Pierre Fournier: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 28: Liña 28:
Fournier deu clases na [[École Normale de Musique]] en París e no Conservatorio de París dende [[1937]] a [[1949]]. Fixo a súa primeira xira nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1948]] e tocou, con grande aclamación, en [[Nova York]] e [[Boston]].
Fournier deu clases na [[École Normale de Musique]] en París e no Conservatorio de París dende [[1937]] a [[1949]]. Fixo a súa primeira xira nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[1948]] e tocou, con grande aclamación, en [[Nova York]] e [[Boston]].


A partir de [[1956]] residiu en [[Suíza]], ainda que sempre mantivo a súa cidadanía francesa. En [[1963]], nomeárono membro da [[Légion d'honneur|Lexión de Honor]].
A partir de [[1956]] residiu en [[Suíza]], aínda que sempre mantivo a súa cidadanía francesa. En [[1963]], nomeárono membro da [[Légion d'honneur|Lexión de Honor]].


Continuou tocando ata os 79 anos. Tamén seguiu dando clases particulares na súa casa en Xenebra: o cellista británico [[Julian Lloyd Webber]] está entre os seus discípulos.
Continuou tocando ata os 79 anos. Tamén seguiu dando clases particulares na súa casa en Xenebra: o cellista británico [[Julian Lloyd Webber]] está entre os seus discípulos.

Revisión como estaba o 6 de xuño de 2020 ás 21:56

PIERRE FOURNIER
Busto de Pierre Fournier en Xenebra
Nome completoPierre Fournier
Data nacemento24 de xuño de 1906
Nado enParís, Francia Francia
Falecemento8 de xaneiro de 1986 en Xenebra, Suíza Suíza
 Xenebra
IrmánsJean Fournier
OcupaciónViolonchelista
Instrumento(s)Violoncello
Na rede
Musicbrainz: 8ce5c26a-9b10-4a8b-a41b-f12e58d1066e Discogs: 834051 Allmusic: mn0000168532 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pierre Fournier, nado en París o 24 de xuño de 1906 e finado en Xenebra o 8 de xaneiro de 1986, foi un cellista francés, coñecido coma o "aristócrata dos cellistas" pola súa elegante musicalidade e o seu son.

Traxectoria

Fillo dun xeneral da armada francesa. A súa nai aprendeulle a tocar o piano, mais tivo un polio sendo un neno e perdeu parte da destreza dos pés e pernas. Tendo dificultades cos pedais do piano, cambiouse ao cello.

Graduouse no Conservatorio de París, onde estudou cos mestres Paul Bazelaire e André Hekking aos 17 anos, en 1923. Foi proclamado como "o cellista do futuro" e gañou loubanzas polo seu virtuosismo e pola súa técnica do arco.

Acadou fama cando tocou coa Orquestra de Edouard Colonne en 1925, e andou de xira por toda Europa. Tocou con moitos dos máis prestixiosos e aclamados músicos do seu tempo, e gravou completas as pezas de música de cámara de Brahms e Schubert para a BBC en acetatos. Mais, as mesmas se deterioraron antes de que puideran ser transferidas a un medio máis duradeiro.

Fournier deu clases na École Normale de Musique en París e no Conservatorio de París dende 1937 a 1949. Fixo a súa primeira xira nos Estados Unidos en 1948 e tocou, con grande aclamación, en Nova York e Boston.

A partir de 1956 residiu en Suíza, aínda que sempre mantivo a súa cidadanía francesa. En 1963, nomeárono membro da Lexión de Honor.

Continuou tocando ata os 79 anos. Tamén seguiu dando clases particulares na súa casa en Xenebra: o cellista británico Julian Lloyd Webber está entre os seus discípulos.

O seu fillo Jean-Pierre chegou a ser pianista baixo o nome de Jean Fonda.

Premios e recoñecementos

Premio Grammy á Mellor Interpretación de Música de Cámara: