militar, do armamento e do equipamento. En situación de guerra ou de crise grave, as forzas da GNR ficaron operacionalmente baixo comando militar.

En 1993, a GNR absorbeu a Guarda Fiscal, que se constituíra como unha forza independente en 1885, a cal se tornou en Brigada Fiscal da GNR.

En 2006, foi integrada na G.N.R a Polícia Florestal, que pasou a ser o Serviço de Proteção da Natureza e Ambiente (SEPNA), reforzando a Guarda Nacional Republicana no ámbito da fiscalización e sensibilización do medio ambiente e montes. Foi creado tamén o Grupo Intervenção Protecção e Socorro (GIPS).

En xaneiro de 2010 a G.N.R obtivo un importante éxito cando detivo a dous membros da organización terrorista vasca ETA nun control de estradas. A detención deu lugar ao descubrimento e á captura dun depósito provisto cunha gran cantidade de explosivos, no que ficou como a primeira base loxística de ETA en Portugal.[4]

Comandantes-Xerais

Guarda Real da Policía de Lisboa

  1. Coronel Jean-Victor (conde de Novion), de 10/12/1801 a 31/08/1808.
  2. Brigadeiro, Filipe de Sousa Canavarro, de 18/10/1808 a 03/07/1813.
  3. Coronel D. Joaquim da Câmara, de 04/07/1813 a 10/10/1815.
  4. Coronel José Pereira Lacerda, de 12/10/1815 a 02/02/1819.
  5. Coronel Joaquim José Maria de Sousa Tavares, de 02/02/1819 a 23/03/1821.
  6. Coronel Bento Maria Lobo Pessanha, de 24/03/1821 a 04/06/1823.
  7. Coronel Bernardo Doutel de Almeida (barón de Portela), de 07/06/1823 a 08/08/1826.
  8. Coronel Francisco José de Figueiredo Sarmento, de 09/08/1826 a 27/02/1828.
  9. Marechal de campo Joaquim José Maria de Sousa Tavares, de 01/03/1828 a 27/10/1833.
  10. Coronel Manuel Teixeira Gomes, de 04/11/1833 a 26/05/1834.

Guarda Municipal de Lisboa

  1. Brigadeiro Francisco de Paula de Oliveira, de 18/08/1834 a 18/06/1835.
  2. Coronel Luís de Moura Furtado, de 19/06/1835 a 15/08/1836.
  3. Tenente-coronel Francisco Xavier António Ferreira, de 16/08/1836 a 10/09/1836.
  4. Tenente-coronel Manuel Bernardo Vidal, de 11/09/1836 a 26/12/1836.
  5. Coronel António César de Vasconcelos Correia, de 27/12/1836 a 11/06/184.
  6. Tenente-coronel D. Carlos Mascarenhas, de 12/06/1841 a 28/05/1846.
  7. Tenente-coronel João Firmino de Lemos Corte Real, de 29/05/1846 a 24/07/1846.
  8. Coronel António Vieira da Fonseca, de 25/07/1846 a 05/10/1846.
  9. Coronel D. Carlos Mascarenhas, de 06/10/1846 a 16/05/1851.
  10. Brigadeiro Fernando da Fonseca Mesquita e Solla, de 17/05/1851 a 28/08/1856.
  11. Brigadeiro Christovam José Franco Bravo, de 29/08/1856 a 26/12/1861.
  12. Coronel José de Vasconcelos Correia, de 27/12/1861 a 23/12/1868.

Guarda Municipal

  1. Coronel José de Vasconcelos Correia, de 24/12/1868 a 22/09/1869.
  2. Coronel Henrique de Almeida Girão, de 23/09/1869 a 19/06/1870.
  3. Xeneral de brigada Joaquim Bento Pereira, de 20/06/1870 a 19/09/1875.
  4. Xeneral de brigada João Pedro Schwalbach, de 22/12/1875 a 09/05/1878.
  5. Xeneral de brigada Luís Augusto de Almeida Macedo, de 11/03/1878 a 05/05/1884.
  6. Xeneral de brigada José Joaquim Henriques Moreira, de 06/05/1884 a 11/01/1893.
  7. Coronel de brigada José Maria Smith Barruncho, de 12/01/1893 a 12/03/1893.
  8. Xeneral de brigada António Abranches de Queiroz, de 13/03/1893 a 01/03/1902.
  9. Coronel Filipe Malaquias de Lemos, de 03/03/1902 a 04/10/1910.

Guarda Republicana

  1. Xeneral de brigada Ernesto da Encarnação Ribeiro, de 12/10/1910 a 02/05/1911.

Guarda Nacional Republicana

  1. Xeneral de brigada Ernesto da Encarnação Ribeiro, de 03/05/1911 a 31/03/1915.
  2. Xeneral António de Carvalho, de 02/06/1915 a 29/02/1916.
  3. Xeneral António Barreto, de 01/03/1916 a 11/12/1917.
  4. Coronel José Oliveira Duque, de 12/12/1917 a 19/06/1918.
  5. Coronel António de Andrade, de 11/02/1919 a 16/04/1919.
  6. Xeneral Josué Mendonça e Matos, de 17/04/1919 a 12/01/1920.
  7. Xeneral João Pedroso de Lima, de 23/02/1920 a 08/03/1921.
  8. Xeneral António Correia Barreto, de 09/03/1921 a 10/05/1921.
  9. Coronel Victoriano José César, de 11/05/1921 a 24/05/1921.
  10. Xeneral Bernardo de Faria e Silva, de 25/05/1921 a 25/09/1921.
  11. Xeneral Abel Hipólito, de 26/09/1921 a 19/10/1921,
  12. Xeneral Ernesto Vieira da Rocha, de 20/10/1921 a 31/05/1926.
  13. Coronel Schiappa de Azevedo, de 14/06/1926 a 19/06/1926.
  14. Coronel Eduardo Lopes Valadas, de 20/06/1926 a 20/03/1927.
  15. Xeneral Augusto Farinha Beirão, de 23/03/1927 a 22/07/1939.
  16. Xeneral João Monteiro de Barros, de 06/09/1939 a 02/02/1943.
  17. Brigadeiro Carlos Maria Ramirez, de 19/02/1943 a 18/05/1945.
  18. Xeneral Affonso Talaya de Sousa Botelho, de 22/05/1945 a 09/08/1957.
  19. Xeneral Aníbal Ferreira Vaz, de 05/09/1957 a 18/05/1961.
  20. Xeneral Francisco Holbeche Fino, de 19/05/1961 a 06/12/1961.
  21. Xeneral Avelino Baptista Cardoso, de 07/12/1961 a 29/01/1965.
  22. Xeneral Raúl Pereira de Castro, de 30/01/1965 a 30/06/1970.
  23. Xeneral Adriano Augusto Pires, de 01/07/1970 a 25/04/1974.
  24. Xeneral Alberto Rosa Garoupa, de 26/04/1974 a 11/09/1974.
  25. Xeneral António Freire Damião, de 12/09/1974 a 05/12/1974.
  26. Xeneral Manuel Carlos Pereira Alves Passos de Esmeriz, de 27/10/1975 a 26/08/1982.
  27. Xeneral Alípio Tomé Pinto, de 27/08/1982 a 04/01/1988.
  28. Xeneral Francisco Alberto Cabral Couto, de 06/01/1988 a 13/04/1993.
  29. Xeneral Henrique Bernardino Godinho, de 15/04/1993 a 05/05/1998.
  30. Xeneral José Manuel da Silva Viegas, de 06/05/1998 a 19/03/2001.
  31. Tenente-xeneral Rui Antunes Tomás, de 30/03/2001 a 21/03/2003.
  32. Tenente-xeneral Carlos Manuel Mourato Nunes, de 24/04/2003 a 05/05/2008.
  33. Tenente-xeneral, Luís Nelson Ferreira dos Santos, de 06/05/2008 a 10/01/2011.
  34. Tenente-xeneral Luís Manuel dos Santos Newton Parreira, dende 11/01/2011 a 20/04/2014.
  35. Tenente-xeneral Manuel Mateus Costa da Silva Couto, dende 21/04/2014.

Equipamento

Glock 19 - 9x19mm Parabellum

Pistolas

  • Pistola FN Browning HP (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola Beretta PX4 (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola Glock 17 (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola Glock 19 (9x19 mm Parabellum), (pistola principal)
  • Pistola HK P9S (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola HK VP70M (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola HK USP Compact (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola HK P30 (9x19 mm Parabellum)
  • Pistola SIG GSR (.45ACP).
  • Pistola SIG P220 (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola SIG P226 (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola SIG SP2022 (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola Star B (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola Walther P99 (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola Walther P38 (9x19 mm Parabellum) (substituídas polas Glock 19).
  • Pistola Walther P5 (9x19 mm Parabellum) (substituídas polas Glock 19, usada pola ex. Brigada de Trânsito).
  • Pistola Walther PP (7.65x17 mm (.32ACP)) (substituídas polas Glock 19).

Escopetas

  • Escopeta Benelli M3 (12 calibre).
  • Escopeta Benelli M4 (12 calibre).
  • Escopeta Fabarm SDASS (12 calibre).
  • Escopeta Mossberg 590 (12 calibre).
  • Escopeta Winchester 1200 (12 calibre).

Pistolas-Metralladoras

  • Pistola-Metralladora S.A.F. FAMAE (9x19 mm Parabellum).
  • Pistola-metralladora HK MP5 (9x19 mm Parabellum).

Fusís

  • Fusil automático HK G36 (5.56x45 mm NATO).
  • Fusil automática G3 (7,62x51 mm).
  • Fusil de precisión HK MSG90 (7,62x51 mm).
  • Fusil de precisión AI AW50 (.50BMG).

Outros

  • Chaleco a proba de balas.
  • Gases lacrimóxenos.
  • Esposas metálicas.
  • Esposas de plástico dentadas.

Condecoracións

Vehículos

Coches de patrulla

Motos

Vehículos deportivos

Vans, camións e autobuses

Vehículos blindados e canóns de auga

Bicicletas

Barcos

  • Vixilancia Ribamar-class e interceptación de barcos.
  • Zodíaco-class nas augas interiores con barcos de control.

Banda Sinfónica da Guarda Nacional Republicana

A Banda Sinfónica da Guarda Nacional Republicana[5] é unha banda sinfónica portuguesa ligada á Guarda Nacional Republicana establecida en Lisboa.[6].

O 5 de xaneiro de 2006 foi asignada como Membro-Honorario da Ordem do Infante D. Henrique.[1]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas